Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

sexta-feira, 16 de janeiro de 2015

Mañá sábado representamos o espectáculo de zarzuela no Ágora da Cruña


Este sábado 17 de xaneiro participamos co espectáculo "Viva la Zarzuela" nunha gala organizada pola Asociación Pro Enfermos Mentales (APEM), na que apresentará ao público a actividade da sección coruñesa de dita entidade. O evento decorrerá a partir das 20:00 no Centro Ágora da Cruña, onde actuamos o pasado 21 de xuño nun concerto en beneficio da asociación Tierra de Hombres. A entrada é gratuíta previa invitación. As entradas poden recollerse no Centro "Los Chopos" da asociación APEM cun prezo colaborativo de 3 euros. 


PROGRAMA

           1. Marina, "Dichoso aquel que tiene...". Solista e coro de homes.
           2. La rosa del azafrán, "Esta mañana mu tempranico...". Solista e coro xeral.
           3. Katisuska: "Marcha de los soldados de Kazán". Coro de homes.
           4. La del Soto del Parral, "Dónde estarán nuestros mozos". Coro xeral.
           5. Don Gil de Alcalá, "Todas las mañanitas". Solista e coro xeral.
           6. Don Manolito, "Viva Madrid que sí, que sí...". Coro xeral.
           7. Luisa Fernanda, "Mazurca de las sombrillas". Solista e coro xeral.
           8. El rey que rabió, "Coro de los doctores". Coro de homes.
           9. Las Leandras, "Coro de los nardos". Solista e coro xeral.
          10. La Verbena de la Paloma, "Por ser la Virgen de la Paloma". Coro xeral.
          11. Las hijas del Zebedeo, "Al pensar en el dueño de mis amores". Solista.
          12. El último romántico, "Mazurca". Coro xeral.
          13. La Gran Vía, "Tango de la Menegilda". Solista.
          14. La Gran Vía, "La jota de los ratas". Tenores e baixos solistas.
          15. La Gran Vía, "El Chotis del Elisedo". Solista e coro xeral.

ELENCO
 
Mezzosoprano solista: María José Ladra.
Tenores solistas:
L. Alberto Torreiro, José Mª Carregal, Juan Mª García e Alfredo A. Álvarez.
Baixos solistas: Carlos E. Santiso e Manuel Deus.
Narrador: Manuel Doval.
Pianista: Zsita Tanasescu.
Dirección e realización: Luisa Armesto Ramón.
Produción: Coral Polifónica Santa María de Cambre.

 Momento da representación no Auditorio do Parque da Igrexa (Cambre)
o pasado 9 de agosto - Fonte: TVG

Mais información sobre o Ágora na postaxe que anunciaba a actuación de 21 de xuño
Mais información sobre as entradas: Apem Coruña - Voluntariado Galego - Coruña.es
Información en La Opinión de A Coruña - TVG

segunda-feira, 5 de janeiro de 2015

O noso repertorio: "O Meniño adorar".


Título: O Meniño adorar
Letra: Tradicional?
Música: Tradicional?
Ano: [...]
Arranxo: [...]
Xénero: Panxoliña
País: Galiza?


COMENTARIO

Esta peza é un pequeno misterio para nós, pois non localizamos ningunha información sobre a súa orixe ou autoría. Nós interpretámola en público pola primeira vez este ano no Concerto de Panxoliñas de Cambre en 29 de decembro. Na letra que se xunta corriximos algún que outro enxebrismo.

LETRA


O Meniño adorar

O Meniño adorar.
É a historia dun Neno que todos van adorar
a unha pequena vila onde esta noite nacerá,
o Rei de todo-los Reis que o mundo quere adorar,
o Rei de todo-los Reis que o mundo encherá de paz.

O Meniño no berce, ............................
as estrelas no ceo tamén o queren adorar.

Vinde todos que o Meniño naceu xa,
traede os regaliños para o Meniño adorar,
traede os regaliños para o Meniño adorar, adorar.

Na saia de María, .................................
brinca noso cativiño ata que chega o amencer.

É a historia dun Neno que todos van adorar,
a unha pequena vila onde esta noite nacerá,
o Rei de todo-los Reis que o mundo quere adorar,
o Rei de todo-los Reis que o mundo encherá de paz. De paz.


DISCOGRAFIA - NATAL GALEGO


Cantigas de Nadal é un cd recompilatorio editado por BOA Music en 1998. Nel hai once panxoliñas, cantigas populares propias do nadal, interpretadas por diversos músicos e grupos galegos [Wikipedia]

VÍDEO - NATAL GALEGO


Berrogüetto interpretando "Nadal de Luintra" (Cantigas de Nadal, 1998).

LIGAZÓNS - NATAL GALEGO

Imaxe: Nacemento de Xesús, entre a mula e o boi, nun relevo da igrexa de Santa María de Bemil (Caldas) [Wikipedia]
O Nadal na cultura popular galega [Wikipedia]
O Nadal en Galicia [Galicia espallada]
Cantigas de Nadal [Wikipedia] - Letra [ISSUU

Cantigas de Nadal: Panxoliñas e cantigas de aguinaldo [Made in Galicia - Blogue]


sexta-feira, 2 de janeiro de 2015

"Un home, san Antonio!" de Joaquín Rodrigo


O prolífico músico valenciano Joaquín Rodrigo Vitre (1901-1999), que puxo música a innúmeros poemas de autor e populares de diversas linguas e rexións de España (Cataluña, Valencia, Canarias, Castela, etc.), musicou por dúas veces, nos dous casos por encarga, textos en galego. Ou habería que dicir textos rosalianos.

A primeira foi en 1951, froito dunha encarga da Deputación Provincial de Ourense para un "Álbum de Canciones" dedicadas ao crítico orensán Antonio Fernández-Cid (1916-1995) por diversos compositores españois.

O texto é o poema num. XIII de Cantares gallegos (1863): "¡Un home, San Antonio!". Nel Rosalía de Castro glosa o retrouso "San Antonio bendito,/ dádeme un home / anque me mate, / anque m'esfole" en oito estrofes de sete versos, das cais Rodrigo musicou as tres primeiras.

Cada parte tiene la misma estructura y añade, casi como en el poema, una coda final con reexposición de los dos primeros versos de la introducción. El "cantar " es iniciado por la voz, y ya se advierte en la entonación y el acompañamiento, que estamos ante una canción llena de humor e ironía, en la cual lo gallego queda como fondo, pero sin recurrir a la cita concreta. Pensemos en pasajes como "aunq'os pes teña coxos". [Folleto da Fundación Juan March, cf. Ligazóns]

Discurso de ingreso na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid, 17/11/51

TEXTO


Un home, San Antonio

San Antonio bendito,
dádeme un home,
anque me mate,
anque m'esfole.
Meu Santo San Antonio,
daime un homiño,
anqu'ó tamaño teña
d'un grande millo.
Daimo, meu Santo,
anqu'os pés teña coxos,
mancos os brazos.
Unha muller sin home...
¡Santo bendito!
E corpiño sin alma,
festa sin trigo.
Pau viradoiro,
qu'onda queira que vaya,
troncho que troncho.
Mais en tend'un homiño,
¡Virxe do Carme!
Non hay mundo que chegue
para un folgarse.
¡Que zamb'ou trenco,
sempr'é bó ter un home
para un remedio!


AUDIO - DISCOGRAFÍA


Non localizamos ningunha interpretación do tema dispoñíbel na rede. Na páxina da editorial Joaquín Rodrigo pódese ouvir o incipit da interpretación da soprano Ana María Martínez e o pianista Albert Guinovart. A peza inclúese nas diversas edicións recompilatorias da obra musical e vocal do maestro Rodrigo. 

LIGAZÓNS

La música de ´Cantares gallegos´ [Faro de Vigo 02/03/13]
Ciclo Integral de Canciones de Joaquín Rodrigo [Fundación Juan March - PDF(inclúe letras)]
Brilliant Classics: Joaquín Rodrigo... [Brilliant Classics - PDF]
Recmusic (letra)

quinta-feira, 1 de janeiro de 2015

Alalá de Taboadela


San Miguel de Taboadela é unha parroquia do concello ourensá de Taboadela, donde provén o alalá homónimo interpretado en dúas ocasións pola Coral De Ruada de Ourense. Na primeira gravación, Canciones de Galicia - Coral De Ruada de Orense - Vol. 2 (1974-5), o director da coral era Manuel de Dios. Xa a gravación en Edicións Do Cumio, titulada Cando o Miño chega a Ourense, é dirixida por María González Álvarez.

A gravación antiga componse de catro estrofes e ten 4:23 minutos de cumprimento,  en canto a versión máis moderna se reduz a dúas estrofes e 3:19 m. de duración.

 Torré de Torán (Santa María de Torán, Taboadela) - Chousa en Taboadela - Fonte: clubrural

LETRA


Non pudemos identificar aínda a cuarte estrofe da versión de 1974. Na primeira estrofe de ambas as versión ha unha significativa mudanza (de "forros" a "caras"). A palabra "xardíns" é o que ouvimos na cuarta liña desa estrofe. Por outra parte, non encontramos calquera referencia ao oficio de albardeiro (ver Xaime Estévez Vila, "O coñecemento do medio a partir do folclore musical. Un caso concreto: os oficios no folclore musical galego", en Revista Galega do Ensino, PDF).

Se os biquiños espigarran
como a flor do salgueiro
os forros das rapaciña
parecerían xardíns.
  
Se queres falar comigo,
Olvida amoríos vellos
Que mal se mira unha cara
A un tempo en moitos espellos.

Casadiña de tres días
Non se cansa de chorar
Pola vida de solteira 
Que non ha de recobrar.

[...]

Se os biquiños espigarran
como a flor do salgueiro
as caras das rapaciñas    
parecerían xardíns. 
 
Moza bonita no mundo 
Non debera de nacer
Porque fai como a mazá 
Todos a queren comer.

DISCOGRAFÍA



Coral de Ruada, Canciones de Galicia, vol. 2 (LP), 1974 · Fonte: Coral de Ruada  
Coral de Ruada, Cando o Miño chega a Ourense (CD), 1995 · Fonte: Coral de Ruada /
Sempre en Galiza / Gaiteiros Galegos 

AUDIO


Coral de Ruada, "Alalá de Taboadela"
(1974) · Audio en Grooveshark
(1995) · Audio en Grooveshark
[Nesta gravación o alalá de Taboadela é seguido polo alalá de Ourense] 

LIGAZÓNS


Fotografías de Taboadela en Panoramio
Cando o Miño chega a Ourense (Rede de Bibliotecas de Galicia: 1 - 2)