Cartaz do IV Certame (2012) |
Sábado 4 de maio actuaremos por primeira vez en Camariñas, na primeira fase do V Certame de Corais da Costa da Morte [información da IV edición] organizado pola asociación Neria. A segunda fase celebrarase en Baio no mes de outubro. Serán cinco as agrupacións corais, mormente da Costa, que actuarán na Casa da Pedra a partir das oito do serán. Lá encontrarémonos de novo [anuncio e crónica do XIV Aniversario no que foron convidadas] coa Coral Municipal de Mulleres de Camariñas, que fecharán o encontro en calidade de anfitrioas. Este ano cada coro participante cantará cinco temas, dos que polo menos un deberá ser en galego. Nós estamos ensaiando para a ocasión "A bolboreta", "Terra Meiga", "A vella chalana", "Barcarola" e "Jardín de ensueño".
De resto, as actuacións concertadas pola Coral, xa anunciadas na postaxe de 28 de marzo, serán:
29 de xuño: Festas do San Xoan en Carballo.
27 de xullo: Cedeira.
26 de outubro: Espectáculo de zarzuela na Casa da Cultura Pintor Francisco Llorens, Fontán (Sada).
Sem comentários:
Enviar um comentário