Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

sexta-feira, 14 de junho de 2013

O noso repertorio: "Flores de amor"



Título: "Flores de amor"
Letra: Lorenzo García Morillas
Música: Lorenzo García Morillas
Ano: 1992/3
Arranxo
Xénero: Habanera
País: España



COMENTARIO

"Flores de amor", unha habanera do compositor Lorenzo G. Morillas (1936-1998), recebeu o premio de composición "Manuel Parada" no XXXIX Certamen Internacional de Habaneras y Polifonía  de Torrevieja (Alicante) en 1993. (Dato que non consta na información da lista de gañadores na páxina do Festival). Despois de cinco anos sen a cantar voltamos a ensaiala para interpretala no próximo Festival de Polifonía e Habaneras. É unha música sinxela que rapidamente capta a atención dos ouvintes.



LETRA


PARTITURA

PDF Coral Francisco Vallejos - PDF Habanera.org
PDF Polifónica Centro Asturiano - PDF ebookbrowse

VIDEO [...]

LIGAZÓNS

Patronato Municipal de Habaneras Torrevieja: habaneras.org



quinta-feira, 13 de junho de 2013

Entrevista á nosa compañeira Antonia Bestilleiro


Antonia Bestilleiro Gómez e seu home Luis Cobas López incorporáronse á Coral en 1999, un ano após a súa fundación. Muller discreta de orixe labrega, divide o seu tempo entre a vida do lar, a atención ao coro, e as saudades polos membros da familia que emigraron a Arxentina na súa mocidade.

***

De pé, xusto no meio, cantando Zarzuela
en Cecebre. Agosto 2011
Onde decorreu a túa infancia?

Nunha aldeia da parroquia de Santa Cristina de Montouto (Concello de Abegondo)

A que te dedicaches na túa vida laboral?

Traballei no campo desde nena.


Nun momento do espectáculo de Zarzuela.
Cecebre, agosto 2011

Desde cando moras en Cambre?

Vai xa para 25 anos.

En que actividades sociais participas alén do Coro?

Só participo no coro, o resto do tempo pásoo na casa ou camiñando.



ORIXE DOS APELIDOS
Cartografía dos Apelidos de Galicia - Instituto da Lingua Galega - USC

Distribución de "Bestilleiro"                      Distribución de "Gómez"

Frecuencias relativas dos apelidos "Bestilleiro" (esquerda) e "Gómez" (direita) segundo o mapa de apelidos do Instituto Galego da Língua da Universidade de Santiago de Compostela. "Bestilleiro", segundo o utilísimo Dicionario de dicionarios - Corpus lexicográfico da lingua galega (das mesmas institucións), puido significar "soldado armado de besta". As súas formas castellana e catalano-aragonesa son, respectivamente, "Ballestero/s" e "Ballester". Outro significado de "bestilleiro" é "encarregado con bestas" (Ver Apelidos de Galicia). Variantes súas parecen os apelidos "Besteiro" e "Basteiro", ambos os dous da parte oriental (Lugo, Ourense), sendo o primeiro máis frecuente. Besteiro tamén significa "portador de besta (arma), "encarregados das bestas (animais)" e mesmo "carmeadeiro de lá". "Gómez" é un apelido patronímico muito común na península ibérica e América. É apócope de Gomesco, que significa "fillo de Gome" ou "Gomo", nome xermánico que significa "homem" (xenérico: ser humano).


Que te motivou para entrares na Coral?

Sempre gostei de cantar e compartir experiencias.

Que pensa a túa familia da túa implicación no Coro?

Que desfruto e me mantén activa.

Tiñas algún tipo de experiencía musical?

Non, ningunha.

Que é do que mais gostas das actividades que desenvolvedes?

Do ambiente dos ensaios, viaxar e coñecer xente doutros coros.

Cres que as actividades da Coral receben suficiente recoñecimento e apoio institucionais?

Pois non sei. Non creio.

No coro, entre Rosalía e Olga. Padrón, novembro 2012.
Co seu home, Luis, durante a ceia posterior á actuación en Melide, decembro 2012.




quarta-feira, 29 de maio de 2013

2000 - Presente da compañeira Elena Mahía



Pouco mais dun ano despois da fundación da Coral (outubro de 1998), a compañeira Elena Mahía García, membro da directiva fundadora, tivo a gentileza de presentear a coral cun estandarte bordado por ela mesma em fio de ouro sobre teia de raso e franxa dourada, deixando constancia da sua participación na coral, que concluiría en 2006.

A lexenda do vexilo é "Coral de Santa María de Cambre", acima da imaxe, que representa a cabeceira da igrexa homónima, e "A Coruña", abaixo.

FOTOGRAFÍAS DO ESTANDARTE E DA AUTORA

Imaxes do estandarte no Festival de Polifonía e Habaneras (Cambre)
À esquerda, portado por Olga Sande (2001). À direita, lucindo durante a actuación (2000)

Fotografía do estandarte no salón do local da Terceira Idade (2013)
Elena Mahía Garcia  na ceia de irmandade de 2003

NOTA.- A restauración galega do nome daría Helena Maia Garcia.

segunda-feira, 27 de maio de 2013

2008 Agosto - Festival de Corais na Peregrina de Pontevedra


X FESTIVAL HABANERAS E POLIFONÍA
Festas da Virxe da Peregrina

Praza do Teucro, Pontevedra
Quinta-feira 21 de agosto

Corais participantes

Coral Polifónica de Meis
Coral Polifónica Santa María de Cambre
Coral Bella Helenes (Pontevedra)
Coral Airiños de Campañó

Cartaz das Festas da Peregrina 2008

COMENTARIO

Mais unha actuación que recuperamos grazas a información contida nos agasallos. Desta ocasión, a única que actuamos n'a boa vila, participamos nun importante festival como parte do programa dunha das festas mais importantes da Galiza, a Peregrina de Pontevedra. Ainda que o festival comezou ás nove do serán sentíase con intensidade o calor. A fermosa Praza do Teucro estaba completamente ateigada de xente. Destacara sobremaneira a coral da vila, a Bella Helenes. 

Praza do Teucro - Fonte: Vivirgalicia


AGASALLO DOS ORGANIZADORES

Concello de Pontevedra
Festival de Corais
A Peregrina 2008
Coral Santa María de Cambre
Cambre (A Coruña)




sábado, 25 de maio de 2013

IV Festival de Primavera en Cecebre


IV FESTIVAL DE PRIMAVERA

Teatro de A Xuventude, Cecebre
Sábado 11 de maio de 2013

Corais participantes

Coral Polifónica Santa María de Cambre
Coral Polifónica Lembranzas de Santa Cruz
Coral Polifónica Círculo Mercantil de Ribeira
Coral Polifónica de Betanzos


TRÍPTICO DO FESTIVAL



FOTOGRAFÍAS DA ENTREGA DE AGASALLOS ÀS CORAIS CONVIDADAS

CP Lembranzas de Santa Cruz co noso presidente Manuel Gesto

Círculo Mercantil de Ribeira

Coral Polifónica de Betanzos


CRÓNICA

A pesar de estarmos en maio xa ía frío cando nos delocamos, mais un ano, ao Teatro da Xuventude de Cecebre, o recinto, junto co auditorio do Parque da Igrexa, no que mais temos actuado. Pouco mais das cinco e xa estabamos entre as flores que adornaban o cenario repasando os temas e marcando posicións. Ao concluirmos o ensaio sentamos nun sitio discreto a esperarmos a nosa quenda. O teatro estaba cheio dun público expectante. 

Por mudanzas de última hora tivemos que inaugurar nós o festival. Todos os catro temas que interpretamos foron do agrado do público, mas recibiron unha acollida mais calorosa "Terra meiga" e "Jardín de ensueño", pezas habituais do noso repertorio recentemente comentadas neste blogue. Tamén todos os temas de Lembranzas de Santa Cruz tiveron unha excelente acollida, especialmente "Unha noite na eira do trigo" -canción que sempre conmove os corazóns- e "Granada". A maxistral conxunción de voces conseguida polo director corroboraba o merecido da fama da coral oleirense. Da Coral de Ribeira destacou o tema de "Muradana". A interpretación da Coral de Betanzos respondeu ao que aguardaba dunha coral cunha dilatada experiencia internacional. Estiveron brillantes en todos os temas: "La Sirena", "Cantares", con letra de Antonio Machado, o espiritual "Soon ah will be done", e maxistrais na clásica peza galega con que fecharon sua actuación e o festival, o "Negra Sombra" de Rosalía e Xoán Montes.

Após a entrega de agasallos ás corais convidadas, momento que recollen as fotografias acima, nos reunimos todos no noso local social para dar conta dos saborosos petiscos preparados polos nosos compañeiros. Lá continuaron os cantos, as anécdotas e os ricos e, ao final, os desexos dun pronto reencontro na despedida.  



quarta-feira, 22 de maio de 2013

O noso repertorio: "Mariñeiros de Caión"


Título: "Mariñeiros de Caión"
Letra: Popular
Música: Popular
Ano: ---
Arranxo: ---
Xénero: Foliada
País: Bergantiños-Galiza


COMENTARIO

Vai haber un ano que non interpretamos esta popular foliada dedicada aos mariñeiros do outrora belo porto baleeiro de Caión, antecipo da Costa da Morte. Comezan os homes cada estrofe e as mulleres completamos a segunda metade. Os tres retrousos cantámolos todos xuntos. Con certeza que se tivésemos un pandeireiteiro interpretaríamos mais a miúde un tema que, polo seu ritmo fresco e alegre, eleva o ánimo do coro.


O outrora belo porto baleeiro de Caión...

     
Antes e despois do "desarrollismo" que destrozou e destroza sen pausa e sen piedade a beleza da Galiza


LETRA

As coplas populares...


Na nosa versión...


PARTITURA

[...]

VIDEO

[...]

LIGAZÓNS

Letra: Galicia, su Música y su Arte
Letra: Folkoteca Galega
Fotos antigas de Caión no Facebook
Interpretación polo coro Cantigas da Terra en Grooveshark


terça-feira, 21 de maio de 2013

2007 - Obsequio da compañeira Olga Sande



En 2007 a nosa compañeira Olga Sande, amadora da artesanía do vidro e o esmalte, doou á Coral un pequeno agasallo en que se representan os absides da Igrexa de Santa María de Cambre, dando mostra do seu caráter aberto e generoso.


En Padrón, despois da actuación
Novembro, 2012

AGASALLO PARA A CORAL DA COMPAÑEIRA OLGA

"CORAL POLIFÓNICA SANTA MARÍA DE CAMBRE"
CAMBRE - A CORUÑA


Entrevista a Olga Sande neste blogue.