Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

terça-feira, 24 de junho de 2014

Actuación no Concerto Benéfico no Ágora



CONCERTO BENÉFICO "VIAXE CARA Á VIDA"
Organizado pola ONG 'Tierra de Hombres"

Centro Cívico Ágora da Cruña
Sábado, 21 de xuño

Participantes (en orde de actuación)

Chus Castro (apresentadora)
Coral Polifónica Santa María de Cambre
Tuna de Veteranos da Coruña
Juan Fernán & Richi Ponce
Xoán Eiriz

CRÓNICA DA XORNADA

A tarde chuvosa e os accesos aínda sen rematar obstaculizaron unha migalla o noso primeiro contacto co recén estreado Centro Cívico Ágora, na parroquia de San Pedro de Visma. Fumos reuníndonos para a conversa preparatoria nun dos amplos corredores encanto iamos chegando nos nosos propios vehículos. O apretado do programa fixo que todas as fases da xornada estivesen muito cronometradas. Após a xuntanza inicial fumos aos camarins para os últimos retoques antes de ensaiar e aclimatarnos ao largo cenario. 

Antes do concerto a apresentadora Chus Castro e os responsábeis locais da ONG Tierra de Hombres, beneficiaria do evento, informaron do proxecto "Viaxe cara á vida", proxectaron un vídeo do seu traballo na África e apresentaron a dúas raparigas de 6 e 12 anos operadas na Galiza graças ao Proxecto e que ao final da sesión entregarían os agasallos aos participantes.

A nós tocounos abrir a xornada interpretando dous temas con muito suceso: "A muradana" e "Alma, corazón e vida". A continuación a Tuna de Veteranos da Coruña interpretaron tres pezas do seu repertorio. A parella formada por Juan Fernán e Richi Ponce interpretaron de seguido tres versións de temas de Elvis Presley. E, por último, fechou o concerto a actuación do veterano e constante cantor galego Xoán Eiriz que interpretou vinte temas co gallo da apresentación do seu último disco, "Desde as cordas do meu corazón" con unha excelente acollida do público presente.

Obrigas diversas impediron que muitos de nós ficáramos para o convite final. Por outra parte, ao ficar a cámara sen pillas tive que recorrer ao telemóvel para tirar algunha fotografia (pois tamén este ficou sem batería), o que explica a escaseza e má cualidade das imaxens. Acrescentamos un vídeo de Xoán Eiriz para compensar a falta de testemuño gráfico da súa actuación.

Próxima actuación no Concerto Benéfico de Tierra de Hombres no Ágora [18/06/2014]

FOLLETO DO CONCERTO



FOTOGRAFÍAS

 
Pepe e José Maria en primeiro plano. Ao fundo...

 
Pedro, Juan Pedro, Juan e Juan de Obdulia · Merche, Pepucha, Mari (sentada) e Manoli

Doval, Elvi, Ana e Palmira · O home de Toñi e Ramón

Garai e Gesto sentado ao fundo · Chus e Ana

Vista do interior · Ensaio da Coral

Apresentación do evento por Chus Castro · Aínda no ensaio previo...

Un momento da nosa actuación. Fotografia xentileza da organización

A Tuna de Veteranos da Coruña · Juan Fernán & Richi Ponce (guitarra)


Entrega de obsequios. Fotografia xentileza da organización

Xoan Eiriz, Juan Fernán e Richi Ponce, o representante da Tuna de Veteranos
e Juan Garai, o noso Presidente, acompañados da apresentadora Chus Castro,
os responsábeis da ONG Tierra de Hombres e do Centro Cívico Ágora
e as duas raparigas atendidas na Galiza grazas ao Proxecto "Viaxe cara a vida".

VÍDEO

Xoán Eiriz, "Lágrima". Letra e música: Amalia Rodrigues
Adaptación e dirección musical: Iago Mouriño - Miguel López Cuba


AGASALLO DOS ORGANIZADORES

Bandeixa de esmalte co logo da ONG Tierra de Hombres



Sem comentários:

Enviar um comentário