Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

terça-feira, 2 de abril de 2013

Entrevista a Sinda Mosquera Aradas, encarregada de vestiario da CP Santa María de Cambre


Sinda Mosquera Aradas, viciña de Cambre desde há mais de trinta anos, é membro fundador da Coral Santa María de Cambre e encarregada de vestiario desde 2011. Muller cunha grande disposición de traballo, é unha activa participante na vida asociativa do concello.



Onde decorreu a túa infancia?

Na provincia da Coruña.

A que te dedicaches na túa vida laboral?

Fun modista.

Es nativa ou desde cando moras en Cambre?

Moro en Cambre desde 1980.

En que actividades sociais participas alén do Coro?

Participo na asociación de Amas de casa de Cambre.



ORIXE DOS APELIDOS
Cartografía dos Apelidos de Galicia - Instituto da Lingua Galega - USC

  
Distribución de "Mosquera"                   -                   Distribución de "Aradas"

Frecuencia relativa (e probábel orixe) dos apelidos "Mosquera" (esquerda), cuxa forma correcta "Mosqueira" (ver MAPA) está case desaparecida polo proceso de castellanización da Galiza, e "Aradas" (direita) segundo o mapa de apelidos do Instituto Galego da Língua da Universidade de Santiago de Compostela. "Mosqueira", segundo o utilísimo Dicionario de dicionarios - Corpus lexicográfico da lingua galega (das mesmas institucións), alén da sua obvia relación coas moscas, significa un tipo de erba (alguns sosteñen que se refire a un lugar onde abundan os bordos, cast. arces). En francés medieval a abella era "mouche à miel". Estará relacionado etimoloxicamente co apelidos "Moscoso". "Aradas", segundo o mesmo recurso, significa porción de terra labrada (cf. agra, bouza, seara, etc.).


Agardando o momento no Festival de Polifonía e Habaneras
Parque da Igrexa, Cambre, xullo 2011: a quinta da direita

Que te motivou para entrares na Coral?

Porque me gusta cantar e relacionarme coa xente.

Que pensa a túa familia da túa implicación no Coro?

Parécelles ben.

Tiñas algún tipo de experiencia músical?

Experiencia musical non tiña.

Que é do que mais gostas das actividades que desenvolvedes?

Interpretar a zarzuela.

Con saia azul, en dous momento do espectáculo de Zarzuela. No Teatro de Xuventude de Cecebre,
agosto 2012 (esquerda) e no Centro Cultural Francisco Llorens de Fontán, outubro de 2012 (direita) 

Como levas a túa labor como responsábel de vestiario, ocupa moito do teu tempo?

Fago con gusto e non me ocupa muito tempo.

Cres que as actividades da Coral receben suficiente recoñocemento e apoio institucionais?

Non muito.


OS MEUS FAVORITOS


      Afección favorita (alén da música): A leitura.

      Prato favorito: Lacón con grelos.

      Libro favorito: Os pilares da terra / The pillars of the earth (1989) 

      Filme preferido: Lo que el viento se llevó / Gone with the wind (1939)

      Unha viaxe especial: Visitar Valencia durante as fallas.

      Xénero musical preferido: As habaneras.


      Canción favorita: "Velai vai".





Sem comentários:

Enviar um comentário