Mais un paso no crecemento da nosa coral. En circular con data 10 de Maio remetida a todos os socios pola Xunta Directiva formada por Dn. Antonio Rouco Frutos (Presidente), Dn. Vicente Cao Campelo (Secretario) e Dna. Elena Mahía García (Vogal) infórmase, "como primicias". "que o próximo 17 de Xuño está previsto realizar o 'II Encontro de Habaneras e Polifonía' [Festival de Polifonía e Habaneras] que organizaremos conxuntamente co Concello e no que esperamos contar coa vosa asistencia". Era concelleira de cultura a señora Arita Arcay.
Sem comentários:
Enviar um comentário