XXV ENCONTRO DE HABANERAS
Parque de Santa Margarida
Martes 11 de agosto
Corais participantes
Coro de Oleiros
CP Santa María de Cambre
Orfeón Herculino
COMENTARIO
Mais unha actuación recuperada grazas á información dos obsequios. Desta vez trátase dun Festival dos mais frecuentados, o Encontro de Habaneras que se celebra durante as Festas de Maria Pita da Cruña [PDF Programa - Coruna.es - TurismoGalicia]. Nesta edición foron oito dias, do 6 ao 13 de agosto, e 39 agrupacións musicais do golfo ártabro que deron cumprida amostra deste xénero musical de tanto suceso na Galiza. Nós actuamos a tarde do 11 de agosto, nunha sesión comezada ás 20 horas, xunto coa Coral do Clube de Pensionistas da Casa do Mar, o Coro de Oleiros e o Orfeón Herculino.
Sem comentários:
Enviar um comentário