Após actuarmos en múltiplos lugares e ambientes, acudimos moi curiosos e expectante á nosa primeira entrega de premios nunha institución tan prestigiada como é a Academia de Belas Artes "Virxe do Rosario". Máxime tendo à nosa directora, Luisa Armesto, premiada en 2012, como un dos tres protagonistas, xunto a dous membros da CP de Bergantiños, María Dolores Rodríguez Fraga e José Fraga Suárez. O acto, moito concorrido transcorreu nun ambiente de recollida atención. Na súa breve alocución após a entrega do premio, a nosa directora lembrou a sua traxectoria musical desde a vocación infantil e a sua participación na coral El Eco até a fundación da Coral Santa María de Cambre en 1998. Clausuramos o acto as dúas corais convidadas, como informamos na crónica do evento. Tanto á entrada como á saída aproveitamos para admirar as pinturas e a arquitectura neoclásica do belo edificio do século XVIII.
Aguardando o momento de entrarmos na sede da Academia de Belas Artes.
Na foto de acima à esquerda as duas corais convidadas mantendo unha púdica distancia.
Ocupando o Salón de Actos. À esquerda, as directoras das corais convidadas:
Gloria de los Ángeles Pardines Rojo e Luisa Armesto Ramón.
Gloria de los Ángeles Pardines Rojo e Luisa Armesto Ramón.
Leitura dos trámites e acordos para a concesión do premio. Os tres protagonistas (José Fraga Suárez,
María Dolores Rodríguez Fraga e Luisa Armesto Ramón) atentos ao discurso de José López Calo,
Académico Numerario da Sección de Música. Dous momentos da entrega do premio a nosa directora.
Os galardons: medalla e diploma
Momentos da alocución de Luisa Armesto. Os tres galardoados:
José Fraga, Luisa Armesto e María Dolores Rodríguez Fraga
Dous momentos da participación da nosa Coral interpretando "Bolboreta"
Saindo do acto. Luisa Armesto na galeria do primeiro andar do patio interior.
A autora do blogue, Rosalía López, saindo pola porta principal.
Sem comentários:
Enviar um comentário