XV FESTIVAL DE `POLIFONÍA E HABANERAS
Auditorio do Parque da Igrexa, Cambre
Venres 16 de agosto
CORAIS PARTICIPANTES
Coro Parroquial de Sigrás
Coral Aires Novos de Pravio
Coral de Cecebre
Coral Cántigas da Terra (convidada especial)
A lesión da nosa directora impediunos participar na XV edición do Festival de Habaneras que decorre no marco das festas patronais de Cambre (programa en PDF). Este ano contamos coa participación da Coral Cántigas da Terra (Crunha), unha das agrupacións musicais con mais tradición da Galiza. Representantes da nosa coral (Presidente, secretario e directora) participaron na entrega de agasallos que fechou o evento.
As fotografías que seguen foron tiradas da página do concello, aquí.
Vista do público ao comezo e xa avanzado o Festival
Dous momentos da actuación da Coral Cántigas da Terra
Entrega de obsequios. De esquerda para direita, representantes
do Coro de Sigrás (2), Coral de Pravio (2), Coral de Cecebre (1), Alcalde,
Cántigas da Terra (2), Coral de Cambre (3), Concelleiro de Cultura (penúltimo)
Sem comentários:
Enviar um comentário