Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

quarta-feira, 29 de outubro de 2014

Grande éxito do concerto en Sada


CONCERTO DE OUTONO

Auditorio Casa da Cultura Pintor Llorens
Sábado, 25 de outubro

CORAIS PARTICIPANTES

CP Santa María de Cambre
Coralina Santa Cruz (Llanera, Asturias)
Agrupación Coral Voces Veteranas Concello de Culleredo
CP A Lembranza (Sada)

FOLLETO DO ACTO



CRÓNICA

CHEGADA

Chus pouco despois da chegada ao peirao de Fontán - Departindo antes do concerto:
Chus, Delfina e Pucha (oculta por Chus), compañeira que provén da Coral O Adro de Bribes.
En primeiro termo, Merche, con Ana atenta no fundo.

Plateia e cenario aguardando por público e corais

Tarde estival en pleno outono. Sada e contorna lucian espléndidas, enmarcadas polo ceu e o mar, calmos e azulísimos. A curta viaxe permitiu que chegásemos ben espertos para desfrutar por un momento o ambiente relaxado que bulia polo paseo martítimo e toda a vila. Nós entramos animados a um edificio coñecido no que podemos traballar con todas as comodidades. Mudámonos, demos un último repaso ao noso repertorio, e fixemos tempo departindo no vestíbulo e corredores. 

PÚBLICO


Cedo se encheo o auditorio da Casa da Cultura Pintor Francisco Llorens. Xente de toda idade e condición ateigaron a plateia, tendo muitos que ficaren de pé ou apoiados na parede. No meio dele a nosa compañeira Mari que a pesar dunha doenza recente quixo acompañarnos durante toda a velada. No pública tamén estaban o alcalde, Ernesto Anido, e o crego da vila, que subirían ao final ao cenario para participar mais activamente no evento.
CORAIS PARTICIPANTES

CP Santa María de Cambre

Coralina Santa Cruz

 Agrupación Coral Voces Veteranas Concello de Culleredo

CP A Lembranza (Sada)

Catro fomos as corais participantes. A nosa "Santa María de Cambre", a quen tocou abrir o certame;  a Coralina Santa Cruz, vida da Llanera, nas Asturias de Ovedo; os viciños da Agrupación Coral Voces Veteranas Concello de Culleredo; e os organizadores e anfitrións, a Coral Polifónica "A Lembranza" de Sada.

CONCERTO

 Apresentando a nosa coral · Colocando o coro

 Coralina Santa Cruz · AC Voces Veteranas

 Músicos da AC Voces Veteranas · A Lembranza

Como dixemos, tocounos abrir a velada perante un cenario ateigado de público atento e entusiasta, sempre abeirando as corais participantes. Interpretamos "Barcarola", "Os teus ollos", "Alma, corazón y vida" e "Muradana". A Coralina Santa Cruz interpretaron "Ay, linda amiga", "No tardes Tom", "La molinera" e "Molo molondrón". A Agrupación Coral Voces Veteranas Concello de Culleredo interpretou "Torrevieja", "A raíz do toxo verde", "Foliada da Moureira" e "Xota de Taboada". Os sadenses da CP A Lembranza interpretaron "El sabor de una habanera", "María", e "Ojos de España". e fecharon o concerto coa "Pandeirada de Vilariño".
AGASALLOS

De esquerda para direita, en primeiro palno, o crego de Sada, representantes das
corais da Llanera, Culleredo, Cambre e Sada, e o alcalde no meio co microfone.

O crego e os representantes de Culleredo e Cambre erguen os obsequios
perante a ollada do director da coral de Sada. Vista do público evacuando a sala.

A velada musical concluiu coa entrega de agasallos a man do alcalde,que subiu ao cenario para parabenizar os participantes. Os representantes das corais de Cambre (Alberto), a Llanera, Culleredo e Sada, receberon os presentes (unha figura de Sargadelos e publicacións sobre a localidade) que xuntaremos a esta entrado cando podamos fotografalos. A requerimento de Luciano Lago, director da coral de Sada, subiu ao cenario o crego de Sada, que anunciou a próxima celebración do aniversario dun evento ou asociación (non podo concretizar mais por estar eu naquela altura mais atenta a fotografar a cerimonia). 

En definitivo: unha xornada perfeita. Tanto pola asistencia e participación do público como, pola calidade interpretativa e camaradería das corais, e os petiscos da clausura...

CONVITE


Juan, Alfredo, Chus, Ana e Iago · Palmira, Pedro, Manuel Gesto e Pepe Mayo

Após o concerto esperábanos o convite conscienciosamente preparado polos organizadores, no vestíbulo da Casa da Cultura. Aínda que eu non puiden demorarme muito, deu tempo para tirar algunhas fotografias das viandas e os convidados. Os compañeiros ficaron lá até a que á unha de madrugada foron convidados a deixar o local...

Quero agradecer especialmente a xentil colaboración dunha xoven espectadora que tirou as fotografias da actuación de nosa coral.

Sem comentários:

Enviar um comentário