ESPECTÁCULO "VIVA LA ZARZUELA"
Auditorio do Parque da Igrexa
Sábado 6 de xullo
Mezzosoprano: Mª Jose Ladra
Pianista: Zita Tanasescu
Dirección: Luisa Armesto
PROGRAMA DO ESPECTÁCULO
CRÓNICA DA XORNADA
O sábado 6 de xullo foi un espléndido día de verán que muita xente aproveitou para achegarse às praias dos viciños concellos de Oleiros e Sada. Ainda o calor non remitira cando un público relaxado pola xornada praieira foi ocupando as grades do auditorio. Após os preceptivos ensaios comezamos pontualmente a representación da nosa antoloxía de zarzuela.
Ao estar ausente o narrador, cada peza foi apresentada por un coralista. Todos os quince temas foron desfrutados e agradecidos polo público animoso que enchía o auditorio. Mas poderíamos salientar o "Coro de doctores" de El rey que rabió e "Las ratas" de La Gran Vía, como os temas que mais levantaram o entusiasmo do espectadores. De todos os pontos se vían os flashes das cámaras que intentaban captar un momento do corido espectáculo.
Cantando "Viva Madrid que sí, que sí, que sí"
coro xeral de Don Manolito. Fonte: Facebook Concello de Cambre
Ao final, despois de dúas horas de representación. parte do público, entre o cal o alcalde, incitado pola directora, sobiu ao cenario para bailar, co acompañamento coral de todos os presentes, o bis do passacaglia "Los nardos", de Las Leandras.
Interpretando "Dónde estarán nuestros mozos"
un dos coros xerais de La del Soto del Parral.
O público despedíunos con aplausos e parabéns até que nos retiramos para os camarins, onde unha compañeira sofreu un lixeira percalzo, ao cair por tropezar nun meio-fio mal iluminado. Despois de atendela nos retiramos aos nosos lares para desfrutar do merecido descanso.
Sem comentários:
Enviar um comentário