Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

terça-feira, 25 de dezembro de 2012

2008 Decembro (I) - Festival de Vilancicos Caixanova


XLIII FESTIVAL DE VILANCICOS CAIXANOVA

Teatro Rosalía de Castro, Coruña
6, 7 ou 8 de decembro

Lamentabelmente non dispomos aínda de mais información sobre a participación da nosa coral nesta edición coruñesa do Festival de Vilancicos de Caixanova. Para compensar ese valeiro acrescentamos a apresentación do festival pola entidade organizadora.



**********

LEMBRETE DA PARTICIPACIÓN DA CORAL
(Capa e foto interior)



**********

FESTIVAL DE VILLANCICOS CAIXANOVA 2008 
Días 6, 7, 8 e 21 de decembro de 2008 
Teatro Rosalía de Castro 

Caixanova organiza unha nova actividade na cidade da Coruña, o “Festival de Vilancicos Caixanova”, onde corais de toda a Galiza poderán participar con tres temas, un deles, como mínimo, en lingua galega. Un festival que dará inicio á época natalina disfrutando da música mais tradicional destas datas cos mellores vilancicos tradicionais, interpretados de maneira maxistral polas corais participantes, ao mesmo tempo que se terá a oportunidade de disfrutar de obras inéditas. Precisamente, co obxecto de estimular a compositores e letristas que apresenten partituras inéditas en galego, estabeleceuse unha serie de premios para as corais de voces mixtas e para as corais de voces brancas. Un festival que Caixanova ven organizando desde há mais de catro decenios noutras cidades da Galiza, e que ten conseguido co paso dos anos se consolidar nos natais galegos como un encontro ineludíbel, proba diso é que a cantidade de corais apresentadas e a calidade destas que aumenta edición após edición. 

PDF no site de Cultura Galega

**********

Teatro Rosalía de Castro


Panorámicas exterior e interior do Teatro Rosalía de Castro.
Advírtase o lugar estratéxico no que o Concello situou o contentor de vidro e a lixeira, 
e os cabos que fornecen electricidade ao quiosque de imprensa
e que poden servir tamén para pendurar luces e bandeiras nas celebracións colectivas. 

O actual edificio foi inaugurado en 1870 e reinaugurado en 1995 após finalizaren as obras de rehabilitación. Leva o nome da insigne escritora galega desde 1910.

Artigo na Wikipedia

Sem comentários:

Enviar um comentário