Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

terça-feira, 17 de dezembro de 2013

Próxima participación no Concerto de Vilancicos de Betanzos




Este domingo 22 de decembro actuamos nun Encontro de Corais en Betanzos para participar no tradicional Concerto de Vilancicos da cidade mariñá. No acto, que decorrerá na Aula de Cultura Xulio Cuns a partir das 20:30 horas, acompañaremos ás corais polifónicas da Gaiteira (Cruña) e Betanzos, organizadora do evento.

As corais interpretarán conxuntamente "Gloria ao Señor" (Benedicat Vobis) de Händel e o "Noite de Paz", unha versión curta do "Stille Nacht, heilige Nacht" de Gruber. Nós completaremos o noso programa con mais cinco pezas: "Ven, niño, ven" de Rey Rivero, "Unha estrela veu do ceu" de Ángel Viro, "Qué sonajero daré?" de José Sandoval, "Por los caminitos de Jerusalén" de Eduardo Correa, "Arre Borriquita" de Fernando Montero.

O concerto encádrase dentro do programa de Festexos de Natal e Aninovo da repoluda vila do Mandeu.




sábado, 14 de dezembro de 2013

2009 Abril - Agasallos da nosa estadía en Portugal


A cantidade e variedade de obsequios recebidos durante a nosa visita a Portugal nos animou a acrescentar mais unha entrada dedicada a uns días no que fumos agasallados con moita atención e cordialidade. Algún deses obsequios xa fora apresenteado pola coral convidada, Grupo Coral Oásis de Sangalhos, durante a súa participación no X Aniversario da nosa coral decorrido en novembro de 2008. Os outros corresponden á devolución de visita, en abril de 2009. Lá en Sangalhos, no concelho de Anadia, estivemos acompañados pola Sociedade Filarmónica 1º de Dezembro, coral da cidade de Montijo.

FOTOGRAFÍAS DOS OBSEQUIOS 2008/2009

Pratos (lexenda: Município de Anadia) e insignia co escudo do Concello de Anadia

Flámulas da "JUNTA DE FREGUESIA / SANGALHOS" e da "SOCIEDADE FILARMÓNICA 1º DE DEZEMBRO /
MONTIJO - PORTUGAL / SF 1º DEZEMBRO / FUNDADA EM 1 DE DEZEMBRO DE 1854"


Fonte: wikipédia

Pratos co escudo de Sangalhos e con cena bíblica do descendimento ou da resurrección.

Obsequios de "OÁSIS / GRUPO CORAL OÁSIS / SANGALHOS" (recebido en 2008?)
e "OÁSIS / Grupo Coral Oásis / 18/4/2009"

terça-feira, 10 de dezembro de 2013

2006 Agosto - Participación no Encontro de Habaneras de Santa Margarida




XXII ENCONTRO DE HABANERAS
Anfiteatro do Parque de Santa Margarida
Martes 22 de agosto

Corais participantes

Orfeón Alcoa-Inespal
Coral do Centro Cívico do Castrillón
Coral de Cecebre
Coral Polifónica Santa María de Cambre


COMENTARIO

A información dos agasallos nos leva desta vez á nosa actuación na XXII edición do Encontro de Habaneras [programa PDF] que se celebra durante as Festas de María Pita no anfiteatro do parque de Santa Margarida. O Encontro, no que participaron vinte e catro corais, decorreron de 16 ao 18 e de 22 ao 24 de agosto. Nós actuamos o martes 22 xunto os viciños de Cecebre, a Coral do Castrillón e o Orfeón Alcoa-Inespal. 



AGASALLOS DOS ORGANIZADORES

XXII ENCONTRO DE HABANERAS
"CIDADE DA CORUÑA"
EXCMO. CONCELLO
FESTAS MARIA PITA 2006






CONCELLO DA CORUÑA
2006?


sexta-feira, 6 de dezembro de 2013

2009 Agosto - Participación no Festival de Habaneras de Santa Margarida



XXV ENCONTRO DE HABANERAS

Parque de Santa Margarida
Martes 11 de agosto

Corais participantes

CP Clube de Pensionistas da Casa do Mar
Coro de Oleiros
CP Santa María de Cambre
Orfeón Herculino

COMENTARIO


Mais unha actuación recuperada grazas á información dos obsequios. Desta vez trátase dun Festival dos mais frecuentados, o Encontro de Habaneras que se celebra durante as Festas de Maria Pita da Cruña [PDF Programa - Coruna.es - TurismoGalicia]. Nesta edición foron oito dias, do 6 ao 13 de agosto, e 39 agrupacións musicais do golfo ártabro que deron cumprida amostra deste xénero musical de tanto suceso na Galiza. Nós actuamos a tarde do 11 de agosto, nunha sesión comezada ás 20 horas, xunto coa Coral do Clube de Pensionistas da Casa do Mar, o Coro de Oleiros e o Orfeón Herculino.




AGASALLO DOS ORGANIZADORES



XXV ENCONTRO DE HABANERAS
CIDADE DA CORUÑA
EXCMO. CONCELLO
FESTAS MARIA PITA 2009

quinta-feira, 5 de dezembro de 2013

2003 Abril - III Encontro 'Corais de Maiores' en Culleredo


VII ENCONTRO CORAIS DE MAIORES
Concello de Culleredo


Sábado ? de abril de 2003
Edificio Servizos Múltiplos. O Burgo [?]

Corais participantes

[...]
CP Santa María de Cambre
[...]
Fonte: google.maps

COMENTARIO

A información dos agasallos permitiu recuperar lembranza dunha actuación no viciño concello de Culleredo, mais concretamente no VII Encontro de Corais de Maiores. Os dados que consignamos son unha simples suposición tirada da nosa participación na IV edición do Encontro. Parece ser que posteriormente mudou de nome, para Encontro de Corais, e de local, para o Conservatorio Profesional de Música. Non encontramos mais información na rede.


AGASALLO DOS ORGANIZADORES

CONCELLO DE CULLEREDO
VII ENCONTRO
CORAIS DE MAIORES


terça-feira, 3 de dezembro de 2013

O noso repertorio: "Noite de Paz, Noite de Amor"


Título: "Stille Nacht, heilige Nacht"
Letra: Joseph Mohr
Música: Franz Xaver Gruber
Ano: decembro 1818
Arranxo: [...]
Xénero: Vilancico
País: Oberndorf. Austria


COMENTARIO


"Noite de paz, noite de amor" (Stille Nacht, heilige Nacht: literalmente, "noite silente, noite sagrada") é tal vez o mais popular dos vilancicos, con versións en mais de 300 idiomas. A sua letra, escrita polo sacerdote austriaco Joseph Mohr, foi musicada polo mestre de escola e organista Franz Gruber na cidade de Oberndorf, Austria, onde foi interpretada pola primeira vez na Misa do Galo de 1818. Na actualidade, a melodía é um pouco distinta da original, especialmente nas notas finais.

O vilancico de Gruber é desas músicas que forman parte da vida de todos, sempre retrotraendo aos felices anos da infancia. Nós cantámolo en versión castellana. Interpretarémolo, despois de muitos anos de ausencia, na próxima actuación en Betanzos, o domingo 22. 

LETRA

A letra da nosa versión:


PARTITURA


PDF - Free-scores

VIDEO


Un vídeo dunha interpretación en portugués.


LIGAZÓNS

Wikipédia portuguesa e española
Stille Nacht, heilige Nacht (Gruber, Franz Xaver)
Stille Nacht! heilige Nacht! - The Hymns and Carols of Christmas
.....


sábado, 30 de novembro de 2013

Entrevista á compañeira Luisa Louro Díaz, fundadora da Coral



Luisa Louro Díaz é unha das veteranas da Coral, da que foi cofundadora en 1998, tempo en que colaborou estreitamente co lembrado Presidente Antonio Rouco. Ainda agora, quince anos depois, coopera na recepción das corais convidadas, e non se lle caen as mans por servir un café. Faladora, cumpridora e muito cordial gosta especialmente das sesións de baile da Asociación da Terceira Idade. Desde aqui lle agradecemos a sua actitude animosa e sempre disposta a colaborar no que for mister.


*******

Onde decorreu a túa infancia?

Morei en Cela de Cambre ata os 30 anos.

A que te dedicaches na túa vida laboral?

Laborei no servizo doméstico.

Desde cando moras en Cambre?

Toda a vida, desque deixei Cela.

Cantando no Convento do Santo Espírito en Melide (decembro 2012)

En que actividades sociais participas alén do Coro?

Participo moito nas actividades da Asociación da Terceira Idade, como manualidades, excursións, actividades lúdicas...

Que te motivou para entrares na Coral?

De sempre gostei de cantar. Fun cofundadora da nosa Coral, que nascera nun primeiro momento no seo da Asociación da Terceira Idade e que logo se tornou independente.


ORIXE DOS APELIDOS
Cartografía dos Apelidos de Galicia - Instituto da Lingua Galega - USC

Distribución de "Louro"                      Distribución de "Díaz"

"Louro" e "Diaz" son dous apelidos galegos. "Louro" significa, entre outras cousas, que ten unha cor intermediario do dourado e do castaño-claro, loureiro (árbore) e penedo (Estraviz - Dicionario de dicionarios). Está relacionado con Loureda, Louredo, Lourido, Louriña, Louriño, Lourés (Apelidos da Galiza). É famoso na Galiza o Monte Louro na ponta norte da ría de Muros e Noia, talvez pola configuración rochosa ou pola cor da vexetación ou nos longos entardeceres atlánticos. "Díaz" é un apelido patronimico derivado do nome propio Día, Diego ou Diogo (Apelidos da Galiza). O ano 2014 o Día das Letras Galegas estará dedicado ao poeta lucense Xosé María Díaz Castro, autor do famoso poema "Penélope".

O que pensa a túa familia da túa implicación no Coro?

Todos están contentos da miña participación nas actividades da Coral.

Tiñas algún tipo de experiencia musical?

Non tiña, e mesmo foi o motivo de que ingresara no proxecto,

Que é do que mais gostas das actividades que desenvolvedes?

Todas en xeral, sou moi participativa. Das músicas da que mais gosto é a zarzuela.

Cantando zarzuela en Cecebre (agosto, 2012)

Como lembras a fundación da Coral? Mudou muito a actividade da Coral desde entón?

No comezo todos tivemos que colaborar. Había tantas ilusións como carencias. Todo estaba por fazer: repertorio, vestiario... Eu mesma tiven que representar en diversas ocasións ao noso querido Presidente, Antonio Rouco, perante o Concello. Agora procuro ser unha boa coralista cumprindo o mellor que podo cos compromisos. Como os ensaios son á noitiña me vou arranxando para atender todas as obrigas. 

Como lembras o noso primeiro Presidente Antonio Rouco?

Con muito respecto e añoranza. Era unha belísima persoa, muito traballadora e competente. Estaba todo por facer e ele acometeu a empresa con entusiasmo e responsabilidade. Eu colaborei con ele todo o que puiden.

Cres que as actividades da Coral receben suficiente recoñecimento e apoio institucionais?

Moi pouco. Uns mais do que outros, pero ao cabo non están pola labor.

Sentada con Teresa e Cantando na celebración do 12 aniversario (2010)



ESTAMPAS DO CONCELLO DE CAMBRE

Fondo de fotografía histórica. Fototeca Concello de Cambre - Publicacións - Exposicións
Ramón Boga Moscoso, Estampas de Cambre. Os traballos e os días (2006) - PDF
Exposición de fotografías antigas - Galería de imaxes do Concello de Cambre
A historia de Cambre, nun clic. O Concello acaba de abrir en Internet unha fototeca con 14.000 fondos (26 maio 2011) - Noticia de LVG
A vella e nobre Gallaecia [fotografias antigas da Galiza] [Cambre]