Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

sábado, 5 de janeiro de 2013

Concerto de Vodas de Ouro no Casino da Coruña


CONCERTO DE VODAS DE OURO

Restaurante do Sporting Clube Casino
nos Cantóns da Coruña
Mércores 2 de xaneiro de 2013






CRÓNICA DA XORNADA

A iniciativa da nosa compañeira Serafina Alonso fumos acompañar este comezo de ano a celebración das Vodas de Ouro dun casal no restaurante que o Sporting Club Casino da Coruña ten no sétimo andar do infausto edificio que preside a avenida dos Cantóns da cidade herculina.

As mais acudimos nos vehículos de algúns membros da Coral, polo que chegaron colmados de persoas e quilos. Após agardar na cafetería a rente de chan polo resto dos compañeiros, contra as cinco da tarde subimos por quendas de catro no elevador que dá acceso a estancia dos comensais, que había tempo concluiran o xantar. A nosa presenza supuxo unha sorpresa para todos os convidados, especialmente para os protagonistas, que logo se entusiasmaron coa nosa actuación. 

Xa a posta en escena ocasionou o alborozo xeneralizado, ao entraren os mozos en fila coa "Marcha dos Cosacos de Kazán". Outros temas que interpretamos foron: "Volvoreta" (cantiga galega), "Camino del Indio", "Unha estrela veu do ceu", "Señora doña María" (tradicional chilena), "Duerme el niño Jesus" (Hawai), "En la más fría noche" (vilancico norteamericano) e a habanera "A vella chalana".

Despois de tan intensa xornada nos fumos como chegamos ou tal vez con algún quilo menos.


APONTAMENTO ARQUEOLÓXICO



Á esquerda, no predio do edificio en que se loca o Casino Sporting Club, o vello Hotel Palace en 1936.
Á direita, a mesma esquina co actual edificio de comezos dos 70 e outros adefesios gradilocuentes semellantes,
mostras da rapina destrutora de beleza que asola, sen descanso nen penitencia, a cidade brigantina
a partir dos anos setenta coa cúmplice complacencia de muitos coruñeses. 

Fonte: Foto do topo, Hotel Palace 1936, O Obelisco. Mais fotos do HP: 1 -



Sem comentários:

Enviar um comentário