Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

sábado, 30 de agosto de 2014

Música en Cambre: A orquestra 'Iberia' de Cecebre


Orquestra "Iberia" de Cecebre

O libro Orquestras populares das Mariñas (2006), de Xulio Cuns Lousa e Xosé María Veiga Ferreira, apresenta ao longo de case 300 páxinas con abundantes fotografías un exhaustivo panorama das orquestras de baile da comarca das Mariñas durante o século XX. "Murgas" e "músicas" de comezos de século, gaiteiros, bandas de música e orchestras de baile, así como músicos, intérpretes, "animadores" e "vocalistas", van desfilando para conformar un afresco histórico e etnográfico de notábel interese. A mudanza de gostos e costumes comezou a fins do século XIX. Nun anuncio no xornal Las Mariñas a banda de música popular do Sr. Blanco oferecía xa en 1888 os seus servizos "en toda clase de funcións, enterros, misas solemnes, procesións, festas de aldea, etc.".

Dentre as inúmeras bandas e orquestras identificadas salientamos dúas do concello de Cambre, mais concretamente da parroquia de Cecebre: "Os Barrales" e a "Orquesta Iberia", de comezos e meados de século respectivamente. Sen contarmos os viciños que formaron parte de agrupacións doutros concellos, como Moris de Cecebre, trompetista da "Orquesta Guiliade" [Betanzos].

A Orquesta "Iberia" de Cecebre desenvolveu a súa actividade nos anos corenta e cincuenta. Segundo fotografía que consta no Fundo de Fotografía Histórica (Fototeca Concello de Cambre), a formación estaba composta por oitos membros (catro saxofones, duas trompetes, un trombone e a batería), todos muito novos -alguns mesmo crianzas- na altura da fotografía.  

IMAXES

 Capa de Orquestras populares das Mariñas 
de Xulio Cuns e Xosé Mª Veiga (2006) - Fonte

 "Orquesta Iberia Cecebre" (anos 40s/50s) - Fonte


LIGAZÓNS

Fundo de Fotografía Histórica (Fototeca Concello de Cambre)
"Orquestras Populares das Mariñas.- Libro de Xulio Cuns e Xosé Mª Veiga" (Blogue)

Sem comentários:

Enviar um comentário