MISA DE VODA
Igrexa de Santa María de Cambre
Sábado, 14 xullo
CRÓNICA DA XORNADA
O pasado verán a Coral participou na celebración da voda da filla dunha coralista, Manola Otero Martínez. A hora da cerimonia, as 13:00 horas, era moito apurada para nosoutras, mas a boa organización e disposición das compañeiros fixo posíbel que mesmo tivésemos tempo para aquencer as voces e prepararnos ben para o canto.
Como um coro da vella Grecia asistimos ao espectáculo que se foi ritualizando nos últimos tempos. A chegada dos convidados a unha igrexa de cuxa nave central, adornada con ramos de flores brancas, penduraban as lámparas que iluminaban o percorrido dos noivos para o altar mentres soava maxestosa a Marcha Nupcial.
Nós acompañamos cos nosos cantos toda a ceremonia, cuxo momento mais intenso foi a interpetación durante a comuñón do canto tradicional hebreu "Vinde a min" ["Venid a mí"].
Finalizado o acto apresurámosnos a darlles os parabéns, que foron recíprocos por parte da madriña e os noivos, e retirámosnos para podermos xantar nos nosos fogares.
Sem comentários:
Enviar um comentário