Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

quinta-feira, 25 de setembro de 2014

Actuación no Encontro de Corais de Corcubión


XV ENCONTRO DE CORAIS · MEMORIAL ANDÚJAR
Casa da Cultura
Domingo, 21setembro 

CORAIS PARTICIPANTES

Coral Virxe da Barca de Muxía
Coral Santa María de Cambre
Coral Airiños de Quenxe




PROGRAMA DE MAN



BREVE CRÓNICA

Mais dun decenio despois, voltamos até a vila de Corcubión, perto da Costa de Morte, onde fumos obxecto dunha acollida e una atención prestas e amábeis, tanto polos represantes da coral anfitroa como polo alcalde e outros membros do Concello. Partilhamos cartaz na Casa de Cultura coas corais Virxe da Barca de Muxía e Airiños de Quenxe. Tivemos que mudar a orde de actuación e un dos temas do programa adiantado. De modo que inauguramos nós o encontro e interpretamos "Volvoreta" en vez de "Os teus olhos". "A vella chalana", "Camino del indio", "Alma, corazón y vida" e "Muradana" completaron o noso repertorio. A velada foi agradábel, cun público asistente que compensou con aplausos e agarimos o facto de non terse enchido a sala. Como é costume, celebramos o final da xornada cuns petiscos para compartirmos experiencias e proxectos. 

A cámara fotográfica ficou sen pillas ao pouco de chegar, polo que as fotografias da xornada foron tiradas coa cámara dun telemóbel por unha membro moi amábel da coral de Corcubión. Tamén ficaron grabados uns videos que publicaremos cando editados.

CRÓNICA FOTOGRÁFICA

A CHEGADA

Perspectiva da vila de Corcubión

Baixando do autocarro no peirao de Corcubión

Primeiro contacto coa sala de concertos

AS CORAIS PARTICIPANTES

 Santa María de Cambre

 Coral Virxe da Barca de Muxía

Coral Airiños de Quenxe

A ENTREGA DE AGASALLOS

 Comezo e conclusión da cerimonia de clausura con entrega de agasallos
Os representantes das tres corais junto ao apresentador da velada.
A vice-presidenta Rosalía López foi desta a representante da nosa coral
 

 Saida dos asistentes

O CONVITE



AGASALLO DOS ORGANIZADORES
 

Sem comentários:

Enviar um comentário