Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

segunda-feira, 16 de junho de 2014

Ensaiando o espectáculo de Zarzuela


A pasada sexta-feira, 13 de xuño, tentei tirar unhas fotografias do ensaio do espectáculo de zarzuela que estamos a preparar para as actuacións dos meses de agosto e setembro, con tan má, ou boa, fortuna que o que fixen foi gravar uns breves, mas simpáticos vídeos que reflicten o ambiente de seriedade e diversión, rigor e espontaneidade, camaradería e sentido do humor que reina nos ensaios no noso Local social.


INSTANTÁNEAS-CAPTURAS

Luisa pondo en marcha os preparativos - Perspectiva dun recanto da sala

VIDEOS

Luisa a directora, tapando a Alberto, Pepe, Alfredo, Gesto, Juan (semitapado),
Ramón, tapado por Jose María, con Ramón (de pé) e Garai (agachado) no meio
ensaiando "El cuadro de los doctores" de El rey que rabió 
no que examinan se o cão ten raiva: "[Todos estos signos pruebas son de rabia; /
pero al mismo tiempo signos son, tal vez, / de que el animal]ito no tiene sed."

Alberto dirixindo mentres vixila Alfredo...

Luisa, Merche, Pepucha e Manoli (duas novas compañeiras de Bribes), Guillermina,
Sinda e Mari comezando o ensaio de "Ensaladilla madrileña" de Don Manolito.

José María con 'niqui' de riscas verdes e brancas,  Juan con camisa de cadros,
Alberto con camisa cor-de-rosa e Alfredo con camisa beixe no ensaio de "Los ratas". 

quinta-feira, 12 de junho de 2014

"A lenda de Montelongo", a raíña das zarzuelas galegas


Título: A lenda de Montelongo
Libretistas: J. Buhigas Olavarrieta e M. Rey Posse
Música: Bernardo del Rio
Ano: 1924
Lugar: Compostela e Vilagarcía



COMENTARIO

"Enredo n'un acto, disposto en dous cuadros, original de Manoel Rey Posse e Xoán Buhigas Olavarrieta, con música do maestro Bernardo d'O Río", reza o libreto de A lenda de Montelongo, zarzuela escrita na íntegra en galego, e considerada como a principal mostra do género lírico na Galiza. A lenda de Montelongo é unha obra costumista que descrebe a sociedade rural do primeiro quartel do século XX no contexto da redución foral. O fio argumental consiste nunha historia de amor entre dous mozos labregos, ela dunha familia propietaria do chan que traballa e el dunha familia pobre de campesiños sen terra. A acción desenvólvese co fondo sempre presente das ruínas do Castelo de Montelongo, unha transposición ao Monte Lobeira, que no libreto foi escenario doutra antiga historia de amor entre unha moura secuestrada polo rei que habitaba o castelo, e o mouro ao que amaba e que nunca puido liberala. 

Os libretistas, Juan Buhigas Olavarrieta e Manuel Rey Posse, empregam unha língua cheia de xiros, expresións e refráns galegos que completan un libreto ateigado de referencias culturais, etnográficas e literarias, que son acompañadas polas músicas de carácter popular (moiñeira, alalá) que Bernardo del Río recolle na súa composición.

O alalá do comezo, boa mostra do arrecendo folclórico da letra e a música, é interpretado no comezo da obra polo coro de fiadeiras que acompaña o tío Selmo, apresentando o argumento e a situación espacial e temporal da acción da obra. Nesta postaxe acrescentamos a letra, algunha fotografia e a música da zarzuela (na que predomina a parte declamada sobre a cantada) no vídeo abaixo.

As fotografias antigas proceden, salvo indicación, da tese doutoral de Javier Jurado Luque (Crunha, 2010) cuxos dados adxuntamos abaixo.


LENDA DE MONTELONGO
Alalá

Castelo de Montelongo 
mandoute un Rey erguer 
par´aldraxo d´unha moura 
que sua muller 
fixo pol´a forza ser. 
Foches apousento 
D´outa maxestade 
e vil instrumento 
de fera ruindade. 
D´o teu ventre cheo d´edras 
cando s´agacha o sol 
salen saloucantes layos, 
¡layos de door! 
cintileiro resprandor. 
Castelo de pedra... 
¿Cando caeras 
P´ra ollar quen berra 
nos teus almears? 
¡Ay, que peniña! 
¡Ay, que door! 
Morreu aquela santiña
sin saber o qu´ra amor.


FOTOGRAFÍAS

Os libretistas (de traxe e garabata) xunto o Cadro de Declamación do Recreo-liceo de Vilagarcía (1932)
Cadro de artistas da reposición en homenaxe ao mestre Valverde (1941)

 
Dúas encenacións de "O coro das fiadeiras" (2013) [Fonte: Flick]

Marica (Martina Vázquez) e Pedro Vinculeiro (Tucho Costa), personagens da zarzuela (1933)
Reposición como homenaxe a Bernardo del Rio (1953)

Información na imprensa (Fonte: Faro de Vigo). Retratos dos libretistas, Juan Buhgas e Manuel Rey Posse

A lenda de Montelongo, obra de vilagarciáns, estreouse, con grande suceso, no Teatro Principal de Compostela en 20 de decembro de 1924, nos tempos da ditadura de Primo de Rivera, e forma parte do movemento cultural e político que percorría a Galiza durante os primeiros decenios do século XX. 


El Diario de Galicia
21 decembro 1924

El Coro Cantigas e Agarimos ha obtenido anoche uno de sus éxitos más clamorosos al interpretar la zarzuela gallega "A lenda de Montelongo", original de los señores Manuel Rey Posse y Buhigas y con música del señor del Rio, director del Coro. El libreto es un episodio arrancado de la realidad de la eterna lucha entre el amor y el interés.

En cuanto a la música, todos los elogios nos parecen poco. Su motivo lo constituye una magnifica recopilación de aires populares de nuestra región.

Melodías eternas creadas por el pueblo y que expresan vivamente los ideales de su alma y las pasiones de su corazón... Esos aires, estupendamente armonizados y acoplados a las escenas de la zarzuela, con una rica cantera de materiales para la construcción del magno edificio que demanda la música gallega, tan jugosa, tan emotiva, de tan compleja espiritualidad, que abarca en su ámbito, desde las humorísticas canciones, repletas de santa malicia, hasta las que expresan las más dramáticas pasiones.


Nos días a seguir continúan as representacións da zarzuela, primeiro o 3 de janeiro de 1925 no Teatro da Rúa Nova de Compostela, e o día seguinte xa en Vilagarcía, coa participación coral de Cantigas e Agarimos.


Profesor galeguista en Vilagarcía
[5?] xaneiro 1925

Todos sus intérpretes hicieron una gran labor, sobresaliendo el señor Pita en su papel del tío Selmo, que encarnó de manera irreprochable. Domínguez hizo de Xan muy natural y comedido. Silva mereció que repitiese cuatro veces su cuplet-muiñeira que cantó con sumo gusto en su papel de Pedro "o vinculeiro".

Las señoritas San Martín y García, realizaron sus respectivos papeles de Marica y Tía Folerpa con una esmeradísima interpretación.

La obra es en fin una exposición de tipos, fieles retratos del natural, en donde desfilan la mociña enamorada que vistiendo los dardos del primer amor, se cree olvidada y postergada defendiéndose sin embargo de las conveniencias que su madre le propone para unirse a otro hombre y olvidar el que posee su corazón, proposiciones que una vieja egoísta no tiene reparo en ofrecer a su hija, aún a trueque de hacerla infeliz toda la vida, apelando para ello, a una serie de combinaciones, cálculos y consideraciones que Rey Posse y Buhígas ponen en boca de la Tía Folerpa, en diálogos admirablemente hechos.


Nos case trinta anos seguintes a obra sería representada con certa regularidade. En homenaxe ao seu director, Bernardo del Río, finado o ano anterior, Cantigas e agarimos levou adiante a xira de 1953; constan actuacións en Santiago de Compostela (15 de maio), Vilagarcía (29 de xuño) e A Estrada (22 de xuño), que probabelmente foran as últimas representacións da zarzuela antes da sua recuperación 60 anos depois. [Outras informacións datan en 1956 a última representación daquela primeira xeira da obra].

Resulta evidente que a obra ideolóxica de Educación y Descanso soubo converter unha obra creada nun ámbito cultural, social e político tan definido como o propiciado polas Irmandades da Fala nunha obra costumista e “enxebre”, reflectindo os tipos populares como “chuscos” e transformando as manifestacións propias de Galicia nunha mostra máis da idea de “unidad en la diversidad”, tan do gusto do pensamento do nacionalcatolicismo. [Jurado, 2010, p. 214]

Os estudos e trabalhos de pesquisa de Javier Jurado, que leu em 2010 a sua tese A lenda de Montelongo: A zarzuela galega como manifestación cultural multidisciplinar na conformación do nacionalismo galego, posibilitaron a restreia, tres anos depois, en Pontevedra e Vilagarcia a mans do Coro Liceo de Vilagarcia de Arousa (directora: Margarita Guerra), a Banda de Música de Pontevedra (director titular: Juan Lois Diéguez) coa colaboración de Airiños de San Xulián.


Cartazes da representación de 26 de maio de 2013, no Pazo da Cultura [Fonte: Facebook]
e da restreia no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa, 1 xuño 2013 [Fonte: Filgueira Valderde]
Capa da edición crítica do libreto, obra de Javier Jurado, 5 de maio de 2013 [Fonte: Dos Acordes]
Abaixo, dous momentos da representación en Vilagarcía (Fonte: Faro de Vigo - Faro de Vigo)



VIDEO

Gaita e Banda de Música de Pontevedra
Arranxos e dirección: J. L. Represas - Gaita de fol: D. Bellas
Teatro Principal de Pontevedra - Musgafol 2009

LIGAZÓNS E BIBLIOGRAFIA

Javier Jurado Luque, A lenda de Montelongo: A zarzuela galega como manifestación cultural multidisciplinar na conformación do nacionalismo galego, TESE, A Coruña, 2010 [Resumo e ligazón a texto completo en Dialnet - Texto completo (PDF) en Repositorio da Universidade da Coruña]
Javier Jurado Luque, "A zarzuela galega e as Irmandades da Fala" en Grial: revista galega de cultura, Nº. 192, 2011 (Dialnet)
Javier Jurado Luque, A lenda de Montelongo (zarzuela galega). Libreto,  Edición Crítica, Baiona, 01/05/2013 [Editorial Dos Acordes]; É o primeiro volume dunha serie dedicada a esta obra, á que seguirán a edición musical da zarzuela e o arranxo para banda da mesma. Precedido dun extenso estudo, tamén con arquivo gráfico destacado.

Guía didáctica: As formas no noso folclore ("A lenda de Montelongo", pp. 24-33) [PDF]

«Las zarzuelas del galleguismo» [El País, 12/03/2012]

«Bernardo del Río e a Zarzuela ´A lenda de Montelongo´» [Patrimonio Vilargarcía, 17/02/2013]
«Del Río y ´A lenda de Montelongo´» [Faro de Vigo, 07/04/13]
«Un tesoro de la zarzuela gallega vuelve a escena» [Faro de Vigo, 25/05/2013]
«O Concello recupera a zarzuela vilagarciá “A Lenda de Montelongo” con motivo do Centenario» [Vilagarcía.es, 27/05/2013]
«La zarzuela ´A lenda de Montelongo´ regresa a Vilagarcía después de 60 años» [Faro de Vigo, 28/05/13] 
«"A lenda de Montelongo", Sesenta anos despois» [La Voz de Galicia, 28/05/2013]

Fotografías da reestreia en Vilagarcía (maio 2013) [Flick - Faro de Vigo - Faro de Vigo] 

domingo, 8 de junho de 2014

Entrevista á nosa compañeira Obdulia


Obdulia Mallo Pardo é como esas borboletas que tracen a primavera à campina. Sempre cun sorriso e unha palabra de agarimo para todos, nunca esquece agasallarnos cos primeiros froitos da sua horta. Moito fiel e cumpridora, é sempre acompañada polo seu home, Juan, con quen comparte gostos e afeccións.

*******

Onde decorreu a túa infancía?

En Cambre

A que te dedicaches na vida laboral?

No meu negocio de hostelaría, onde facía un pouco de todo.

Antes de actuar no Festival de Habaneras de Cambre (xullo 2011)
a segunda da direita na segunda fila, con Juan e Pepe sempre ben pertiños
  
Moraste sempre en Cambre?

Morei. Nacín e morei sempre en Cambre,

En que actividades sociais participas alén do coro?

Só en actividades deportivas: camiñadas, ximnasia... e os bailes.


ORIXE DOS APELIDOS
Cartografía dos Apelidos de Galicia - Instituto da Lingua Galega - USC


    Distribución de "Mallo"               Distribución de "Pardo"

"Mallo" e "Pardo" son dous apelidos galegos. "Mallo" ven do latín malleu=Millo, un instrumento agrícola de dúas pezas con que se mallan os cereais (Estraviz - Dicionario de dicionarios). Está relacionado con Malleiro, Mallou, Mallón (Apelidos da Galiza). "Pardo", o coñecido apelido galego (há unha póla judia, seica), provén do latín pardus=Leopardo, pola cor escura dese felino (Estraviz - Dicionario de dicionarios). Está documentado como nome proprio xa desde fins do século IX. Muitos "Pardo" de sona há e houbo na Galiza. O mais principal deles foi o Mariscal Pedro Pardo de Cela, infaustamente decapitado por orde dos Reis Católicos en 1483, durante a chamada "Castración y doma del Reino de Galicia".


Que te motivou para entrares na Coral?

Foi unha amiga que me animou.

Que pensa túa familia da túa implicación no coro?

Está moi contenta. Teño media familia na Coral: meu home, que entrou pouco despois para acompañarme, meu irmán e unha nora do meu irmán...

 
Interpretando zarzuela co seu 'chulapo' (Juan) no Teatro Francisco Llorens de Sada, outubro 2012
No Festival de Habaneras de Cambre (xullo 2012), con Juan e Pepe acima, e a lembrada Sara abaixo 
 

Tiñas algún tipo de experiencía musical cando entraches na Coral?

Experiencia musical non tiña ningunha, ainda que sempre gostei de cantar.

Que é do que mais gostas das actividades que desenvolvedes?

Todo, mas gosto especialmente das interpretacións bailábeis de zarzuela. [Mágoa non termos algunha boa fotografia da súa participación en "Los nardos"].

Cres que as actividades da Coral receben suficiente recoñecemento e apoio institucionais?

Poidera ter mais.

 
Con Teresa, no xantar de confraternización celebrado en Celas, setembro 2012
Con Juan, no xantar de Entroido decorrido em Bribes, febreiro 2014
Abaixo, con Herminia, unha amiga común, Merche e Rosalía. Ao fundo, Doval. Bribes, 2014

*******


"Adiós, mi España querida" interpretada por Antonio Molina


sexta-feira, 6 de junho de 2014

O noso repertorio: "Volvoreta"


Título : "Volvoreta"
Letra : Rey Rivero
Música : Rey Rivero
Ano : 4º quartel s. XX
Arranxo : ---
Xénero : Cantiga
País : Galiza
Francisco A. Rey Rivero, xuño 2010
Fonte: Coral Ureca


COMENTARIO

"Volvoreta", do compositor viguês Francisco A. Rey Rivero  († 2012), un dos principais promotores da música coral galega na segunda metade do s. XX, é un dos temas mais interpretados pola nosa coral nestes últimos anos (mais de vinte interpretacións desde 2012). Ainda que as suas muitas variacións fan dela un tema difícil de abordar, nós cantamola con muito gosto por encontrala romántica e melodiosa, e muito agradecida polo público.

Por outra parte, constatamos a pobreza da base de dados da Federación Coral Galega e, en xeral, a pouca información que se encontra en internet sobre a música coral galega (letras, anos de composición, etc.)

LETRA


VOLVORETA
Cantiga Galega

Un serán ao meu xardín chegou a volvoreta,
e leda foi pousarse nunha reoseira en flor.
Tiña sede de orballo e de celmoso mel,
e dalle anceio e vida a roseira de te,
Mais un refacho amaiouna e ningunha flor quedou.
Tamén hai quen, sedentos de amor, van axiña a roseira bicar
e como a volvoreta xentil, soio espiñas, soio espiñas toparán.
Soio espiñas e soidá.
Como voan as volvoretas, voan como os meus pensamentos,
todas levan un camiño, o camiño do teu peito.

Ti donde pos os olhos, amor por o seu berce,
e donde pos as mans ti, nacen rosas a feixes.
(bis)

Un serán o meu xardín chegou a volvoreta,
e leda foi pousarse nunha roseira en flor.
Tiña sede de orballo e de celmoso mel,
e dalle anceio e vida a roseira de te.
Mais un refacho amaiouna e ningunha flor quedou.
Tamén hai quen, sedentos de amor, van a roseira bicar
e como a volvoreta xentil, soio espiñas, soio espiñas toparán, e soidá


PARTITURA


Poder verse e baixarse completa nas ligazons abaixo.

VIDEO


"Volvoreta" interpretado polo Orefón Rey Rivero, composto polas corais Ureca, Valladares e Zamáns,
no Festival das Letras Galegas (17 maio 2012)

LIGAZÓNS

Aquecendoavoz: Pequeño dossier sobre Francisco A. Rey Rivero (10/11/2012)
Aquecendoavoz: [Outros temas de Francisco A. Rey Riveiro]
Novas do deceso: FarodeVigo - Medymel (blogue) - Vilanova Sentimental
Coral Polifónica URECA (componente do Orfeón Francisco Rey Rivero)
Partituras: ebookbrowse - kooplet - atrilcoral - FECOGA (Federación de Corais Galegas)

terça-feira, 3 de junho de 2014

Alalá das Mariñas

Faustino Santalices, 1949

Con esta postaxe encetamos unha nova serie dedicada aos alalás, a forma de canto popular mais característico da nosa terra. Segundo a Wikipedia "o alalá é arrítmico e está composto por coplas octosilábicas no que se repite un tema curto e as ailalá, ailalá repetidas. Interprétanse normalmente a capella, aínda que en tempos recentes engadíronselle frases instrumentais de gaita ou zanfona. As letras soen ser de temática seria e a interpretación é un valor de suma importancia: ao seren de ritmo libre, o intérprete ten moito xogo para engadirlle adornos á melodía principal."

A sua orixe, oriental ou culta, é discutida. Perfecto Feijoo (1858-1935), fundador do primeiro coro galego "Aires da Terra", foi un grande compilador e intérprete de alalás. O poeta pontevedrés Xerardo Álvarez Limeses (Antre dous séculos, 1934) condensa nunha famosa tríada a esencia do alalá:


¡Ai, o alalá, miña santa,
cántase cando se chora;
chórase cando se canta!


Un dos alalás mais intensos e sentidos é o Alalá das Mariñas de Betanzos, ou Alalá das Mariñas, tamén coñecido polo seu primeiro verso, "Tenho unha casiña branca", cantar en que o cotidiano faise cósmico e o cósmico cotidiano. 

Famosísima é a interpretación a voz e zanfona que Faustino Santalices, un dos investigadores, gaiteiros e zanfonistas mais importantes da música galega, fixo en Madrid en 1949 á idade de 73 anos.

Capa dun disco recompilatorio de Faustino Santalices - Vista das Mariñas: ría de Sada e Betanzos. Fonte

LETRA


TEÑO UNHA CASIÑA BRANCA
Alalá das Mariñas de Betanzos

Teño unha casiña branca
na Mariña entre loureiros;
teño casa e teño amores;
estou vivindo no ceo.

Ailalala, ailalala...

Adeus á miña casiña
portelo do meu quinteiro;
auga da miña fontiña
sombra do meu laranxeiro.

Ailalala, ailalala...

Adeus, estrela brillante 
compañeiriña da lúa; 
moitas caras teño visto 
mais coma a túa ningunha.


PARTITURA



"Adeus, casiñas brancas..."


Vista de Sada: beleza e dignidade mariñeiras...
antes da desfeita turística. Fonte


AUDIO-VIDEO

Como non pudemos embeber o audio de Goear tivemos que recorrer à gravación incluida no disco "O niño do Sol" de Milladoiro. O tema comeza no minuto 1:40.


LIGAZÓNS
"Alalá" (Wikipedia)
"Alalá" (Dicionario de dicionarios)
Faustino Santalices (Wikipedia)
Faustino Santalices: Gravacións Históricas de Zanfona 1927-1949 (iTunes)
Cancioneiro Popular Galego: Non canto por cantar, 2014 (Letra e música: PDF)
Faustino Santalices: "Alalá das Mariñas" (Audio: Goear)

sábado, 31 de maio de 2014

Música en Cambre: Coral "O Adro" de Bribes


Coral "O Adro" de Bribes

XIII Festival de Polifonía e Habaneras
Cambre, 2 de xullo de 2011
Na viciña parroquia de San Cibrán de Bribes criouse en 1995 a Coral "O Adro", dirixida desde entón por Luisa Armesto Ramón, quen pouco despois cofundaría a nosa coral. Actuamos con eles nas festivais de Habaneras que decorren no mes de xullo e no festival de panxoliñas no Natal, alén da participación na celebración dos seus décimo e undécimo aniversarios en 2005 e 2006, respectivamente. En varias ocasións unimos nuestras voces quer para unha peza solta quer para toda a sesión, polo que reina entre as duas agrupacións un grande ambiente de camaradería. O seu repertorio abranxe os temas corais galegos, españóis e latinoamericanos.  

Membros das corais de Bribes e Cambre no Concerto de Panxoliñas
que decorreu en xaneiro de 2014 na igrexa de Cambre.
Cantando no VIII Festival de Polifonía e Habaneras, xullo 2006

domingo, 25 de maio de 2014

O noso repertorio: "Muradana"


Título: "Muradana"
Letra: Coplas populares
Música: Popular / Manuel Rey Posse
Ano: s. XIX / meados e finais (?) s. XX
Arranxo: Ángel Viro
Xénero: Pot-pourri/Moiñeira
País: Galiza

COMENTARIO

Este tema parece un pot-pourri (ou popurrí) de tres temas muito populares: primeiro, o "Lévame, lévame", nun comezo "Moiñeira de Vilagarcia", que é atribuído a Manuel Rey Posse (Vilagarcia, 1890-1952); segundo, as coplas dedicadas á "Carballeira de San Xusto", un dos lugares sacros mais emblemáticos da Galiza; e terceiro, o tamén popularísimo "Polo río abaixo...", cuxo retrouso aparece noutras cantigas e do que descoñecemos calquer dado de autoría ou data.

O programa No bico un cantar, da Televisión Galega, dedicou o capítulo do pasado 1 de marzo ao "Lévame, lévame", cuxo video fica disponíbel no seu web. Luis Tobío Campos  (Brión, 1861-Compostela, 1943), correspondente de Rosalía de Castro, recolleu na sua precoz Colección de Cantigas da Mahia [Amaia] (1880) a famosísima e saudosísima estrofe nuclear da Carballeira de San Xusto (o artigo da Wikipedia compila até sete estrofes):

Carballeira de San Xusto,
 carballeira derramada; 
naquela carballeiriña
  perdín a miña navalla. 

Supoñemos que o mestre Manuel Ángel Viro Caamaño, fundador (1965) e actual director da Coral Polifónica do Centro Artístico Sportivo de Ponteareas, fixo o acoplamento e os correspondentes arranxos musicais. Na páxina da Federación Coral Galega atribúese a música da "Muradana" a "Ángel Viro-Rafael P?" [sic]  e os arranxos a SATB. Descoñecemos o sentido do título, pois as letras dos temas os relacionan con lugares ben afastados de Muros, como Vilargarcía, na ría de Arousa, ou a parroquia de San Xurxo de Sacos, no Concello de Cotobade. En galego "muradana" é tamén o "mantelo ou avental que usaban as mulleres" (Estraviz ).

Após muito tempo sen interpretala en público, a incluimos no programa para o último Festival de Primavera. É tema animoso e variegado, que move a cantar en grupo, e que xunta, co fio do amor, tres, montañesa, fluvial e mariñeira, das múltiples facianas da terra galega.

LETRA

Eis a parte da letra que interpretamos as mulleres:


PARTITURA

4 voces - PDF  na páxina de Ángel Viro

VIDEO

"Lévame, lévame" interpretado por A Roda (1978)

IMAXE

A imaxe acima é unha fotografía tirada pola fotógrafa norteamericana Ruth Matilda Anderson que percorreu as zonas rural e mariñeira da Galiza en duas campañas entre os anos 924 e 1925 enviada pola Hispanic American Society para capturar o mundo que a modernidade estaba a banir. The Hispanic Society of Americana e a Xunta da Galiza coeditaron en 1998 unha recompilación dunhas 5000 fotografías intitulada Ruth Matilda Anderson Fotografias de Galicia 1924-1925.

LIGAZÓNS E BIBLIOGRAFIA

Selección de Cancións Galegas: O Galego - Xunta-Espazo Abalar
Páxina de Ángel Viro  - Curriculum 
Páxina da CRTV: No bico un cantar: "Lévame, lévame"
[Apresentación e video do programa]
Blogue Filgueira Valverde:  Manuel Rey Posse (PPT)
Wikipedia: " Caballeira de San Xusto "
Domingo Blanco Pérez (ed.), A poesía popular en Galicia 1745-1885.
Recopilación, estudio e edición crítica, Vigo, 1992 (2 tomos)
Sobre Ruth Matilda Anderson: Disquecool - Costa da Morte de Galicia