Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

quarta-feira, 27 de novembro de 2013

Imaxes da xornada en Ribeira


Cumprindo co prometido publicamos algunhas das fotografías da xuntanza de confraternización da xornada do sábado 23 en Ribeira. Como sempre, foi un momento de humor e cordialidade, a mellor chave de ouro para unha experiencia muito gratificante, como foi compartir cenario cos compañeiros da Coral do Círculo Mercantil de Ribeira, ou Riveira, como gostan de escrever eles. Gente, como toda a de porto de mar, alegre e muito acolledora.


Maruja, catequista vendendo lotaria, Elisa e Teresa - Luisa, Pepe e Guillermina

 Pirri coa sua dona - Mari e Ana

Antonia, Luis e Alfredo - Chus e Lola

Na sesión non faltaron os cantos e as bromas, recordos e proxectos compartidos. Todo iso acompañado de saborosos petiscos e viños de país. Aínda que achamos en falta un café quentiño para descontrairnos perante a viaxe de volta. 

Luisa cun admirador do coro e con Rosalía

Antonia, Luis, Juan, Toñi, Rosalía, Sol e Guillermina

Delfina e acompañante - Marido de Toñi, Pepe, Pedro e Gesto ao fundo

Rosalía con Elisa e Teresa

domingo, 24 de novembro de 2013

Actuación no Encontro de Música Coral de Ribeira


ENCONTRO DE MÚSICA CORAL

Igrexa de Santa Uxía de Ribeira
Sábado 23 de novembro

Corais participantes

CP Santa María de Cambre
CP do Círculo Mercantil e Industrial de Ribeira

Igrexa parroquial de Santa Uxia de Ribeira
Fonte: Panoramio

CRÓNICA

Por diversos motivos, a Coral acometeu o novo compromiso seriamente diezmada. Saimos para Ribeira ben pasadas as seis da tarde, polo que cando chegamos, hora e media despois, era noite pecha. Estacionamos no porto e fumos camiñando para un local de Cáritas, locado ao carón da igrexa, onde nos mudar e aquencer a voz. As estreitas ruelas do que fica da vella Ribeira mariñeira protexéronnos do vento frío que zoaba por toda parte.

A igrexa parroquial (turgalicia - arousa-norte) é grande e muito linda. Colocámonos diante do altar e do belo retábulo que fecha a cabeceira da nave. Interpretamos seis temas que foron calidamente acollidos polo público que enchía as bancadas, entre os cais xa adiantamos algunha peza do Natal, como "Por los caminitos", "¿Qué sonajero daré?", con unha estrofa de mais da nosa autoría, e "Ven, niño, ven". De seguido actuou a coral anfitriona, unha das corais coruñesas cunha traxectoria mais comprida, como se pode ler na apresentación que figura no folleto do acto. Tamén eles interpretaron seis temas, sobresaíndo especialmente "Unha noite na eira do trigo", "Golondrina", "Ala, a medianoite" e "Va pensiero", que foron muito aplaudidos polo público presente.

Ao concluir o acto, e tras a gentil entrega do obsequio, fumos ao comedor do Centro Social onde nos esperaban uns peticos e un tempinho de parolada.

FOLLETO DO ENCONTRO



FOTOGRAFIAS ANTIGAS

Praza de Outeiro Goians, ca. 1979 - Peirao de Ribeira coa igrexa ao fundo.
A fotografia mais vella das coñecidas, ca. 1880-1890. Fonte: riveira.eu

FOTOGRAFIAS DA XORNADA

Dous momentos da nosa actuación no interior da igrexa de Ribeira

As duas corais participantes. Para a direita, a coral anfitroa

Perspectiva desde a entrada e entrega do agasallo á nosa directora perante os anfitrions

LOCALIZACIÓN
       
Ver Riveira- Casco Urbano nun mapa máis grande





AGASALLO DOS ORGANIZADORES

Coral C. Mercantil de Riveira
Coral Sta Mª de Cambre
24 11 2013

domingo, 17 de novembro de 2013

2005 Agosto - Participación no Festival de Habaneras de Santa Margarida



XXI ENCONTROS DE CORAIS

Auditorio do Parque de Santa Margarita
Semana do 1 ao 7 de agosto [?]

Corais participantes

[...]
Coral Polifónica Santa María de Cambre
[...]

COMENTARIO

Unha actuación mais cuxa memoria recuperamos grazas á información contida nos agasallos, desta vez correspondentes ao XXI Encontros de Corais das Festas de María Pita. Non pudemos encontrar mais información na rede.




AGASALLO DOS ORGANIZADORES



XXI ENCONTROS DE HABANERAS
CIDADE DA CORUÑA
EXCMO. CONCELLO
FESTAS MARÍA PITA 2005




A lexenda é a mesma nas dúas placas. Non nos sentimos vinculados pola ignorancia, desleixo ou indiferenza das autoridades coruñesas pola língua do país, polo que non respetamos a língua orixinal que, en todo caso, se pode apreciar ao premer sobre as fotografías.


domingo, 10 de novembro de 2013

O noso repertorio: "Bullerengue"


Jorge Artel
Título: Bullerengue
Letra: Jorge Artel
Música: Popular / José Antonio Rincón
Ano: Meados s. XX
Arranxo: José Antonio Rincón
Xénero: Bullarengue ou bullerengue
País: Colombia

COMENTARIO

O bullerengue é un ar típico de ascendencia africana, propio da costa atlántica colombiana e do sur de Panamá. En Colombia a palabra significa "pollerón" ou "pollera" (prenda que usaron as mulleres para dar ás cadeiras aparencia volumiosa), encuanto en Panamá se entende que vem da unión de "bulla" e "arenga", ou sexa, "bullarenga". A letra da nosa interpretación é unha versión do poema "Bullerengue" do libro Tambores en la noche (1940) do poeta colombiano Jorge Artel (1909-1994). Se ben nalgures atribúese a un tal Jorge Salas... 

Interpretamos a peza en dous dos nosos aniversarios, a última vez en 2012. Trátase dun tema que há que interpretar en movemento, animosamente e marcando co corpo o seu insistente e cadencioso ritmo.

LETRA


PARTITURA [...]

VIDEO [...]

LIGAZONS

Apresentación: (tema) mayflowerchorus - (xénero) wikipedia - colombiaaprende
Libro: Tambores en la noche (1940) - Ficha PDF
Letra (outras versións): mundopoesia - a.c. accento pdf
Audio: Canto tradicional Panamá (Provincia de Darién)

sábado, 9 de novembro de 2013

2003 Xuño - Encontro de Habaneras en Dorneda


Pista Polideportiva Rialta, Dorneda, Oleiros
III ENCONTRO DE HABANERAS

Polideportiva de Rialta, Dorneda
14 Xuño? 2003

Corais participantes

[...]                                                            
CP Santa María de Cambre
[...]

COMENTARIO

Mais outra actuación que recuperamos grazas á información dos agasallos. Desta vez trátase da nosa participación, por segundo ano consecutivo, no Encontro de Habaneras que decorre na parroquia oleirense de Dorneda. Neste momento non dispomos de máis información polo que non podemos acrescentar os nomes das outras corais participantes, aínda que podemos supor que nos acompañaron. como na edición anterior, as tres corais oleirenses existente naquela altura: Coral Lembranzas da S.C.R. Amigos de Lorbé, Coro de Oleiros e Coral Polifónica Lembranzas de Santa Cruz.



AGASALLO DOS ORGANIZADORES


III ENCONTRO HABANERAS
DORNEDA 2003


terça-feira, 5 de novembro de 2013

2010 Decembro - Actuación no IV Festival de Vilancicos de Abegondo


IV ENCONTRO DE CORAIS E VILANCICOS DE ABEGONDO

Local Social de Mabegondo
Domingo 26 de decembro

Corais participantes

Coral O Adro de Bribes
Coral Polifónica Santa María de Cambre
Coro Parroquial de Sigrás                    
Coro Lugar da Lúa de Lubre                                                              Local Social de Mabegondo
Coral de Guísamo
Coral de Coirós
Coro Municipal da Terceira Idade de Abegondo
Coro Parroquial de San Tirso

CRÓNICA

Outra información que recuperamos grazas á información dos agasallos. En decembro de 2010 voltamos ao concello de Abegondo para participar xunto con agrupacións dos concellos de Oleiros, Cambre, Bergondo, Abegondo e Coirós no IV Festival de Panxoliñas que decorreu no Local Social de Mabegondo, locado ao carón da igrexa parroquial de San Tirso, a partir das cinco da tarde.

O evento, organizado polos párrocos de Abegondo coa colaboración do Fogar de Santa Margarida e o Concello, contou coa presenza agarimosa dun Belén vivente de cativos xa tradicional no concello. Após o remate do concerto todos os asistentes brindaron polo Natal para deseguido degustaren produtos típicos dessas datas.   

LIGAZONS

EN LA OPINIÓN DA CORUÑA: 26 e 27 de dezembro
NA PÁGINA DO CONCELLO DE ABEGONDO


AGASALLO DOS ORGANIZADORES

EN AGRADECEMENTO Á / CORAL DE CAMBRE
POLA SUA PARTICIPACIÓN NO / 
IV FESTIVAL DE VILANCICOS

PARROQUIAS DE ABEGONDO / 2010 *


* Lexenda en castelán no orixinal

domingo, 3 de novembro de 2013

2010 Decembro - Celebración do "Día Internacional do Voluntariado" nos Xardíns de Méndez Núñez


DIA INTERNACIONAL DO VOLUNTARIADO
Carpa nos Xardins Méndez Núñez, Cruña
Sábado, 11 de decembro





CRÓNICA

Outra actuación cuxa lembranza recuperamos grazas á información (escasa neste caso) fornecida polos agasallos. Parece, segundo información apañada de LAOPINIÓN, que a Plataforma Coruñesa do Voluntariado organizara unha semana de actividades para celebrar o Día Internacional do Voluntariado (6 de decembro). Nós actuamos despois da actuación dun grupo de rock mixto. O doce calorciño do chocolate con churros con que nos obsequiaron animou a nosa actuación nun frío entardecer de inverno.

Sobre o Día Internacional do Voluntariado: Wikipedia



AGASALLO DOS ORGANIZADORES

Plataforma Coruñesa do Voluntariado