Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

terça-feira, 4 de dezembro de 2012

Entrevista a Manuel Gesto, Presidente da Coral Santa María de Cambre

"Con esta directiva é presidente calquera"


Festival de Habaneras,
Cambre, xullo 2011
Manuel Gesto Casal, lucense e camioneiro, viciño do Graxal, é membro da Coral Santa María de Cambre desde 2005 e Presidente desde 2009, en que sustituíu a Vicente Cao. A súa vocación de servizo público lévalle a colaborar tamén noutras actividades de carácter solidario. Súa dona Lola acompáñalle nalgunhas das saídas. Gosta sobre todo do ambiente de camaradería posterior aos concertos.

*******

Onde decorreu a túa infancia?

Nacin nunha aldea preto de Lugo* ao lado donde está actualmente o Carrefour. Aí estiven ata os dous anos; despois leváronme a cinco quilómetros a outra aldea que se chama Bóveda. Direi que fun unha especie de nómada ata os 18 anos, quando viñen vivir a Lugo capital. Por iso teño algúns trazos de aldeano e outros non tanto.

* Por tanto, o seu galeguísimo apelido [os casos fora da Galiza explícanse pola emigración: mapa español], pronunciado co mesmo son inicial do que Xente [ /∫/: fricativa, palatal, xorda. Grafema x] ainda que escrito coa grafia histórica, pertence ao foco lucense: ver mapa de apelidos.


No Festival de Habaneras de 2011.
O terceiro a partir da direita.

A que te dedicaches na túa vida laboral?

Traballei no campo ata os 18 anos, despois nuns muiños que hai preto do rio Miño, ata que fun á mili, onde saquei o que entón chamábase "carné de segunda" de conducir. Ao voltar da mili saquei o de primeira. Fun traballar a unha empresa da construción, onde estiven dez anos. Despois saquei mais carnés e comecei a traballar con camións de gran tonelaxe en varias empresas. Estiven bastantes anos transportando mecadorías perigosas ata que me xubilei.

Bailando coa sua chula
Sada, outubro 2012

Desde cando moras en Cambre?

Moro en Cambre dende hai 32 anos e aqui teño pensado quedar ata que me boten.


Compartindo a pena
en Marina
Coruña, xuño 2012
En que actividades sociais participas alén do Coro?

Ademais da Coral son voluntario de protección civil. Tamén fun voluntario en servizos sociais, pero deixeino porque se empilaba o traballo.

Que te motivou para entrares na Coral?

Comecei un pouco por curiosidade. Ao primeiro asusteime, de feito fun un dia a ensaio e non volvín, pero despois entre uns e outros foron animándome. comecei outra vez e aqui estou resistindo atá que a saúde mo permita, que ultimamente a cousa non vai moi ben que se diga, pero a ver se resistimos un pouco mais.


"Cuerpo juncal!" Bailando con outra guapa
Coruña, xuño 2012
Que pensa a túa familia da tua implicación no Coro?

A miña familia pensa que non son un virtuoso da canción pero non pon pegas a que eu participe nesta actividade.

Tiñas calquera tipo de experiencia musical (participación noutros coros, etc.)?

Ningunha en absoluto. Lembro que cando comecei preguntoume Luisa* se era tenor e eu contesteille que era iso.

* Luisa Armesto, a directora.

         

Que é o que mais gostas das actividades que desenvolvedes?

Gosto de todo en xeral, pero sobre todo cando actuamos en concertos o ambiente despois de actuar, os petiscos, a farra. Tamén gosto moito da Zarzuela.

No saúdo final na representación
de Zarzuela na Coruña
Como levas a Presidencia, ocúpache moito do teu tempo?

Non a levo tan ben como eu quixera, porque creo que non son a persoa mais adecuada, pero tendo como secretario a Ramón e ao resto da directiva, que son xeniais todos... con esa xente é presidente calquera.

Tes algunha ideia ou proxecto para a agrupación?

Ideias sempre se teñen algunhas, mas a situación económica non permite moitas florituras.

*******



OS MEUS FAVORITOS



     1. Afección favorita (alén da música): Xogar ás cartas cos amigos e viaxar 
                                                                       encántame.

     2. Plato favorito: O cocido. aínda que eu como de todo.

     3. Libro favorito: Cien años de soledad.

     4. Filme preferido: Lo que el viento se llevó [E todo o vento levou].

     5. Unha viaxe especial: California.

     6. Xénero musical preferido: Música mexicana.

     7. Canción favorita: "Sombras" de Javier Solis [con letra].



            Poster - Gone With the Wind 01.jpg










Sem comentários:

Enviar um comentário