Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

domingo, 19 de maio de 2013

2008 Xullo - Aniversario de Geriatros Agarimo


V ANIVERSARIO DE R.A.A. GERIATROS AGARIMO

Centro de día Agarimo, Lamastelle, Oleiros
Martes 1 de xullo (?)



Comentario

Esta é mais unha actuación cuxa memoria refrescamos a partir do agasallo, por non ficar outra constancia da nosa participación. Non estou segura da data, inferida de ser o Centro Agarimo (Geriatros) inaugurado un 1 de xullo de 2003. É unha verdadeira mágoa que para as empresas que rexentan Residencias de Maiores na Galiza a língua do país e dos vellos aos que "asisten" sexa absolutamente inexistente, fora do nome do local.


AGASALLO DOS ORGANIZADORES



5º Aniversario
R.A.A.
Geriatros
Agarimo


sábado, 18 de maio de 2013

O noso repertorio: "Jardín de ensueño"



Título: "Jardín de ensueño" / "Delicioso vergel"
Letra: Francisco A. Rey Rivero?
Música: Francisco A. Rey Rivero
Ano: 1964 (ed.)
Arranxo: Francisco A. Rey Rivero
Xénero: Habanera
País: Galiza
Carátula do disco de "Habaneras" da CP Casablanca de Vigo
dirixida polo mestre Rey Rivero (1964).
Inclui o tema "Delicioso vergel"
FONTE:  Blogue Sempre en Galiza 


COMENTARIO


A nosa Coral dedica unha atención especial às habaneras, xénero de grande suceso na Galiza e que conta con afamados mestres como o autor desta "Jardín de ensueño", tamén coñecida como "Delicioso vergel", o recentemente finado Francisco A. Rey Rivera. O festival que organizamos no verán está dedicado en parte a esta música de ar caribeño do que gostamos pola sua facilidade e sonoridade. Esta peza, bastante frecuentada pola Coral, garda a esencia de todo o sentimento cubano.

LETRA


PARTITURA

[...]

VIDEO

[...]

LIGAZÓNS

Blogue SEMPRE EN GALIZA, dedicado ao folclore galego.
Pequeno dossier sobre Francisco A. Rey Rivero neste blogue.


sexta-feira, 17 de maio de 2013

Encontro de Corais en Camariñas


Vista de Camariñas coa Casa de Pedra
baixo a frecha negra

2º ENCONTRO DE CORAIS

Casa de Pedra, Camariñas
Sábado 4 maio 2013

Corais participantes

Coral Polifónica Santa María de Cambre
Coral Areosa de Narón
Coral Municipal de Mulleres de Camariñas


FOLLETO DO ENCONTRO




CRÓNICA DA XORNADA

Unha desas agradábeis tardes de comezos de maio, mais grata canto mais era agardada despois dunha boa tempada de tempo desapacíbel. Coralistas e convidados fumos subindo ao autobús até o encher case por completo. Ainda non eran as cinco cando nos pusemos en marcha para a Costa da Morte, unha hora e media de viaxe.

Após atraversamos a terra de Bergantiños algunha convidada comezou a sentirse mareada a causa da calor, polo que tivemos que nos deter para descansarmos un pouco e respirar ar fresco. Pouco antes de chegar, após o lugar de Ponte do Porto, as vistas da ría parecía aliviar, alén das almas, os corpos dos viaxeiros. Contra as seis e media da tarde nos recebeu de súpero o azul intenso e imenso do mar Océano, tranquila infinitude cuxo comezo brillaba sob un sol radiante.

O autocarro atravesou a pequena vila bordeando o porto até chegarmos à Casa de Pedra, onde baixamos após estacionar. Dirixímonos logo ao local onde nos recebeu a directiva da coral local, organizadora do evento, nos recebeu muito amabelmente. Ela nos informou das diferentes estancias do edificio. Despois dos ensaios de rigor, xa con todo claro e ainda con tempo, aproveitamos os 45 minutos que tiñamos de folganza para coñecer a vila. Para outra ocasión ficou coñecer o Museu do Encaixe ou as rochas onde morou Mann, o alemán de Camelle.

Ao voltar à Casa da Pedra tivemos o primeiro contacto cos membros das outras corais que compartirían con nós o evento en que se celebraba o Día das Letras Galegas: compañeiros de Narón e os anfitrións de Camariñas.

Fumos os primeiros en aparecer en cena. O pequeno auditorio rebordarba cum cheio absoluto. Os nosos temas foron muito aplaudidos e agradeciso, por serem muito mariñeiros en honor à vila e as suas xentes. A continuación actuou a coral da Sociedade Cultural Areosa de Piñeiros, Narón. Sua interpretación da "Negra sombra" destacou nun programa de elevada calidade. Por último, fechou o evento o Coro Municipal de Mulleres de Camariñas. Delas podemos destacar o tema con que abriran sua participación, "Saír fuxindo", versión dunha coñecida canción de Amaral, asi como a música portuguesa de "As penas do verde gaio" e a peza con que concluiron a sua intervención e o encontro todo, "Un balcón cara ao mar", dedicado á vila de Camariñas.

Após os agasallos, parabenizacións e agradecimentos do final, nos deslocamos ao local dos ensaios, onde nos tiñan preparados uns inxentes petiscos para coralistas e convidados, dos que dimos conta entre mais cancións, fotografias, bailes e risos, muitos risos, que ainda resoaban canda os "até máis!" das despedidas.

Aguardo completar axiña esta crónica con algunha fotografía do Encontro e do agasallo.


AGASALLO DOS ORGANIZADORES

2º ENCONTRO DE CORAIS
EN CAMARIÑAS 2013





quinta-feira, 9 de maio de 2013

Próxima actuación da Coral no Festival de Primavera en Cecebre



Cartaz do IV Festival de Primavera · 2013
Sábado 11 de maio participaremos mais un ano no Festival de Primavera que decorre no Teatro da Xuventude de Cecebre. Nesta IV edición estaremos acompañados polas corais Polifónica de Betanzos, Lembranzas de Santa Cruz, Polifónica do Círculo Mercantil de Ribeira Eixil de Cedeira. A entrada para o acto, que comezará ás oito do serán, é de balde. Esperamos que o Festival sexa, como en anos anteriores, un suceso para todos. 

[Intercalamos a entrevista ao noso presidente, Manuel Gesto, que publicou hoxe venres o xornal LA VOZ DE GALICIA]

LA VOZ DE GALICIA, sexta, 10 de maio de 2013


De resto, as actuacións concertadas pola Coral, xa anunciadas nas postaxes de 28 de marzo e 28 de abril, son:

29 de xuño: Festas do San Xoan en Carballo.
27 de xulloCedeira.
26 de outubro: Espectáculo de zarzuela na Casa da Cultura Pintor Francisco Llorens, Fontán (Sada).



quarta-feira, 8 de maio de 2013

O noso repertorio: "Camino del indio"




Título: "Camino del indio"
Letra: Atahualpa Yupanqui
Música: Atahualpa Yupanqui-Fernando Cabedo
Ano: 1927 (pub. 1944)
Arranxos: Fernando Cabedo
Xénero: Canción andina
País: Tucumán - Argentina





COMENTARIO

É un dos temas mais emotivos do noso repertorio, se callar porque a música andina estivo na moda en España nos anos 70 e nos trai lembranzas dos nosos tempos de mocidade. Atahualpa Yupanqui que, segundo se le na Wikipedia, significa en quechua "o que ven de afastadas terras para dicer algo", é o seudônimo do cantor argentino Héctor Roberto Chavero Aramburu, nado en 1908, e morrido no exílio francés en 1992. Este cantautor comunista foi a máxima figura da canción popular sudamericana, e seus temas foron e son interpretados por inúmeros cantores de toda parte.

A páxina oficial da Fundación Atahualpa Yupanqui ilústranos sobre o noso tema, tamén coñecido como "el caminito del indio":

Cuando tenía apenas 19 años de edad, compuso su canción "Camino del Indio", El tema en su origen no tuvo
la entidad de himno de la indianidad que luego el pueblo le otorgó. Simplemente fue una canción inspirada
en un sendero que llevaba, ascendiendo la ladera del cerro San Javier -en el amado Tucumán de su infancia -
hasta la huerta de naranjas y el rancho de un anciano indio amigo de aquellos niños. Pero la gente, con esa
proverbial capacidad y autoridad para otorgar valores determinados a la obra de otros hombres, la consagró
como una alta alabanza a los senderos que recorrió a pié el indio de esta América nuestra.

É un dos clásicos do noso repertorio, e destaca pola sua nostálxica e cálida sinxelez, que sempre recebe os aplausos atentos do público. Como se pode conferir, nós non interpretamos toda a letra original (as estrofas e versos en vermello) e mudamos o verso "besaron tus piedras" por "secaron tus piedras" (palabra en azul).


LETRA ORIXINAL


NOTAS
Colla [ou coya] (arx.): indio ou mestizo e por estensión morador das provincias arxentinas de Jujuy e Salta. Sembrao (arx.): sembrado. Pachamama ou Pacha Mama (quechua): Nai Terra. Quena: frauta indíxena. Chola: muller indíxena ou mestiza. Baguala: canción popular que soe cantarse en roda, con acompañamento de caixa ou tambor.
Notas tiradas de aquí ou aquí.

A NOSA VERSIÓN


Diversas fontes: letras - cancioneros - coveralia - cmtv

PARTITURA

Scribd - http://pt.scribd.com/doc/77241421/Camino-Del-Indio
PDF - http://corovocalis.files.wordpress.com/2012/12/camino-del-indio-corregido-letra.pdf
PDF - http://www.fileden.com/files/2012/7/7/3323580/111indio.pdf

VIDEO


Unha versión antiga de noso [setembro 2007], gravada en precarias condicións, nesta postaxe.

OUTRAS LIGAZÓNS

Fundación Atahualpa Yupanquihttp://www.atahualpayupanqui.org.ar/ata-bio.html




segunda-feira, 6 de maio de 2013

Entrevista á compañeira coralista Olga Sande Rumbo


Olga Sande Rumbo é coralista case fundadora da Coral Santa María de Cambre, na corda de soprano desde o seu ingreso en 1999. Ela e o seu home son dos mais activos en plasmar fotograficamente as actividades da Coral. Coa sua habitual simpatia non tivo inconvinte en responder as nosas preguntas.


Onde decorreu a túa infancia?

A miña infancia transcorreu en Vilaboa, vila á que teño moito cariño.

A que te dedicaches na túa vida laboral?

Foi un poco variada, aínda que principalmente traballei na confeción.

Festival de Santa Cecilia, Padrón - 17 novembro 2012

 Desde cando moras en Cambre?

Dende hai 21 anos.

En que actividades sociais participas alén do Coro?

Nestes momentos practico Ioga.


ORIXE DOS APELIDOS
Cartografía dos Apelidos de Galicia - Instituto da Lingua Galega - USC


   Distribución de "Sande"                            Distribución de "Rumbo"

Frecuencia relativa (e probábel orixe) dos apelidos "Sande" e "Rumbo" segundo o mapa de apelidos do Instituto Galego da Língua da Universidade de Santiago de Compostela. O primeiro, probabelmente de orixe xermánica. predomina especialmente nos concellos de Muros e Negreira. Na Galiza há varios locais chamados Sante/Sande (procedendo o último dun enxordecemento do primeiro). "Rumbo" ten o foco principal no concello de Culleredo, onde terá orixe no lugar de Rumbo, parroquia de Celas.
  

Que te motivou para entrares na Coral?

As miñas inquedanzas por facer cousas e mais tamén porque gosto de cantar.

Que pensa a túa familia da túa implicación no Coro?

Por veces sinto que están ao meu carón, e outras que supoe un pequeno incordio por impedir que pase máis momentos coa familia.



Acima á esquerda, preparándose para o espectáculo de zarzuela en Arteixo, febreiro 2013. 
Á direita, acompañada de Marién, Ramón, Rosalía e Alberto na mesma actuación.
Abaixo á esquerda, rodeada do grupo nunha representación de zarzuela en Cecebre, agosto 2012.
Á direita, interpretandos "Los nardos" en Arteixo.



Tiñas algún tipo de experiencía musical?

Non, experiencia musical non tiña.

Que é do que mais gostas das actividades que desenvolvedes?

Pois gosto moito de fotografar a Coral, pero sobre todo cantar.

Cres que as actividades da Coral receben suficiente recoñecimento e apoio institucionais?

Non, nunca é suficiente o apoio das institucións, porque sempre hai cousas que facer. Por iso creo que debemos estar sempre dispostos a colaborar coa directiva.


Á esquerda, co seu home na celebración do XII Aniversario da Coral - 2 outubro 2010.
Á direita, fotografada pola autora do blogue depois do concerto en Padrón - 17 novembro 2012.





sexta-feira, 3 de maio de 2013

2001 Decembro - Festival de Panxoliñas en Carral


XI Festival de Panxoliñas
Nadal Cultural e Deportivo

Igrexa de Santo Estevo de Paleo
Sábado, 8 de decembro (?)

Corais participantes

[...]
Coral Polifónica Santa María de Cambre
[...] 
Igrexa de Santo Estevo de Paleo
Fonte Wikipedia

Grazas a información dos agasallos pudemos recuperar esta actuación da nosa coral no Festival de Panxoliñas . aínda vigorante, que se celebraba dentro do programa Natal Cultural e Desportivo organizado pola Concellaría de Cultura do Concello de Carral. Supoñemos que o acto decorreu na igrexa parroquial, como até há pouco, pois agora parece que se deslocou para o edificio Toñito Pereira, mudando mesmo o nome do encontro. Ignoramos a data e mais aínda as outras corais participantes.

AGASALLO DOS ORGANIZADORES

XI Nadal Cultural e Deportivo

Festival de Panxoliñas

Nadal 2001
Concellería de Cultura
Carral Concello