Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

domingo, 30 de março de 2014

Entrevista á compañeira Dolores García



Despois dun mes sen entrevista voltamos coa compañeira Dolores García García, "Loli", unha das veteranas da Asociación. Muito cumpridora cos compromisos e atenta aos asuntos da Coral, esta soprano coruñesa é tamén muito amiga das esmorgas e a festa.  

*******


Onde decorreu a túa infancia?

Nas Xubias e na Gaiteira [bairros da cidade da Cruña].

A que te dedicaches na tua vida laboral?

Dediqueime á destilaría de licores e augardentes.

Aguardando o momento da actuación no Festival de Habaneras
(Cambre, xullo 2011)


ORIXE DOS APELIDOS
Cartografía dos Apelidos de Galicia - Instituto da Lingua Galega - USC

Distribución de "García"

"García", considerado por muitos de orixe basca (*Hartze-a. "o urso"), é, segundo Higino Martins Estevez (As tribos calaicas, 2008), un "celtismo cedo romanizado, frequente em Navarra por aí o céltico ter sido uma velha língua franca. Vem de garça, ave de grande valor simbólico ainda na Idade Média; de bom agoiro e inimiga da serpente, cf. os bestiários medievais, que a exalçam. Coromines provou garça vir de *KARKIIĀ, com a passagem latina de K’- para G-. Garcia vem de *KARKÍDIĀ “garçalidade”." Mais información en Apelidos de Galicia.



Desde cando moras en Cambre?

É a minha segunda casa desde hai 40 años.

En que actividades sociais participas alén do coro?

En ningunha. Dedícome a cuidar miña familia.

Que te motivou para entrares na coral?

A soidade ao ficar viúva.

 
Xantar de Entroido en Bribes (febreiro 2014) - Ensaiando zarzuela en Cecebre (2012)

Que pensa a túa familía da túa implicación no coro?

Está moi feliz de que estexa activa e ocupada.

Tiñas algún tipo de experiencia musical cando entraches na coral? 

No coro parroquial na igrexa do Carme, nos Castros [Pertencente á parroquia de Santa María de Oza].

Entre Ana e Chus (Sada, outubro 2012) e de ensaio con Gesto no Forum da Cruña (xuño 2012)

Que é do que mais gostas das actividades que desenvolvedes?

Pois case todo. Os ensaios de zarzuela, as viaxes das actuacións, actuar con outro coros e coñecer os seus comezos. 

Cres que as actividades da Coral receben suficiente recoñecimento e apoio institucionais?

Creo que si.



No Parque de Santa Margarida (agosto de 2012)
e nunha representación de Zarzuela en Sada (outubro de 2012)
  

"Alma, corazón y vida" interpretada por Los Panchos


Sem comentários:

Enviar um comentário