Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

domingo, 21 de setembro de 2014

Novo éxito do espectáculo 'Viva la zarzuela' en Sada


ESPECTÁCULO "VIVA LA ZARZUELA"
Casa da Cultura Pintor Francisco Llorens
Sábado 13 de setembro

Mezzosoprano: Mª Jose Ladra
Pianista: Zita Tanasescu
Dirección: Luisa Armesto


BREVE NOTICIA

Após dous anos e unha tentavida frustrada, voltamos ao Centro Cultural de Sada en Fontán co espectáculo de zarzuela.O calor foi, por vezes, sufocante, mesmo bochornoso.

Desta vez o local estaba ateigado de xente xa do comezo ás 20 horas. Participamos cun programa muito similar ao de 2012, dos 15 temas só caiu o "Coro de majas y estudiantes" de El barberillo de Lavapiés, substituido por "Por ser la Virgen da la Paloma", tamén coro xeral de La Verbena de la Paloma.

Por desgraza, ao pouco de comezar a tirar fotografías se consumiron por completo as pillas, polo que non podemos ilustrar esta breve noticia con imaxes do evento. Apenas unhas imaxes das nosas colaboradoras habituais, a cantora mezzo-soprano María José Ladra, que estaba de aniversario, e a pianista romena Zita Tanasescu, é todo o que pudemos salvar. Tentaremos compensar a carencia cun próximo vídeo de imaxes da representación do espectáculo de zarzuela no Parque da Igrexa de Cambre.
 
IMAXES

María José Ladra con Chus, a maquiadora oficial... - Ana con Carlota, sempre pronta a colaborar
 
 María José Ladra e Zita Tanasescu, cantora e pianista colabodoras da Coral

PROGRAMA

1. Marina, "Dichoso aquel que tiene...". Solista e coro de homes.
2. La rosa del azafrán, "Esta mañana mu tempranico...". Solista e coro xeral.
3. Katiuska: "Marcha de los soldados de Kazán". Coro de homes.
4. La del Soto del Parral, "Dónde estarán nuestros mozos". Coro xeral.
5. Don Gil de Alcalá, "Todas las mañanitas". Solista e coro xeral.
6. Don Manolito, "Viva Madrid que sí, que sí...". Coro xeral.
7. Luisa Fernanda, "Mazurca de las sombrillas". Solista e coro xeral.
8. El rey que rabió, "Coro de los doctores". Coro de homes.
9. Las Leandras, "Coro de los nardos". Solista e coro xeral.
10. La Verbena de la Paloma, "Por ser la Virgen de la Paloma". Coro xeral.
11. Las hijas del Zebedeo, "Al pensar en el dueño de mis amores". Solista.
12. El último romántico, "Mazurca". Coro xeral.
13. La Gran Vía, "Tango de la Menegilda". Solista.
14. La Gran Vía, "La jota de los ratas". Tenores e baixos solistas.
15. La Gran Vía, "El Chotis del Elisedo". Solista e coro xeral.

ELENCO

Mezzosoprano solista: María José Ladra.
Tenores solistas: L. Alberto Torreiro, José Mª Carregal, Juan Mª García e Alfredo A. Álvarez.
Baixos solistas: Carlos E. Santiso e Manuel Deus.
Narrador: Manuel Doval.
Pianista: Zsita Tanasescu.
Dirección e realización: Luisa Armesto Ramón.
Produción: Coral Polifónica Santa María de Cambre. 

Sem comentários:

Enviar um comentário