A costiña de Canedo é unha encosta de dous quilómetros de cumprimento que sube dos 110 metros até aos 385, cun desnível meio de 11,5 (ou 13,7), chegando en tramos ao 19 % [ver foto · fonte] (ou 21).
Situada na parroquia de San Miguel de Canedo (pertencente ao antigo concello de Canedo, adscrito ao de Ourense en 1944), a encosta desce pola aba do Miño e comunica as chairas de Amoeiro co val e a ola ourensá. Seguramente era muito percorrida polos aldeáns que baixaban para asistir a feiras e festas. Esas viaxens que ocupaban todo o dia, cando non se estendían por varias xornadas, podían ser unha oportunidade para coñecer xente nova ou dar un paso alén nas amizades habituais.
Da encosta, e desas aventuras, fala a copla central do "Alalá de Canedo". A referencia escrita mais antiga que coñezo aparece na Colección de cantares galegos de José Casal Lois (recompilados de 1866 a 1869), editada por Domingo Blanco en 2000 [PDF - SCRIBD]: Ô subila y-ó baixala / á costiña de Canedo, / ó subila y-ó baixala / perdin á cinta d'ó pelo. Consignando as variantes: C1: A subida é á baixada / Da costa de Carracedo; / A subida é á baixada / Caeum’a cinta do pelo; C2: = C1 agás Caieum’a, v. 4. Este Carracedo parece ser o de Caldas de Reis.
Nunha revista do Centro Social de Betanzos en Buenos Aires (o link on abre, polo que non podemos corroborar e concretizar os dados), que a cualifica de "rancio canto folklórico": O subila y-o baixala / a costiña de Canedo, / o subila y-o baixala / perdin-a trenza d'o pelo. Abaixo en Letras consignamos as variantes de [2] Cuntis (Marcos Seixo), [3] Leiro-Miño (Paz) e [4] Caldas de Reis (Blanco).
Parece claro que a copla fala da perda da virxinidade, o que é visto como unha 'falta' leviá (caiu), mais circunstancial, ou grave (perdeu), mais definitiva. Haberá rapazas que percan habitualmente a cinta do cabelo, en canto as mulleres adultas xa a perderan para sempre. As outras dúas coplas da versión mais divulgada falan do momento complementario do despeito (a traición e o esquecimento). Outra variante enfatiza mais a intensidade do acontecido: a cinta recolle o cabelo, polo que sen ela se ceiba, ou fecha unha tranza, que asinala menos disposición de partida, mais irreversibilidade e maior trasego no acontecido.
Fica ambigua a interpretación da copla: foi de tanto subir e baixar que perdeu a cita? nunha desas viaxes sen especificar o momento (de subida ou descida)? nos dous momentos da viaxe (tanto ao subir como ao baixar). Por outra parte, parecería lóxico que, se os que mais utilizan a encosta son os que baixan dos Chaos de Amoeiro (mais interesados en deslocarse para Ourense que viceversa), o verso dixese "Ao baixala e ao subila".

O temá e habitual nas corais ourensás, como a do Orfeón Unión Orensana, que o inclúe no seu primeiro LP (Galicia, 1980) [imaxe á direita de todo colección], a Coral de Ruada, que tamén a publicou en disco (Sempre De Ruada, 2005), ou a Coral do Liceu de Ourense, que interpreta na harmonización de G. Salgado Valdés.
O grupo folk Beladona inclúe o "Alalá de Canedo", interpretado pola cantora Elena Paz, no disco colectivo Para brincar no rueiro (1995), que se pode escutar en Grooveshark. A interpretación comeza co segundo verso da copla e conclúe coa primeira.
Recentemente a nosa Coral incluiu no seu repertorio a "Foliada de Canedo", que seguramente fai referencia ao mesmo lugar (parroquia ou concello).
Recentemente a nosa Coral incluiu no seu repertorio a "Foliada de Canedo", que seguramente fai referencia ao mesmo lugar (parroquia ou concello).
LETRA
[1] A subila e baixala / a costiña de Canedo;
a subila e baixala / perdín a cinta do pelo.
Anda tí, falso e refalso / falso che volvo a decir
o día que me vendeches / canto che deron por min?
A tua color se volva / da cinta do meu sombreiro
que tan pronto m'olvidache / por ser o amor primeiro.
[2] A subila e a baixala / a costa da Carrachán;
a subila e a baixala / perdín o anel da man.

A subila e a baixala / a costa de Rebordelo;
a subila e a baixala, / perdín a cinta do pelo.[3] A subila e a baixala / a costa de Viadeiro
A subila e a baixala / perdín o meu cinguideiro.
[4] Á subida e á baixada / da costa de Carracedo,
á subida e á baixada / caeume a cinta do pelo.
PARTITURA
DISCOGRAFÍA
Orfeón Unión Orensana, Galicia (LP), 1980 · Fonte: Galiza en música
Ardentía - Beladona - Crema De Gaita, Para brincar no rueiro (CD), 1995 · Fonte: Galiza en música
Coral de Ruada, Sempre de Ruada (CD), 2005 · Fonte: Coral de Ruada
Coral de Ruada, Sempre de Ruada (CD), 2005 · Fonte: Coral de Ruada
Beladona · Fonte: Ghastas pista
LIGAZÓNS E BIBLIOGRAFÍA
Subida de Canedos (dados e localización) - Catenacycling
Rúa Costiña de Canedo - Rueiro de Ourense
Subida á Costiña de Canedo - LaVozDeGalicia
Fotografia do cabezallo - motostrail / Fotografias - apmforo
Versións
Letra, Partitura, Audio - Galego 21 - Ravachol
Olga Camafeita, Proxecto - ISSUU
(Festas) - Centro Social de Betanzos en Buenos Aires - Hemeroteca de Betanzos - PDF
Domingo Blanco, A poesía popular en Galicia, (Vigo 1992), vol.1.
José Casal Lois e Domingo Blanco (ed.), Colección de cantares gallegos - Google Books - PDF
L. Bouza Brei e F. Bouza Brei, "Concioneiro das ribeiras do Tea", Nós, Ouresne 15-3-1929, nº 29.
X. Paz Fernández, Nas beiras do Eume, Pontedeume 1998.
Marcos Seixo Pastor, "As rúas no concello de Cuntis. As coplas populares e a toponimia", A Taboada II, decembro de 2000 - PDF
Beladona
Para brincar no rueiro (1995) · Galiza en música
Bicos de Sol (1999) · Vigo Folk - Ghastas pistas - Youtube
Sem comentários:
Enviar um comentário