Este domingo 22 de decembro actuamos nun Encontro de Corais en Betanzos para participar no tradicional Concerto de Vilancicos da cidade mariñá. No acto, que decorrerá na Aula de Cultura Xulio Cuns a partir das 20:30 horas, acompañaremos ás corais polifónicas da Gaiteira (Cruña) e Betanzos, organizadora do evento.
As corais interpretarán conxuntamente "Gloria ao Señor" (Benedicat Vobis) de Händel e o "Noite de Paz", unha versión curta do "Stille Nacht, heilige Nacht" de Gruber. Nós completaremos o noso programa con mais cinco pezas: "Ven, niño, ven" de Rey Rivero, "Unha estrela veu do ceu" de Ángel Viro, "Qué sonajero daré?" de José Sandoval, "Por los caminitos de Jerusalén" de Eduardo Correa, "Arre Borriquita" de Fernando Montero.
Sem comentários:
Enviar um comentário