Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

domingo, 12 de outubro de 2014

Participación no Festival de Outono de Valga


IX FESTIVAL DE OUTONO

Auditorio de Cordeiro
Sábado, 4 outubro

CORAIS PARTICIPANTES

Coral Polifónica Pontecesures
Coral Polifónica Santa María de Cambre
Coral Polifónica de Llanera
Coral Polifónica Xuntanza de Meis
Coral Polifónica Santa Comba de Cordeiro


 PROGRAMA DO FESTIVAL
(Selección)

 
  


 BREVE CRÓNICA

Pasado sabado actuamos no IX Festival de Outono de Valga. O acto decorreu no Auditorio Municipal, cuxas magníficas instalacións levantou en nós algún sentimento de invexa. Alén de nós e a coral anfitroa, Santa Comba de Cordeiro, estaban convidadas duas corais da zona, Pontecesures e Xuntanza de Meis, e outra de Asturias, CP de Llanera.

Por desgraza, mais unha vez tive problemas coa cámara fotográfica, que pouco puiden corrixir coa cámara do telemóvel, cunhas imaxes que serían os primeiros descartes en calquer selección, e un breve vídeo de 3 segundos mostrando unha perspectiva xeral da plateia.

 Sol folleando o folleto do Festival - Coral na penumbra - Coral na pantalla do vestíbulo

Nós interpretamos "Barcarola", "Alma, corazón y vida", "Muradana" e "A vella chalana". As corais participantes encerraron a velada musical cunha interpretación conxunta de Foliada de Canedo e o Benedicat Vobis. A xornada concluiu co habitual convite de viños e petiscos.

MICROVÍDEO
Panorama do auditorio


Sem comentários:

Enviar um comentário