Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

sábado, 29 de dezembro de 2012

2009 Setembro (I) - Encontro Coral "Á Amizade" en Sada




VI ENCONTRO CORAL Á AMIZADE

Casa da Cultura "Pintor Francisco Llorens"
Sábado 10 de setembro

Corais Participantes

Coral Fonte do Souto, Culleredo
Coral Polifónica Santa María de Cambre
Coral Polifónica San Martiño de Meirás



FOLLETO DO ENCONTRO



Fonte da fotografía: redescena.net

AGASALLO DA ORGANIZACIÓN

VI
ENCONTRO CORAIS
Á AMIZADE
SADA 10-9-09

Carimbo:
Coral Polifónica "SAN MARTIN"

2009 Xullo - Festival de Polifonía e Habaneras


XI FESTIVAL POLIFONIA E HABANERAS

Auditorio do Parque da Igrexa
Sábado 4 de xullo

Corais participantes

Coral O Adro de Bribes
Coro Parroquial de Sigrás
Coral de Cecebre
Coral Santa María de Cambre
Coral Polifónica de Bergantiños


FOLLETO DO FESTIVAL
















APONTAMENTO ARQUEOLÓXICO


TEXTO DA CAPA DO FOLLETO

Grifo no capitel historiado da dereita da portada da Igrexa de Santa María de Cambre.
O grifo é un animal mitolóxico coa cabeza de águia, o corpo de león e ás.
Acostumábase colocar á entrada dos templos ou dos tesouros sendo a súa función de guardián.
A arte cristián incorporouna ás súas creacións dentro da súa iconografía simbólica.


  
Á direita, capiteis con grifos na abside de Santa María de Breixa (Silleda), da segunda metade do século XII.





AGASALLO DOS ORGANIZADORES


CONCELLO DE
CAMBRE

XI FESTIVAL DE POLIFONÍA E HABANERAS
Xullo 2009
Área de Cultura e Turismo

quarta-feira, 26 de dezembro de 2012

2008 Decembro (V) - Concerto de Natal



CICLO DE SANTA ICÍA AO NATAL
CONCERTO DE NATAL

Igrexa Parroquial de Santa María de Cambre
Sábado 27 de decembro

Corais participantes

Coral O Adro de Bribes
Coral de Cecebre
Coro Parroquial de Sigrás
Coral Santa María de Cambre

Imaxe tirada do Flickr


PROGRAMA DO CICLO
PDF no web do concello


RECORTE DO CONCERTO DE PANXOLIÑAS
A dato foi adiantada para 27 de decembro


FOLLETO DO CONCERTO
coa data corrixida



2008 Decembro (IV) - Concerto de Vilancicos en San Nicolau de Coruña




CONCERTO DE VILANCICOS
Igrexa Parroquial de San Nicolau
Luns 22 de decembro

Corais participantes

Coro Breogán da ONCE
Coral Polifónica Santa María de Cambre





FOLLETO DO CONCERTO



IGREXA DE SAN NICOLAU DA CORUÑA


Igrexa de orixe medieval cuxa fábrica sofreu unha reedificación absoluta a meados do século XVIII. A fachada é do XIX. O mais salientábel é a ornamentación interior. Abeira a capela da Virxe das Dores. O edifício adxacente é unha construcción do século XX (en 1910 aínda non existía), erguida ao tempo que se derrubaba o Convento de Santo Agostiño ao carón da Igrexa de San Xurxo. Ambas as dúas, presumíbeis xestas aplaudidas polos desleigados "coruñeses de toda la vida" que consentiron na perda constante e sistemática de múltiplos sinais de identidade da cidade brigantina en prol, seguramente, do cosmopaletismo que os caracteriza.

Mais información (a rede é un deserto no que se refere á información sobre a cidade) no Web Educativo do Concello da Coruña (pouco, errado e en castellano)




2008 Decembro (III) - Concerto de Vilancicos en San Francisco da Coruña




CONCERTO VILANCICOS

Igrexa Parroquial de San Francisco, Coruña
Xoves 18 de decembro

Corais participantes

Coro Breogán da Once
Coral Polifónica Santa María de Cambre




FOLLETO DO CONCERTO 



IGREXA DE SAN FRANCISCO


O convento dos franciscanos na Coruña fundouno en 1214 Benincasa de Tuderto, enviado por Francisco de Asís durante a súa estadía en Compostela. A fábrica é do século XIV. Após diversos avatares históricos, entre os cales varios incendios, os seus restos foron deslocados en 1964 da Cidade Vella para o actual emprazamento do Paseo das Pontes, sofrendo importantes mudanzas, entre as cales a perda da orientación litúrxica (Leste-Oeste).

Mais información nas páxinas do adxacente Colexio dos Franciscanos e do proxecto Patrimonio galego.

terça-feira, 25 de dezembro de 2012

2008 Xaneiro - Concerto de Panxoliñas e Aninovo



CICLO 'DE SANTA CECILIA AO NATAL'
CONCERTO DE PANXOLIÑAS


Igrexa de Santa María, Cambre
Venres 4 de xaneiro

Corais participantes

Coral O Adro de Bribes
Coral de Cecebre
Coro Parroquial de Sigrás
Coral Santa María de Cambre
Coral Casino Mugardés

FOLLETO DO CICLO


AMPLIACIÓNS DOS CORTES DO CONCERTO

   

FOLLA DO CICLO CO PROGRAMA DO CONCERTO


2008 Decembro (II) - Encontro de Corais en Bergondo



Edificio A Senra, recuperado para o pobo en  2000,
e rehabilitado e reinaugurado polo Concello en 2007.
ENCONTRO DE CORAIS 
Outono Cultural

Edificio de A Senra, Bergondo
Sábado 13 decembro

Corais participantes

Coro de Santa Comba de Veigue
Coral Polifónica Santa María de Cambre
Coral de Maiores de Bergondo


PROGRAMA DO ENCONTRO


**********

Edificio A Senra
Construído polo "Centro de Instrucción y recreo de Bergondo y sus contornos" (1936)

Fotografías do exterior e do auditorio 

O Edificio A Senra foi promovido "Centro de Instrucción y recreo de Bergondo y sus contornos" coa colaboración dos emigrantes e viciños do Concello e inaugurado seis días antes de estourar a Guerra Civil, após a cal foi incautado polo rexime franquista. Sería devolto polo Estado ao Concello en 2000 co compromiso de reconstruilo e tornalo un Centro sociocultural, o que se faría realidade en 2007.

Mais sobre a historia do Edificio A Senra (Texto, video, galería de imaxes) no sitio web do Concello.