Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

quinta-feira, 10 de abril de 2014

O noso repertorio: "Marcha dos cosacos de Kazán"



Título: "Cosacos de Kazán"
Letra: Manuel Martí Alonso e Emilio Glez. del Castillo
Música: Pablo Sorozábal
Ano: 1930-1
Arranxo: ----
Xénero: Marcha-Zarzuela
País: España
Cartaz da estreia en Madrid 
Outubro de 1931


COMENTARIO

Cartaz da estreia. Barcelona, xaneiro 1931
"Katiuska (la mujer rusa)" é a primeira obra lírica de Pablo Sorozábal. Considerada mais operata que zarzuela foi estreada en Barcelona en xaneiro de 1931, e apresentada en Madrid en outubro dese ano. Consta de dous actos, o segundo profundamente modificado pouco despois da estreia.

A marcha "Cosacos de Kazán" é o terceiro número do primeiro acto. É interpretada por un coro de homes que se move marcial e maxestosamente no escenario, cos gorros ben ergueitos e os taconazos de saúdo, mentres as mulleres facemos acompañamento de fundo, rinchando con moita convición cando os cosacos montan os cabalos de pau... 

IMAXES DA MARCHA


A "Marcha dos Cosacos de Kazán" representada no Forum da Cruña (acima) en xuño de 2012
e no Teatro da Xunvetude de Cecebre (abaixo) en outubro de 2010.


LETRA

El cosaco en su brioso corcel / va a la estepa siempre al trote,
que del mundo es un azote, / zote, zote, zote, zote, / porque nunca da cuartel.
y si fiero es en la guerra al vencer, / al volver es más terrible,
porque trae un hambre horrible / y de genio está imposible
y su encanto es el deber.

Tenores: El deber... el deber,,,, el deber... / y no pagar.
Baixos: ... al luchar... al volver... el deber

Cosacos de Kazán / que sobre caballo van / sin temor y sin desmayo.
Cosacos de Kazán / que en la guerra son un rayo / y en la paz un huracán.
¿Dónde irán al asalto del caballo?
¿Dónde irán? ¿Cómo y cuándo volverán?
Volverán, que no les parta un rayo. / Volverán mediado el mes de Mayo.
Volverán con más plumas que un gallo, / los cosacos de Kazán.

TODOS

Y si fiero es en la guerra al vencer, / al volver es más terrible,
porque trae un hambre horrible / y de genio está imposible
y su encanto es el deber.

LIGAZONS

segunda-feira, 7 de abril de 2014

Calendario de actuacións para 2014


Xa podemos adiantar o calendario de actuacións previsto para este ano, a falta de fixar algunha data e os concertos de Natal.

Neste momento temos acordadas cinco representacións do espectáculo de zarzuela, así como visitas aos concellos de Bueu, Muros, Sada, Valga, Valdoviño e Teo. Alén da participación en diversos festivais e concertos na Cruña.

No V Festival de Primavera (10 de maio) actuaremos xunto as corais polifónicas de Bueu, Don Diego de Muros e Endesa de As Pontes. No Concerto de XVI Aniversario visitaranos as corais polifónica Santa Comba (de Cordeiro-Valga), de Luou (Teo) e Lembranzas da Terra (Valdoviño).


CALENDARIO DE ACTUACIÓNS 2014

1 - 10 de maio - V Festival de Primavera - Teatro da Xuventude - Cecebre
2 - 17 de maio - Concerto coa Coral de Bueu - [...] - Bueu
3 - 21 de xuño - Viva la Zarzuela - Centro Sociocultural Ágora - A Cruña
4 - 28 de xuño - Concerto coa Coral de Muros - [...] - Muros [anulada por mudanza de datas]
5 - 12 de xullo - Concerto coa Coral de As Pontes - [...] - As Pontes
6 - 9 de agosto - Viva la Zarzuela - Auditorio do Parque da Igrexa - Cambre
7 - 15 de agosto - Festival de Polifonía e Habaneras - Auditorio do Parque da Igrexa - Cambre
8 - 19 de agosto - Viva la Zarzuela - Palco dos Xardíns de Méndez Núñez - A Cruña
9 - 20 de agosto - Encontro de Corais - Auditorio no Parque de Santa Margarida - A Cruña
10 - 13 de setembro - Viva la Zarzuela - Sala de teatro do Centro Francisco Lloréns - Sada
11 - 27 de setembro - Viva la Zarzuela - [...] - A Cruña
12 - 4 de outubro - Concerto coa Coral Santa Comba - Auditorio de Valga - Corbeiro (Concello de Valga)
13 - 11 de outubro - XVI Aniversario da nosa coral - Teatro da Xuventude - Cecebre
14 - 25 de outubro - Concerto coa Coral Lembranzas - Centro Francisco Lloréns - Sada
15 - 22 de novembro - Festival de Santa Icía: Concerto coa Coral Lembranzas da Terra - Auditorio da Casa da Cultura - Valdoviño
16 - Aínda sen data - Concerto coa Coral de Luou - [...] - Teo


MAPA DE ACTUACIÓNS 2014 (VER)

 Localización dos lugares de actuación. Xeral e zona das Mariñas
Globo bermello: Música coral - Cadrado azul: Aniversario - Estrela amarela: Zarzuela

A imaxe corresponde ao Centro Socio-cultural Agora da Cruña.

domingo, 30 de março de 2014

Entrevista á compañeira Dolores García



Despois dun mes sen entrevista voltamos coa compañeira Dolores García García, "Loli", unha das veteranas da Asociación. Muito cumpridora cos compromisos e atenta aos asuntos da Coral, esta soprano coruñesa é tamén muito amiga das esmorgas e a festa.  

*******


Onde decorreu a túa infancia?

Nas Xubias e na Gaiteira [bairros da cidade da Cruña].

A que te dedicaches na tua vida laboral?

Dediqueime á destilaría de licores e augardentes.

Aguardando o momento da actuación no Festival de Habaneras
(Cambre, xullo 2011)


ORIXE DOS APELIDOS
Cartografía dos Apelidos de Galicia - Instituto da Lingua Galega - USC

Distribución de "García"

"García", considerado por muitos de orixe basca (*Hartze-a. "o urso"), é, segundo Higino Martins Estevez (As tribos calaicas, 2008), un "celtismo cedo romanizado, frequente em Navarra por aí o céltico ter sido uma velha língua franca. Vem de garça, ave de grande valor simbólico ainda na Idade Média; de bom agoiro e inimiga da serpente, cf. os bestiários medievais, que a exalçam. Coromines provou garça vir de *KARKIIĀ, com a passagem latina de K’- para G-. Garcia vem de *KARKÍDIĀ “garçalidade”." Mais información en Apelidos de Galicia.



Desde cando moras en Cambre?

É a minha segunda casa desde hai 40 años.

En que actividades sociais participas alén do coro?

En ningunha. Dedícome a cuidar miña familia.

Que te motivou para entrares na coral?

A soidade ao ficar viúva.

 
Xantar de Entroido en Bribes (febreiro 2014) - Ensaiando zarzuela en Cecebre (2012)

Que pensa a túa familía da túa implicación no coro?

Está moi feliz de que estexa activa e ocupada.

Tiñas algún tipo de experiencia musical cando entraches na coral? 

No coro parroquial na igrexa do Carme, nos Castros [Pertencente á parroquia de Santa María de Oza].

Entre Ana e Chus (Sada, outubro 2012) e de ensaio con Gesto no Forum da Cruña (xuño 2012)

Que é do que mais gostas das actividades que desenvolvedes?

Pois case todo. Os ensaios de zarzuela, as viaxes das actuacións, actuar con outro coros e coñecer os seus comezos. 

Cres que as actividades da Coral receben suficiente recoñecimento e apoio institucionais?

Creo que si.



No Parque de Santa Margarida (agosto de 2012)
e nunha representación de Zarzuela en Sada (outubro de 2012)
  

"Alma, corazón y vida" interpretada por Los Panchos


quarta-feira, 5 de março de 2014

O noso repertorio: A "Alborada" de Veiga


Título: "A estrela cruñesa" / "Alborada"
Letra: Francisco María de la Iglesia
Música: Pascual Veiga Iglesias
Ano: 1879
Arranxo: [---]
Xénero: Alborada
País: Galiza




COMENTARIO

Pascual Veiga (1842-1906), autor da música do hino galego, foi o pioneiro do rexurdimento musical galego. A alborada e "unha composición de orixe popular que un gaiteiro debía executar, con acompañamento de tamboril, os días de festa ou de patrón pouco despois do amencer, da alba, de onde procede o seu nome. É un xénero solemne, cun ritmo medio de 2/4 e de gran antigüidade. A composición de Pascual Veiga que comentamos amosa, no entanto, algunhas variacións importantes respecto da forma tradicional tanto na súa estrutura, máis complexa, como na tonalidade, pois está composta en clave de Fa, e non en Do ou Re maior, como acontece no formato popular."

Desde o momento da estreia polo Orfeón Brigantino durante os Xogos Florais de Pontevedra de 1880 co título de "A estrela cruñesa", nome da poesía de Francisco María de la Iglesia sobre a que fora composta a melodía, Alborada gallega tornouse unha das pezas musicais galegas máis populares. Louvada por Curros Enríquez num poema (¡Gloria a quen un tesouro n’esa canción nos leiga / Qu’ ha de ser a «Marsellesa» galaica «d’o Porvir»!), funcionou historicamente como música de identificación patriótica galega. 

LETRA


VIDEO

Galician Symphonic Orchestra


LIGAZONS

REAL ACADEMIA GALLEGA - Artigo "Alborada de Veiga"
RAG - PDF coa letra orixinal mecanografada do poema "adicada ás nenas da Cruña"
PDF - "Os símbolos de Galicia"

segunda-feira, 3 de março de 2014

Xantar de Entroido en Bribes



Mais un ano aproveitamos as festas do Entroido pra celebrarmos un xantar de confraternización. Desta vez reunímonos o sábado 22 de febreiro no restaurante Becerra, na parroquia de Bribes, a dar conta dunha boa laconada.

Só media ducia, dos cuarenta comensais, fumos quen de apresentarnos disfrazados, polo que fumos o centro de atención polo mentos até o comezo do xantar, un tempiño despois da recepción e os saúdos. Muito nos alegrou a presenza de varias excoralistas que se apontaron à xornada de convivio. Eu aproveitei o tempo de espera, antes e depois de nos sentar á mesa, para fotografar os compañeiros.

O xantar foi o típico destas datas, laconada, con chourizo, grelos, garabanzos e pataca. Todo regado cun bon mencía. De postre, orellas, filloas, "lazos" e "buñuelos", con abundante mel, marmelo, nata e outras cremas para quen quixer acompañar. E por último, xa entre piadas e cánticos, os cafés, cuns deliciosos chupitos de augardente e outros licores.

Após unhas intensas horas de convivencia despedímonos até o ensaio da próxima segunda feira.

ALGUNHAS FOTOGRAFIAS DO XANTAR


Ana Castro - Sol e Marién - Alfredo
Rosalía - Carlota

  


Alberto e home de Ana Castro - Garay e dona
Pepe e dona - Juan e Obdulia

     

Alberto, Ana, Elvi, Gesto e Carmen - Loli e Chus
 Chus, Mari, Alberto e Gesto - Olga co marido e un fillo



Pedro, Gesto e Doval - Pedro, Alfredo e Rosalía 
Mari, Carmen e o marido - Garay, Obdulia, Juan, Pedro e Juan




Herminia, unha amiga portuguesa, Obdulia, Merche e Rosalía.
Doval e Ramón - Pedro co marido de Carmen


sexta-feira, 21 de fevereiro de 2014

Renovación da Xunta Directiva da Coral


O pasado 31 de janeiro eliximos na Asembleia xeral unha nova directiva para os próximos catro anos que substitúe a presidida por Manuel Gesto e Manuel Luis Doval  e na que recuncan Alfredo, Ana e Sinda.

Eis o cadro de responsábeis:

Presidente: Juan María García Blanco (Garay)
Vice-Presidenta: Rosalía López Pérez (Entrevista Setembro 2013)
Secretaria: Olga Sande Rumbo (Entrevista Maio 2013)
Tesoureiro: Alfredo Álvarez Muiños (Entrevista Febreiro 2013)
Arquiveira: Ana María Castro Cortés (Entrevista Marzo 2013)
Vogal: Luis Alberto Torreiro Ares
Vogal: Sinda Mosquera Aradas (Entrevista Abril 2013)

Na fotografía a seguir, tirada na representación de zarzuela en Arteixo (febreiro 2013) aparecemos os catro novos membros da xunta (en primeiro plano e de esquerda para direita): Alberto, Rosalía, Olga e Garai, escoltados por Sol e Ramón (secretario saliente). Agardamos poder completar proximamente estea postaxe cunha fotografía de toda a xunta.


Por outra parte, este sábado 22 de febreiro celebraremos un xantar de confraternidade na Casa Becerra de Bribes. 

quarta-feira, 19 de fevereiro de 2014

Lista de membros da Coral


RELACIÓN DE MEMBROS DA CORAL EN XANEIRO DE 2014

Relación de membros da Coral en 31 de xaneiro de 2014, xornada na que decorreu a asembleia xeral en que se renovou a Xunta Directiva, facto do que informaremos proximamente.