Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

sábado, 28 de dezembro de 2013

Entrevista ao compañeiro José Mallo Pardo




José Mallo Pardo, "Pepe", é a alegría da Coral, o capitán das esmorgas, o primeiro en comezar as farras, e o último en acabalas... e non só pola sua natural xovialidade, senón tamén porque se sabe de corrillo todo o repertorio de música coral e cantos de taberna da Galiza.

*******


Onde decorreu a túa infancia?

En Cambre, onde nacín.

A que te dedicaches na túa vida laboral?

Traballei na construción
Interpretando "Los soldados de Kazán" (terceiro da esquerda) e Marina (xusto no meio)
Abaixo, na igrexa paroquial de Melide (decembro de 2012)

Sempre moraches en Cambre?

Con altas e baixas. Pasei boas tempadas na Cruña e en Venezuela.

En que actividades sociais participas alén do Coro?

Ningunha.


ORIXE DOS APELIDOS
Cartografía dos Apelidos de Galicia - Instituto da Lingua Galega - USC


    Distribución de "Mallo"               Distribución de "Pardo"

"Mallo" e "Pardo" son dous apelidos galegos. "Mallo" ven do latín malleu=Millo, un instrumento agrícola de dúas pezas con que se mallan os cereais (Estraviz - Dicionario de dicionarios). Está relacionado con Malleiro, Mallou, Mallón (Apelidos da Galiza). "Pardo", o coñecido apelido galego (há unha póla judia, seica), provén do latín pardus=Leopardo, pola cor escura dese felino (Estraviz - Dicionario de dicionarios). Está documentado como nome proprio xa desde fins do século IX. Muitos "Pardo" de sona há e houbo na Galiza. O mais principal deles foi o Mariscal Pedro Pardo de Cela, infaustamente decapitado por orde dos Reis Católicos en 1483, durante a chamada "Castración y doma del Reino de Galicia".


Que te motivou para entrares na Coral?

A amabilidade e entusiasmo con que me convidaron a participar.

O que pensa a túa familia da túa implicación no Coro?

Veno moi ben.

Tiñas algún tipo de experiencia musical?

Non. Experiencia musical non tiña.

Con Pedro (con chapeu) e Teresa, en Cecebre.

Que é do que mais gostas das actividades que desenvolvedes?

O compañerismo e bon humor.

Cres que as actividades da Coral receben suficiente recoñecimento e apoio institucionais?

Moi pouco. Creo que igual que todas no Concello.



Acima, cantando zarzuela
en Cecebro (agosto 2012)

No meio e abaixo, na ceia posterior
ao concerto de Natal
en Melide (decembro 2012)

Abaixo, na ceia de Natal en Cambre
(decembro 2013)



Sem comentários:

Enviar um comentário