Pedro David Lamas Varela, nado na parroquia de Cecebre, é un "dos músicos de referencias nas propostas mais actuais da música galega", alén dun entusiasta animador cultural na sua parroquia natal. É saxofonista, gaiteiro, arranxista e compositor. A súa traxectoria musical parte da tradición, con numerosos premios que avalan o seu exercicio nese ámbito, e se abre á divulgación mais popular e a coloboración con propostas de todo tipo. É fundador de
prestixiosos grupos como Lelia Doura ou Luvas Verdes, e colaborador
doutros como Xabier Díaz (Coplas para Icía, 2007), Uxía Senlle (Eterno navegar, 2008), Guadi Galego ou Susana Seivane, entre muitos outros.
Entre os seus primeiros traballos cóntanse gravacións en distintas edicións do prestixiado Concurso de Gaita Constantino Bellón. En 1998 publica o primeiro libro colectivo coas súas composicións, Doce Polainas Enteiras (1999), experiencia que repite con De pano sedán (2003), tamén publicado en libro, onde interpreta co grupo Lelia Doura o tema "Xogos" de Pablo L. Torneiro e ele mesmo. Con Luvas Verdes publica o seu primeiro traballo discográfico, Fandango desesperado (2005).
Despois forma en 2006 o trío Vaamonde, Lamas & Romero, composto por Suso Vaamonde Manteiga (gaita, pendeireta, triángulo e voz), Pedro Lamas (saxofone e voz) e Xosé Luis Romero Cajigal (acordeón e voz).
En 2008 o trío publica o seu primeiro traballo, Vellas artes. No mesmo ano Lamas asume a dirección e composición musical da compañía Nova Galega de Danza, Tradicción, à que pertencía desde os seus inicios, e publica o libro Luvas Verdades: Fandango desesperado. Pezas para gaita, tamborial e bombo.
Entre os seus primeiros traballos cóntanse gravacións en distintas edicións do prestixiado Concurso de Gaita Constantino Bellón. En 1998 publica o primeiro libro colectivo coas súas composicións, Doce Polainas Enteiras (1999), experiencia que repite con De pano sedán (2003), tamén publicado en libro, onde interpreta co grupo Lelia Doura o tema "Xogos" de Pablo L. Torneiro e ele mesmo. Con Luvas Verdes publica o seu primeiro traballo discográfico, Fandango desesperado (2005).
Despois forma en 2006 o trío Vaamonde, Lamas & Romero, composto por Suso Vaamonde Manteiga (gaita, pendeireta, triángulo e voz), Pedro Lamas (saxofone e voz) e Xosé Luis Romero Cajigal (acordeón e voz).
Cartaz O tambor de prata · PDF |
En 8 de agosto de 2008 cria, xunto o seu grupo Gaiteiros de Cecebre de Pedro Lamas, o Blog Galego "Gaiteiros de Cecebre". En 1 de outubro dese ano a Directiva da Casa da Xuventude de Cecebre promove unhas aulas de gaita ministradas por Pedro Luis Lamas Varela, iniciando unha intensa labor de recuperación cultural na parroquia cambresa d'O Salvador. Noutra postaxe desta sección MÚSICA EN CAMBRE falaremos da sua participación nas Foliadas de Cecebre organizadas na Casa da Xuventude así como do grupo Gaiteiros de Cecebre.
En canto iso, o grupo de Pol Leña verde interpreta "O burriño" (2005) no seu traballo A contratempo (2010).
O tambor de prata (2011) foi o segundo traballo publicado polo trío Vaamonde, Lamas & Romero, no que homenaxean o cuarteto Os Trintas de Trives, formación ourensá de comezos do século XX. O traballo sería apresentado no Arde Lucus (marzo 2012).
En maio de 2013 participa en "Rosalía no Rosalía", concerto extraordinario con motivo do 150º aniversario da publicación de Cantares Gallegos (PDF) que decorreu na Cruña, onde interpretou a "Alborada" de Veiga, unha "Alborada" tradicional con Elvira Bao, e mais "A lenda de Montelongo". En 10 de novembro da un concerto con Xosé Lois Romero no Santuario da Angustia en Betanzos (Galicia Monumenta).

DISCOGRAFIA E PUBLICACIÓNS
Luvas verdes: Fandango desesperado (2005)
Vaamonde, Lamas & Romero: O tambor de prata (2011) e Vellas Artes (2008)
Colectivo: De Pano Sedán (2003) - Colectivo: Doce Polainas Enteiras (1999)
- Luvas verdes: Pezas para gaita, tamboril e bombo (2008)
CARTAZES
O trío Vaamonde, Lamas & Romero. Acompañando Os Trinta de Trives
VIDEO
Vaamonde, Lamas & Romero, "Unha noite na fraga" de Pedro Lamas, do disco Vellas Artes.
Interpretada por Suso Vaamonde (triángulo), Pedro Lamas (saxofone soprano) e Xosé Lois Romero (acordeón),
na gala benéfica da Asociación contra o cancro de Cambre-Anceis, celebrada en 26 de decembro de 2008
no centro da Xuventude de Cecebre.

LIGAZÓNS
Currículum de Pedro Lamas (até 2009) - PDF (Saxofonistas de Galicia 2009) - Gaiteiros Galegos (2008)
Doce polainas enteiras (1999) (Casa del libro - Arrakis)
De pano sedán (2003) (Gaiteiros galegos)
Luvas verdes. Fandango desesperado (2005) (Ghastas pista)
Caderno 14 Luvas verdes. Pezas para gaita, tamboril e bombo (2008) (Rede libros)
Vaamonde, Lamas & Romero en galiciantunes
Vaamonde, Lamas & Romero, Vellas artes (2008) - (iTunes)
Vaamonde, Lamas & Romero, Sitio Facebook desde 2008 (Facebook)
Pedro Lamas: "Exite pouca atención para os grupos tradicionais" (Entrevista en LAOPINIÓN, 06/02/2009)
Vaamonde, Lamas & Romero, O tambor de prata (2011-2) (Los sonidos del planeta azul - Merlo Branco - folmusica -
Cartaz promocional PDF)
Vaamonde, Lamas & Romero, Concerto en Cambre (2009) (Youtube 1/11, 2/11, 3/11, etc.)
Vaamonde, Lamas & Romero, "Foliada de San Pedro de Visma" - Luar 9/1/09 - Televisión de Galicia (Youtube)
Vaamonde, Lamas & Romero, "Corrido" (Youtube)
Pedro Lamas, "Onde están" - Big Band CSM A Coruña - Whisper Not - Festival Iberojazz 2010 (Youtube)
Cartaz promocional PDF)
ALGUNS VÍDEOS
Vaamonde, Lamas & Romero, Concerto en Cambre (2009) (Youtube 1/11, 2/11, 3/11, etc.)
Vaamonde, Lamas & Romero, "Foliada de San Pedro de Visma" - Luar 9/1/09 - Televisión de Galicia (Youtube)
Vaamonde, Lamas & Romero, "Corrido" (Youtube)
Pedro Lamas, "Onde están" - Big Band CSM A Coruña - Whisper Not - Festival Iberojazz 2010 (Youtube)
click here for HSE TN results dhsekerala.gov.in
ResponderEliminar