Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

quinta-feira, 21 de fevereiro de 2013

O espectáculo "Viva la Zarzuela" en Arteixo


ESPECTÁCULO "VIVA LA ZARZUELA"

Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo
Venres 15 de febrero

Mezzosoprano: Mª Jose Ladra
Pianista: Zita Tanasescu
Dirección: Luisa Armesto


PROGRAMA DO CONCERTO



CRÓNICA DA XORNADA

Despois de varios días de chuvia el sol tornou a brillar con renovado brío como preludio dunha intensa xornada festiva. A pontualidade dos coralistas permitiu que o autocar saise sen demora a primeira hora da tarde. Após un breve e cómodo percorrido polos últimos quilómetros da A6 chegamos a Arteixo pouco antes das cinco, a hora que tiñamos reservada para aceder ao Centro Cívico  Cultural, situado no meio do parque situado, á súa vez, no meio da vila. Entramos, pois, no edificio e levamos a equipaxe para os camarins. No camiño atravesamos o teatro e pudimos apreciar a perspectiva da platea co cenario ao fundo, xa decorado con abanos e mantóns iluminados por farolas elegantemente dispostas cuxos xogos de luces realzarían os diversos momentos da nosa interpretación.

      O cenario do mais alto da plateia          ·         De conversa un pouco antes dos ensaios

Voltamos axiña para realizar os ensaios previos e mais de dúas horas despois saimos a descansar e tomar un café encanto esperábamos a hora da actuación. O sol aínda facía sentir a súa presenza mentres paseábamos polo paseio fluvial ateigado naquela hora por unha multitude de xente que desfrutaba das últimas horas de claridade dun día de inverno. Gostamos da moderna igrexa e das altas árbores de ribeira, e do fundo azulado do balneario, que semellaba un anaco de ceu á altura dos cativos.


Conversando ante a plateia - Nos camarins - Vistas da contorna do Centro Cívico de Arteixo
(Fonte: La Opinión - Eixo-R)

Aínda tivemos un bon tempo para parolar relaxados antes de tornarmos aos camerinos para nos engalanar co noso colorido vestuario. Listas para comezar pédennos silencio: está a televisión entrevistando à directora... 

[Img #20666]
Entrevista para a imprensa local (Fonte: El Noticiero de Arteixo)


Video coa entrevista e tres pezas de Zarzuela da representación en Arteixo:
m. 10:10 "Mazurca" (El último romántico) - m. 14.35 "El chotis del Elisedo" (La Gran Vía)
- m. 20:35 "Pasacalle los nardos" (Las Leandras)   


A representación comezou pontualmente. A bondade da tarde non favoreceu a presenza do público, que ocupaba a metade do aforo. Só o entusiasmo que mostrou a cada momento nos regatou do incipiente desánimo despois do grande suceso que tivéramos en Betanzos. Fóra disso a representación foi tamén nesta ocasión un grande éxito, e na repetición de "los nardos" que oferecimos como propina o público en pé nos acompañou verdadeiramente "enardecido".


"Dichoso aquel que tiene" (Marina) - "Esta mañana mu tempranico" (La rosa del azafrán) -
"Marcha de los soldados de Kazán" (Katiuska) - "Viva Madrid, que sí..." (Don Manolito)

Depois de tanta intensidade, o público e nós mesmos deixamos o teatro con notoria preguiza, como se aínda se agardase algo con insatisfeita incredulidade pola satisfacción da xornada. É claro que enchimos, se non superamos, as expectativas dos mais dos asistentes. Nós, como case sempre, concluimos a sesión rebosando alegría contentos polo resultado do noso esforzo.



"Coro de doctores" (El rey que rabió) - "Pasacalle los nardos" (Las Leandras) -
"Mazurca" (El último romántico) - "Los ratas" (La Gran Vía) -
Saúdos após interpretarmos "El chotis del Elisedo" (La Gran Vía)

 Saúdo final

Sem comentários:

Enviar um comentário