Sábado 25 de outubro actuamos no auditorio da Casa da Cultura Francisco Llorens en Fontán-Sada convidados pola coral "A Lembranza". A velada musical comezará ás oito do serán. Neste momento descoñecemos cal ou cais serán as outras corais participantes.
A Coral Polifónica "A Lembranza" de Sada (Facebook), vinculada ao concello desde a súa fundación, celebrou o pasado mes de maio o seu quinto aniversario (ver cartaz à esquerda). Seu actual director é Luciano Lago Padín.
Coral Polifónica "A Lembranza" (Sada, maio 2014) - Fonte
Sem comentários:
Enviar um comentário