Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

terça-feira, 30 de julho de 2013

Éxito rotundo do espectáculo de zarzuela en Cambre


ESPECTÁCULO "VIVA LA ZARZUELA"

Auditorio do Parque da Igrexa
Sábado 6 de xullo

Mezzosoprano: Mª Jose Ladra
Pianista: Zita Tanasescu
Dirección: Luisa Armesto



PROGRAMA DO ESPECTÁCULO



CRÓNICA DA XORNADA

O sábado 6 de xullo foi un espléndido día de verán que muita xente aproveitou para achegarse às praias dos viciños concellos de Oleiros e Sada. Ainda o calor non remitira cando un público relaxado pola xornada praieira foi ocupando as grades do auditorio. Após os preceptivos ensaios comezamos pontualmente a representación da nosa antoloxía de zarzuela.

Ao estar ausente o narrador, cada peza foi apresentada por un coralista. Todos os quince temas foron desfrutados e agradecidos polo público animoso que enchía o auditorio. Mas poderíamos salientar o "Coro de doctores" de El rey que rabió e "Las ratas" de La Gran Vía, como os temas que mais levantaram o entusiasmo do espectadores. De todos os pontos se vían os flashes das cámaras que intentaban captar un momento do corido espectáculo. 

Cantando "Viva Madrid que sí, que sí, que sí"
coro xeral de Don Manolito. Fonte: Facebook Concello de Cambre

Ao final, despois de dúas horas de representación. parte do público, entre o cal o alcalde, incitado pola directora, sobiu ao cenario para bailar, co acompañamento coral de todos os presentes, o bis do passacaglia "Los nardos", de Las Leandras. 

Interpretando "Dónde estarán nuestros mozos"
un dos coros xerais de La del Soto del Parral.

O público despedíunos con aplausos e parabéns até que nos retiramos para os camarins, onde unha compañeira sofreu un lixeira percalzo, ao cair por tropezar nun meio-fio mal iluminado. Despois de atendela nos retiramos aos nosos lares para desfrutar do merecido descanso. 




segunda-feira, 29 de julho de 2013

Suspensión do Festival de Cedeira



O XXV Festival de Corais "Vila de Cedeira", no que íamos participar o pasado sábado, foi suspendido en sinal de dó polas vítimas do accidente ferroviario de Angrois, Compostela, acontecido na cuarta-feira 24 de xullo. O balanzo provisional nesta segunda-feira ascende a 79 falecidos e 70 feridos ingresados nos hospitais.

Deste blogue sumámonos ao pesar colectivo polas vitimas mortais e desexamos unha pronta recuperación dos feridos.




quarta-feira, 24 de julho de 2013

Próxima actuación da Coral no Festival de Cedeira


Cartaz do XXV Festival de Corais
"Vila de Cedeira" Fonte: Novas Cedeira
Este sábado 27 de xullo actuamos no XXV Festival de Corais "Vila de Cedeira". No acto, que decorrerá no Auditorio Municipal a partir das 21:00 horas, tamén participan as corais polifónicas de Cesullas (Cabana de Bergantiños) e de Foz, xunto a anfitroa Eixil.

Alén diso, neste momento as outras actuacións concertadas pola Coral, son as que seguen:

     9 de agosto...... Festival de Habaneras en Coruña.
     16 de agosto.... Festival de Polifonía e Habaneras de Cambre.
     5 de outubro.... Aniversario da Coral en Cecebre.
     26 de outubro.. Actuación en Fontán-Sada.


sábado, 20 de julho de 2013

2005 Novembro - VII Aniversario


VII ANIVERSARIO DA CP SANTA MARÍA

Teatro da Xuventude, Cecebre
Sábado, 5 de novembro

Corais participantes

[...]
Coral Polifónica Santa María de Cambre



COMENTARIO

Da celebración do noso sétimo aniversario no ano 2005 apenas temos un exemplo do agasallo commemorativo que entregamos ás corais convidadas. Ignoramos de que ano é a fotografía promocional de cima.



AGASALLO DO ACTO

CORAL SANTA MARÍA
VII ANIVERSARIO
C AMBRE 5-11-2005

terça-feira, 16 de julho de 2013

2005 Agosto - X Aniversario da Coral 'O Adro' de Bribes


Igrexa de San Ciprián de Bribes - Wikipedia
X ANIVERSARIO DA CORAL 'O ADRO' DE BRIBES


Polidesportivo de Bribes
Sábado, 20 de agosto

Corais participantes

Coral Santa María de Cambre
Coral de Cecebre
Coral 'O Adro' de Bribes


COMENTARIO

Coa coral irmá "O Adro" de Bribes temos participado muitas veces nos festivais de verán e inverno que organiza o Concello, e tivemos a honra de ser convidados à celebración do seu X Aniversario xunto os viciños de Cecebre, o 20 de agosto de 2005 ás sete da tarde. Lamentamos non ter mais información sobre o acto alén do agasallo e unha breve nota de imprensa en La Voz de Galicia, onde confirmamos os dados referidos. Voltaríamos a ser convidados para a celebración do XI Aniversario.



AGASALLO DOS ORGANIZADORES

X Aniversario
Coral O Adro de Bribes a
Coral Santa María de Cambre
20 de Agosto de 2005




sábado, 13 de julho de 2013

2005 Maio - Evento musical na O.N.C.E


EVENTO ORGANIZADO POLA ONCE DA GALIZA

Salón de Actos da Sede da ONCE na Coruña.
Segunda-feira, 20 de maio

Corais participantes

Coral Polifónica Santa María de Cambre
Coral Breogán da ONCE - D.T. Galicia


COMENTARIO

Grazas ao agasallo con que nos apresentaron os organizadores recuperamos a lembranza da nosa participación xunto co Coro Breogán nun evento da Organización Nacional de Ciegos de España (ONCE) en maio de 2005. Na altura Luisa Armesto era a directora musical de ambas as dúas corais. 


AGASALLO DOS ORGANIZADORES

  A CORAL POLIFÓNICA
STA MARÍA DE CAMBRE
      O.N.C.E. D.T. GALICIA
                      20-5-2005

quinta-feira, 11 de julho de 2013

O noso repertorio: "¿Qué sonajero daré?"


Título: "¿Qué sonajero daré?"
Letra: Juan Sandoval Vicente
Música: José Sandoval Bernal
Ano: ca. 1945
Arranxo: Marcelo Beltrán Romero
Xénero: Vilancico
País: Murcia - España

Belén municipal de Molina de Segura
2010-2011 - Fonte


COMENTARIO

Composición dos cartazes das XV e XVI
edicións do Certamen Coral Villancicos
de Molina de Segura, Murcia. Fonte

Esta peza, pertencente á colección de vilancicos compostos polos Sandoval, familia de músicos eclesiásticos de Molina de Segura, forma parte do repertorio musical natalino desa cidade murciana. O autor da música, José Sandoval Bernal (1900-1967), industrial de profesión, foi compositor dun alargado abano de obras musicais. É un tema obrigado no Certamen Coral Villancicos de Molina (XV 2011; XVI 2012).

En outubro de 2012 comezamos os ensaios para interpretala no Festival de Melide, mas, apesar de o tema gostar muito e ser cómodo de interpretar, non o cantamos nen en Melide nen en Cambre. A directora solicitoume que mudara a última estrofe da letra para lle dar mais variedade. Esta foi a miña proposta:

    
                    Llena la noche de estrellas / brillan con grandes destellos,
                    ilumina la luna la cuna / en que juega un sonajero
                    luna que contenta baila / sobre montes y veleros
                    y acompaña a José y María / mirando al niño sonriendo.
    

LETRA

        


Outras versións da letra: aquí e aquí.

PARTITURA

c-m.ediciones PDF - http://www.choralmidisdigest.com PDF 

VIDEO

[...]

LIGAZÓNS

Belén municipal de Molina de Segura (con video) [2010-11]
Ficha sobre José Sandoval Bernal no Archivo General Región de Murcia