Mais un ano aproveitamos as festas do Entroido pra celebrarmos un xantar de confraternización. Desta vez reunímonos o sábado 22 de febreiro no restaurante Becerra, na parroquia de Bribes, a dar conta dunha boa laconada.
Só media ducia, dos cuarenta comensais, fumos quen de apresentarnos disfrazados, polo que fumos o centro de atención polo mentos até o comezo do xantar, un tempiño despois da recepción e os saúdos. Muito nos alegrou a presenza de varias excoralistas que se apontaron à xornada de convivio. Eu aproveitei o tempo de espera, antes e depois de nos sentar á mesa, para fotografar os compañeiros.
O xantar foi o típico destas datas, laconada, con chourizo, grelos, garabanzos e pataca. Todo regado cun bon mencía. De postre, orellas, filloas, "lazos" e "buñuelos", con abundante mel, marmelo, nata e outras cremas para quen quixer acompañar. E por último, xa entre piadas e cánticos, os cafés, cuns deliciosos chupitos de augardente e outros licores.
Após unhas intensas horas de convivencia despedímonos até o ensaio da próxima segunda feira.
ALGUNHAS FOTOGRAFIAS DO XANTAR
Ana Castro - Sol e Marién - Alfredo
Rosalía - Carlota
Alberto e home de Ana Castro - Garay e dona
Pepe e dona - Juan e Obdulia
Alberto, Ana, Elvi, Gesto e Carmen - Loli e Chus
Chus, Mari, Alberto e Gesto - Olga co marido e un fillo
Pedro, Gesto e Doval - Pedro, Alfredo e Rosalía
Mari, Carmen e o marido - Garay, Obdulia, Juan, Pedro e Juan
Herminia, unha amiga portuguesa, Obdulia, Merche e Rosalía.
Doval e Ramón - Pedro co marido de Carmen
Sem comentários:
Enviar um comentário