XANTAR DE CONFRATERNIDADE
Campo da Festa, Pravio
Sábado 10 de agosto
Campo da festa de Pravio
Fonte: Asociación de Viciños
Case un ano despois da última xuntanza estival nas ribeiras do Mero en Cela, voltamos a nos xuntar nun xantar de confraternización baixo o pabillón do campo das festas de Pravio. Os compromisos familiares propios destas datas de ferias, fixo que a participación fose menor à habitual. Ao final, xuntámonos para a churrascada unha cincuentena de persoas, entre membros da coral e familiares e amigos. O incidente da directora após a convocatoria do Xantar pareceu premonitorio do accidentado da celebración, pois até tres compañeiras e un compañeiro sofriron caídas que, afortunadamente, non foron de gravidade. Ainda que as idades das compañeiras suscitaron entre todos a lóxica preocupación. Unha vez recuperada a calma continuamos coa tertulia e as brincadeiras. Avanzada a tarde, alguns nos retiramos en canto outros ficaron até a ceia.
Sem comentários:
Enviar um comentário