Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

terça-feira, 29 de outubro de 2013

Entrevista ao compañeiro coralista José María Carregal García


O noso compañeiro José María Carregal García destaca polo seu dinamismo e bon humor na posta en escea, alén das súas ocurrencias nos ensaios, as viaxes e os momentos de confraternización coas outras corais. Membro da Coral de Bribes, comparte a sua actividade musical co noso coro desde há dous anos.
***

Onde decorreu a túa infancia?

No lugar de Lema, na parroquia cambresa de San Paio de Lema.

A que te dedicaches na túa vida laboral?

"Técnico do ladrillo"

Como?

Na construción, muller.


Melide, decembro 2012. O primeiro da esquerda na primeira fila de homes
Cecebre, outubro 2012, no meio da imaxe

Desde cando moras en Cambre?

Despois de casar fun pra Cruña, e aos cinco anos tornei pra Cambre.

En que actividades sociais participas alén do Coro?

En ningunha.



ORIXE DOS APELIDOS
Cartografía dos Apelidos de Galicia - Instituto da Lingua Galega - USC / Miparentela


Distribución de "Carregal"                      Distribución de "García"

"Carregal" e "García" son dous apelidos galegos. O primeiro é de probábel orixe toponímica: "carregal" sería o terreo en que abundan as "carregas", que é unha planta gramínea de zonas húmidas.  O segundo, considerado por muitos de orixe basca (*Hartze-a. "o urso"), é, segundo Higino Martins Estevez (As tribos calaicas, 2008), un "celtismo cedo romanizado, frequente em Navarra por aí o céltico ter sido uma velha língua franca. Vem de garça, ave de grande valor simbólico ainda na Idade Média; de bom agoiro e inimiga da serpente, cf. os bestiários medievais, que a exalçam. Coromines provou garça vir de *KARKIIĀ, com a passagem latina de K’- para G-. Garcia vem de *KARKÍDIĀ “garçalidade”."

Que te motivou para entrares na Coral?

Que gosto moito de cantar.

Que pensa a túa familia da túa implicación no Coro?

Parécelles ben.

Tiñas algún tipo de experiencía musical?

Non tiña.


Tres momentos do espectáculo de zarzuela en Sada, outubro 2012. Esquerda, con María Jesus Lafuente París (Chus),
e mais Ana Castro Cortés (arquiveira) e Maria Dolores Pombo Pérez (Loli), no meio.
Á direita, con María José Ladra, mezzosoprano solista da nosa antoloxía do chamado "género chico".

Que é do que mais gostas das actividades que desenvolvedes?

Gosto de todas, desde os ensaios até as viaxes de volta.

Colaboras noutras actividades da Coral?

Colaboro en todo o que me piden.

Cres que as actividades da Coral receben suficiente recoñecimento e apoio institucionais?

Creo que había que apoialas algo máis.


  
Interpretando "Marina", Sada (outubro 2012), con Luis Alberto Torreiro Ares á esquerda [...]
e Juan Souto Rodríguez e Manuel Doval á direita. 


Abaixo, no Natal após actuar en Melide (decembro 2012) e flanqueado por Alfredo, Marién e Loli à súa direita,
e por Juan Souto á súa esquerda celebrando o XIV Aniversario de Coral (outubro 2012)



sexta-feira, 25 de outubro de 2013

Entrevista a Luisa Armesto en El Entorno Metropolitano


Apresentamos a entrevista que este mes de outubro realizou o xornal comarcal El Entorno Metropolitano á nosa directora Luisa Armesto Ramón co motivo da entrega da medalla Marcial del Adalid por parte da Academia de Belas Artes da Cruña. Nela fai un percorrido pola sua carreira musical e solicita mais apoio para a actividades culturais e musicais, e, mais en concreto, para o noso espectáculo de zarzuela.

ENTREVISTA


quinta-feira, 24 de outubro de 2013

Reportaxe gráfica da Entrega de Premios Marcial del Adalid


Após actuarmos en múltiplos lugares e ambientes, acudimos moi curiosos e expectante á nosa primeira entrega de premios nunha institución tan prestigiada como é a Academia de Belas Artes "Virxe do Rosario". Máxime tendo à nosa directora, Luisa Armesto, premiada en 2012, como un dos tres protagonistas, xunto a dous membros da CP de Bergantiños, María Dolores Rodríguez Fraga e José Fraga Suárez. O acto, moito concorrido transcorreu nun ambiente de recollida atención. Na súa breve alocución após a entrega do premio, a nosa directora lembrou a sua traxectoria musical desde a vocación infantil e a sua participación na coral El Eco até a fundación da Coral Santa María de Cambre en 1998. Clausuramos o acto as dúas corais convidadas, como informamos na crónica do evento. Tanto á entrada como á saída aproveitamos para admirar as pinturas e a arquitectura neoclásica do belo edificio do século XVIII. 




Aguardando o momento de entrarmos na sede da Academia de Belas Artes.
Na foto de acima à esquerda as duas corais convidadas mantendo unha púdica distancia. 

    

Ocupando o Salón de Actos. À esquerda, as directoras das corais convidadas:
Gloria de los Ángeles Pardines Rojo e Luisa Armesto Ramón.



Leitura dos trámites e acordos para a concesión do premio. Os tres protagonistas (José Fraga Suárez,
María Dolores Rodríguez Fraga e Luisa Armesto Ramón) atentos ao discurso de José López Calo,
Académico Numerario da Sección de Música. Dous momentos da entrega do premio a nosa directora.


Os galardons: medalla e diploma



Momentos da alocución de Luisa Armesto. Os tres galardoados:
José Fraga, Luisa ArmestoMaría Dolores Rodríguez Fraga


Dous momentos da participación da nosa Coral interpretando "Bolboreta"


Saindo do acto. Luisa Armesto na galeria do primeiro andar do patio interior.
A autora do blogue, Rosalía López, saindo pola porta principal.


domingo, 20 de outubro de 2013

Actuación na entrega do premio "Marcial del Adalid" a nosa directora Luisa Armesto


SESIÓN DE ENTREGA DO PREMIO "MARCIAL DEL ADALID"

Salón de Actos da Academia Galega de Belas Artes
Sábado, 19 de outubro

Corais participantes

Coral Polifónica Santa María de Cambre
Coral Polifónica de Bergantiños
Insignia Marcial del Adalid


CRÓNICA

Este sábado actuamos na entrega do premio Marcial del Adalid à nosa directora, Luisa Armesto Ramón, un ano depois da comunicación da concesión. O acto [ver PROGRAMA], celebrado no Salón de Actos da Real Academia de Belas Artes, antigo edifico do Consulado do Mar, foi presidido polo Vice-Presidente da institución, Sr. D. José López Calo. Após a leitura dos acordos, a entrega das insignias e diplomas e as palabras dos representantes das corais, a segunda parte do acto consistiu na intervención das corais de que son membros os agalardoados. Primeiro actuamos nós con o tema "Bolboreta" e fechamos a sesión cantando "A vella chalana" con a Coral Polifónica de Bergantiños.

Proximamente publicaremos unha reportaxe gráfica do acto.


FOLLETO DO ACTO



FOTOGRAFÍAS DAS CORAIS PARTICIPANTES

 Coral Santa María de Cambre - Corais de Cambre e de Bergantiños


INFORMACIÓN SOBRE O ACTO EN LA VOZ DE GALICIA
Domingo, 20 de outubro 2013


LIGAZÓNS

ENTREVISTA CON LUISA ARMESTO RAMÓN (Aquecendo a voz, novembro 2012)

NOVAS DA ACADEMIA: A Real Academia Galega de Belas Artes celebra sesión pública extraordinaria para a entrega dos premios Marcial del Adalid

ACTIVIDADES DA ACADEMIA: A Real Academia Galega de Belas Artes celebra sesión pública extraordinaria para a entrega dos premios Marcial del Adalid

FACEBOOK CORAL SANTA MARÍA DE CAMBRE: Entrega premio Marcial del Adalid 19/10/2013

sábado, 19 de outubro de 2013

Actuación na Xornada Sobre o Cancro de Mama no Abente e Lago da Cruña


XORNADA SOBRE O CANCRO DE MAMA
con motivo do Día Internacional do Cancro de Mama

Patio central do Hospital Abente e Lago - Cruña
Quinta feira, 10 de outubro




CRÓNICA 

A pasada quinta feira, 10 de outubro, actuamos, convidados pola dirección do hospital, na Xornada sobre o Cancro de Mama con motivo do Día Internacional do Cancro de Mama, no patio central do vello Hospital Militar, actualmente chamado Abente e Lago.

Na Xornada, que comezou às 20:00, inaugurouse a exposición fotográfica "Meu Cancro de Mama", que se poderá ver no mesmo patio central até o 20 de outubro. De seguido decorreu unha mesa redonda moderada polo doutor Joaquín Mosquera na que participaron oncólogos, cirurxiáns, psicólogos e pacientes. Clausuramos a xornada interpretando tres temas: "A barcarola", "A Volvoreta" e "A vella chalana".

Ao final todos os participantes na Xornada desfrutamos dun momento de encontro e conversa acompañada por viños e petiscos.

 CARTAZ DA XORNADA


domingo, 29 de setembro de 2013

Entrevista a Rosalía López Pérez, coralista e autora do blogue



Rosalía López Pérez, autora deste blogue, mora no Temple desde ha case 15 anos. Forma parte da Coral desde 2007 e desde 2010 reflicte as suas experiencias coa mesma nuns papeis que a partir de 2012 translada, coa colaboración doutros compañeiros, ao blogue Aquecendo a voz

Nesta entrevista responde ás preguntas que leva un ano formulando aos membros da Coral que se prestan.

Vista da cidade a meados do século XX
Onde decorreu a túa infancia?

Nacin na casa na rúa da Independencia, ao carón do Campo de Marte, e aos dezaoito anos nos mudamos para o bairro de Labañou, no outro estremo da cidade, así que miña infancia e adolescencia transcorreron entre o Campo de Marte, o Campo de Artillería e Zalaeta.

A que te dedicaches na tua vida laboral?

Lendo o argumento de "¿Dónde
estarán nuestros mozos?"
Cambre, xullo 2013
Depois de desenvolver múltiplos traballos na adolescencia, entrei a traballar na fábrica de tabacos, e durante 25 anos ocupei varios postos, desde a elaboración manual de farias até arquiveira, pasando por control de calidade.

Desde cando moras en Cambre?

Desde o ano 1999.

En que actividades sociais participas alén do Coro?

En ningunha, propiamente. Só nas actividades culturais e formativas ofertadas polo concello.


ORIXE DOS APELIDOS
Cartografía dos Apelidos de Galicia - Instituto da Lingua Galega - USC / Miparentela

Distribución de "López"                      Distribución de "Pérez"

"López" e "Pérez" son dous apelidos patronímicos, procedentes de "Lopo" (Lopus, Lobo) e de "Pero" (Pedro), dos mais abundantes na península. O primeiro parece de orixe galega, mais concretamente, da terra de Sarria (Paradela, O Páramo). Pérez abunda mais no sul ourensán, e parece de orixe asturiana.  


Que te motivou para entrares na Coral?

Quedábame un tempo e me decidin a apuntarme na Coral de Cambre xa que sempre gostei de cantar nas corais.

Que pensa a túa familia da túa implicación no Coro?

Sen problema. Non só gostaron da idea, senón que colaboran na casa para eu puder asistir a todos os ensaios e actuacións.

Foto de familia da Coral da Fábrica de Tabacos na estreia do novo traxe. Cruña, 1992
Rosalía, é a cuarta na primeira fila contando da esquerda.

Tiñas algún tipo de experiencia musical (participación noutros coros, etc.)?

Tiña, xa desde pouco despouis da miña incorporación á Fábrica de Tabacos fun membro da súa coral.

Que é do que mais gostas das actividades que desenvolvedes?

Gosto de todo, os ensaios, as actuacións, as viaxes... non sei o que escollería de forma especial.

Colaboras noutras actividades da Coral?

Non, só en tarefas de "intendencia" cando temos convidados doutras corais. E con este blogue que pretende reflectir a súa historia e actividades.

Cres que as actividades da Coral receen suficiente recoñecimento e apoio institucionais?

Moi pouco, dame a impresión de que valoran moi pouco o noso esforzo en levar Cambre por todos os concellos que nos convidan a participar en todo tipo de eventos culturais.

Coa Coral en Padrón e interpretando zarzuela en Cecebre