Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

sexta-feira, 23 de maio de 2014

Entrevista a Juan María García Blanco, novo presidente da Coral


Juan María García Blanco, 'Garai', membro veterano da Coral, da que é animoso presidente desde xaneiro, ten unha longa e variegada experiencia musical e deportiva, chegando a cantar coa Coral de Betanzos na catedral de Notre-Dame de París. 


*******

Onde decorreu a túa infancia?

En Betanzos

A que te dedicaches na túa vida laboral?

Traballei na construción.

XIV Aniversario da Coral, Cecebre outubro 2012 - XII Aniversario, Cecebre outubro 2010

Desde cando moras en Cambre?

Desde o ano 1994, há xusto vinte anos.

En que actividades sociais participas alén do Coro?

En diversas ocupacións deportivas, agora mais ben labores organizativas e directivas, como o equipo de fútbol de Betanzos (antigo Brigantium), campeonatos de chave, comisións de festas, etc.

Interpretando a "Mazurca" de El último romántico con Olga, Ramón e Marién, Cecebre, outubro 2012.
Facendo de can no "Coro de doctores" de El rey que rabió, Sada, outubro 2012



ORIXE DOS APELIDOS
Cartografía dos Apelidos de Galicia - Instituto da Lingua Galega - USC

Distribución de "García"               Distribución de "Blanco"

"García", considerado por muitos de orixe basca (*Hartze-a. "o urso"), é, segundo Higino Martins Estevez (As tribos calaicas, 2008), un "celtismo cedo romanizado, frequente em Navarra por aí o céltico ter sido uma velha língua franca. Vem de garça, ave de grande valor simbólico ainda na Idade Média; de bom agoiro e inimiga da serpente, cf. os bestiários medievais, que a exalçam. Coromines provou garça vir de *KARKIIĀ, com a passagem latina de K’- para G-. Garcia vem de *KARKÍDIĀ “garçalidade”." Mais información en Apelidos de Galicia.

"Blanco", palabra xermánica que substitúe o latino "albo", é um apelido galego cuxa forma mais genuina sería "Branco". Abunda na Ribeira Sacra (Xunqueira de Espadañedo, Esgos) e na Serra de Queixa (província de Ourense), tendo un segundo foco no ocidental coruñés (Val do Dubra, Zas). Na Galiza bracarense documéntanse as ocorrencias mais antigas (s.XIV). Probabelmente teña a sua orixe nun alcume (motivado pola cor pálida da persoa ou pola cor do cabelo) [Apelidos de Galicia]. O plural "Blancos" tem seguramente base toponímica. Unha parroquia e diversos lugares da Galiza denomínanse "Os Blancos".  


 Xunto Olga e Marién, interpretando "Viva Madrid que sí, que sí, que sí...", Cecebre agosto 2012

Que te motivou para entrares na Coral?

Sempre gostei muito de cantar.

Que pensa a túa familia da túa implicación no Coro?

Xa sabem que eu gosto de participar en muitas actividades. Miña dona asiste a todas as representacións e mesmo nos acompaña nas viaxes. Alén das festas de confraternización.


Coa sua dona no xantar de Entroido, febreiro 2014 - De xantar en Cela cuns amigos, setembro 2012

Tiñas algún tipo de experiencia musical cando entraches na Coral?

Sí, estive muitos anos na Coral de Betanzos.

Que é do que mais gostas das actividades que desenvolvedes?

Todo. Mas, alén de cantar, as viaxes e coñecer xente.


Como afrontas a nova etapa como presidente?

Con muita ilusión.

Cres que as actividades da Coral receben suficiente recoñecimento e apoio institucionais?

Podían recibir mais...


Interpretando "los ratas" no Fórum Metropolitano da Cruña (xuño 2012),
con viseira clara entre Alberte e José Maria

*******


VIDEO "NEGRA SOMBRA" - Orfeón Donostiarra


quarta-feira, 21 de maio de 2014

'Non chores, Sabeliña', a última zarzuela galega


Título: ¡Non chores, Sabeliña!
Libretista: Xosé Trapero Pardo
Música: Gustavo Freire
Ano: 1942/3
Lugar: A Cruña
Representación de "Non chores Sabeliña"
en Friol (1952). Fonte: Solovoces.com


COMENTARIO

Esta obra non foi só a última da primeira xeira da zarzuela galega, que comezara en 1886 con "Non máis emigración!", senón que o seu texto foi o primeiro libro publicado en galego na Galiza após o estouro da Guerra Civil en 1936. O libretista foi Xosé Trapero Pardo, director, na altura, do xornal EL Progreso de Lugo. O autor da música foi Gustavo Freire Penelas, compositor con afinidades galeguistas que puido inspirarse nunha plegaria de Vicente García Julbe, Mestre de Capela na Catedral de Lugo.  "Segundo di o propio libreto, a obra foi concibida como unha obra para afeccionados, polo que as dificultades técnicas non son grandes. O papel principal na obra recae no coro" [Wikipedia]. A obra foi estreada polos coros lucenses Frores e Silveiras e Cántigas e Aturuxos en 11 de febreiro de 1943. O Orfeón Unión Ourensana representa a obra no Teatro "Rosalía de Castro" da Cruña en 1943, onde puido participar o viciño de Vila Boa Manuel Valentín Fernández Láuzara, “Martinete”. Conclúe Daniel Salgado o seu artigo sobre "Las zarzuelas del galleguismo":

Fue precisamente ese el año [1936] que marcó el inicio del fin de la zarzuela gallega. La desactivación política de aquella escena musical llegó no por la prohibición idiomática, sino por la vía de la enxebrización. “En 1942 estrenaron ¡Non chores Sabeliña!, pero la trama ya era de irrisión, burlesca”, aclara Jurado, “a pesar de que la música la había compuesto un represaliado, Gustavo Freire”. El elevado coste de producción del género, en plena y agónica posguerra, acabó por finiquitarlo.


BIBLIOGRAFÍA E LIGAZÓNS

- Daniel Salgado: "Las zarzuelas del galleguismo" [ELPAÍS, 12/03/12]
- Xulio Pardo de Neyra, "¡Non chores, Sabeliña!, a primeira zarzuela da cultura galega. Achegamento filolóxico á primeira obra galega da literatura de Posguerra", en Gustavo Freire na Galiza da Época Nós: Literatura e nación na articulación da música galega contemporánea (2008)
- Carlos Pereira Martínez, "Homenaxe a 'Martinete'" [El Entorno Metropolitano, nº 20, setembro de 2000], en Miradoiro da ría. Artigos en El Metropolitano e El Entorno Metropolitano 1999-2001, A Coruña 2001, Nº 10pp. 30-2. [PDF]
"Vicente García Julbe" [Grupo Vocal Sólo Voces]

segunda-feira, 19 de maio de 2014

Actuación no Concerto das Letras Galegas en Bueu


CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS

Igrexa parroquial de San Martiño, Bueu
Sábado 17 de maio

Corais participantes

Coro San Xulián (Marín)
Coral Polifónica Atlántida de Matamá (Vigo)                                  Interior de San Martiño de Bueu
Coral Polifónica Santa María de Cambre                                                Fonte: Concello de Bueu
Coral Tierras Altas de Sanabria y Carballeda (Zamora)
Coral Polifónica "Marusía" (Bueu).

CRÓNICA

Por continuar convaleciente dunha operación non puiden asistir ao Concerto das Letras Galegas que decorreu na igrexa parroquial de San Martiño de Bueu, onde compartimos cenario con corais das Rias Baixas e das comarcas zamoranas da Seabra e de Carballeda, a primeira muito vinculada histórica e culturalmente à Galiza, e a segunda cun topónimo de orixe galega. O local agradou pola acústica e a amplitude. O convivio prolongouse até case a unha da madrugada. De momento non teño mais información sobre o Concerto e a xornada, que, segundo a breve crónica no Facebook, foi un éxito de público e de calidade musical e humana, polo que dou por fechada esta postaxe.

PROGRAMA DO CONCERTO



POSTAXE NO FACEBOOK DA CORAL


FOTOGRAFÍAS



AGASALLO DOS ORGANIZADORES

Pomba de Sargadelos
co poema de Rosalía de Castro


"Adiós ríos, adiós fontes"


quinta-feira, 15 de maio de 2014

Próxima actuación no Concerto das Letras Galegas en Bueu




Este sábado 17 de Maio participaremos no Concerto das Letras Galegas 2014 que se celebrará na Igrexa parroquial de San Martiño de Bueu a partir das 21:00 h. As outras corais participantes son o Coro San Xulián (Marín), a Coral Polifónica Atlántida de Matamá (Vigo), a Coral Tierras Altas de Sanabria y Carballeda (Zamora) e os anfitrións da Coral Polifónica "Marusía" (Bueu).


CARTAZ DO CONCERTO




DÍA DAS LETRAS GALEGAS · 2014



Xosé María Díaz Castro
Vilariño (Os Vilares, Guitiriz), 1914 - Lugo, 1990


Penélope

Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro ti envolveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves a escoitar a chuva.

                 Traguerán os camiños algún día                   
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco o Outono.
¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza!"


                                                                                                               Nimbos, Vigo, 1961



VÍDEOS

        
   Mini e Mero cantan o poema "Penélope"                  Manuel María recita o poema "Penélope"

LIGAZÓNS

Sobre a igrexa de San Martiño de Bueu

Concello de Bueu (inventario turístico)

Sobre Xosé María Díaz Castro

Díaz Castro (Web dedicada à vida e obra do poeta) - Sobre Nimbos e "Penélope" 
Asociación de Escritores en Lingua Galega (Aelg): U. didáctica sobre Nimbos PDF




quarta-feira, 14 de maio de 2014

V Festival de Primavera en Cecebre



V FESTIVAL DE PRIMAVERA

Teatro da Xuventude, Cecebre
Sábado 10 de maio

Corais participantes

Coral Polifónica Marusía (Bueu)
Coral Polifónica Don Diego de Muros
Coral Polifónica Endesa (As Pontes)
Coral Polifónica Santa María de Cambre


COMENTARIO

Por estar convalencente dunha operación non puiden asistir ao V Festival de Primavera, polo que non sei como decorreu o evento e cal foi o repertorio interpretado. Espero subir estes dados, xunto cos nomes dos directores, se consigo o programa de man. Nós interpretamos "Terra meiga", "Os teus ollos", "Bolboreta" e "Muradana". Por outros anos podo adiviñar o entusiasmo do público e o ambiente de camaraderia na merenda ceia con que fechamos a xornada. Valla, pois, este breve apontamento para dar conta da primeira actuación da tempada.

TRÍPTICO DO CONCERTO

 


Caché da páxina do Concello [PDF]

FOTOGRAFÍAS DO EVENTO

 Un momento da actuación da CP Marusia de Bueu e entrega do obsequio ao seu director pola nosa secretario Olga.

Abaixo, actuación e entrega do agasallo da Coral Polifónica Don Diego de Muros.

 Actuación da Coral Polifónica Endesa e entrega de obsequio á sua directora Olga Vigo polo noso Presidente Garay.

 Abaixo, un momento da interpretación da nosa coral e detalle con Gesto, Pedro, Pepe e Juan (cima),
e Carlota, Luisa, Sol, Maruja, Olga, Herminia e Guillermina (abaixo)



AGASALLO PARA AS CORAIS CONVIDADAS

Coral Polifónica Santa María de Cambre
V Festival de Primavera / Cambre / 10 de Maio de 2014
com agarimo a
Coral Polifónica {Marusía} [de Bueu] / [Pontevedra]

sexta-feira, 9 de maio de 2014

Próxima actuación no V Festival de Primavera



Mañán sabado 10 de maio decorrerá o Festival de Primavera, que organiza a nosa Coral desde 2010. Nesta V edición as corais convidadas son a CP Marusía de Bueu, a CP Don Diego de Muros e a CP Endesa das Pontes. O Festival celebrarase, como todos os anos, no Teatro da Xuventude de Cecebre, un dos locais con maior soleira da comarca, a partir das oito do serán. A entrada é de balde.



CARTAZ DO FESTIVAL


CORAIS CONVIDADAS

Coral Polifónica 'Marusía' de Bueu (2013) · Fonte: Diario de Pontevedra

Coral Polifónica Don Diego de Muros (2012) · Fonte: Que pasa na Costa

Coral Polifónica Endesa. Fonte: Coral de Endesa

quinta-feira, 1 de maio de 2014

Obsequio da excompañeira María Nieves Giráldez



A excompañera María Nieves Giráldez Fernández acompañounos durante uns meses do ano 2012, facendo parte da sección de contraltos. Antes de nos deixar agasallounos cun pirogravado da cabeceira da igrexa de Santa María, emblema da agrupación, que dá constancia do seu paso pola nosa coral. 




EMBLEMA DA CORAL POLIFÓNICA SANTA MARIA DE CAMBRE


"Coral Polifónica Santa María de Cambre" 
CAMBRE - A CORUÑA / Mª Nieves - ano 2012