Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

sábado, 16 de agosto de 2014

Grande suceso do espectáculo de Zarzuela en Cambre


ESPECTÁCULO "VIVA LA ZARZUELA"
Auditorio do Parque da Igrexa
Sábado 9 de agosto

Mezzosoprano: Mª Jose Ladra
Pianista: Zita Tanasescu
Dirección: Luisa Armesto
 


PROGRAMA DO ESPECTÁCULO


CRÓNICA FOTOGRÁFICA

Marina, "Dichoso aquel que tiene...". Solista e coro de homes. 


La rosa del azafrán, "Esta mañana mu tempranico...". Solista e coro xeral.

Katisuska: "Marcha de los soldados de Kazán". Coro de homes.

 La del Soto del Parral, "Dónde estarán nuestros mozos". Coro xeral.


 Don Gil de Alcalá, "Todas las mañanitas". Solista e coro xeral.

 Don Manolito, "Viva Madrid que sí, que sí...". Coro xeral.

Luisa Fernanda, "Mazurca de las sombrillas". Solista e coro xeral.

El rey que rabió, "Coro de los doctores". Coro de homes.


Las Leandras, "Coro de los nardos". Solista e coro xeral.


 La Verbena de la Paloma, "Por ser la Virgen de la Paloma". Coro xeral.

Las hijas del Zebedeo, "Al pensar en el dueño de mis amores". Solista.
 
 
 El último romántico, "Mazurca". Coro xeral.
 
 La Gran Vía, "Tango de la Menegilda". Solista.

 La Gran Vía, "La jota de los ratas". Tenores e baixos solistas.
 
 La Gran Vía, "El Chotis del Elisedo". Solista e coro xeral.

 Un momento da despedida: Pirri e Manolo,
policiais en El último romántico e La Gran Vía.

Interpretando "O coro dos nardos" no bis de despedida.

sexta-feira, 15 de agosto de 2014

Actuación hoxe sexta feira no Festival de Habaneras de Cambre


XVI FESTIVAL DE POLIFONÍA E HABANERAS

Auditorio do Parque da Igrexa, Cambre
Venres 15 de agosto

CORAIS PARTICIPANTES

Coro Parroquial de Sigrás
Coral Aires Novos de Pravio
Coral de Cecebre
Coral Polifónica Santa María de Cambre

Real Coro de Toxos e Froles (convidada especial)





Após a obrigada ausencia do ano pasado voltamos a participar no Festival de Habaneras de Cambre xunto coas outras corais do concello e o Real Coro de Toxos e Froles como agrupación convidada. O evento decorrerá hoxe sábado a partir das 20:30 no auditorio do Parque da Igrexa.

REAL CORO TOXOS E FROLES

O Real Coro Toxos e Froles, fundado no Ferrol en 1914, é unha das agrupacións musicais mais emblemática da música tradicional galega. Desde a sua apresentación pública en maio de 1915 ven desenvolvendo unha incansábel labor de recuperación, dignificación e enaltecimento do folclore da terra, da que en maio último celebraron o 99 aniversario.

Formación orixinal en 1915        *       99º Aniversario: maio 2014

VIDEO


LIGAZÓNS

Real Coro Toxos e Froles - Sítio web (vídeo) - Galipedia
Real Coro «Toxos e Froles» . 1914 - Blogue Fenecom (fotografías)
¡Feliz aniversario, Toxos e Froles! - Diario dixital Galicia Ártabra - Fotografías

sábado, 9 de agosto de 2014

Entrevista á compañeira Teresa Martínez


A compañeira Teresa Martínez Balado está a piques de cumprir un decenio na coral. Teño o honor de tela como compañeira no coro, polo que sei da súa discreción, responsabilidade e seguranza en si propia, así como da súa potente voz e facilidade para o canto.

*******

Onde decorreu a túa infancia?

Aquí en Cambre [parroquia].

A que te dedicaches na vida laboral?

Fui dona de casa.
XIV Aniversario (Cecebre, outubro 2012) - Festival de Habaneras (Cambre, xullo 2011)

Moraches sempre en Cambre?

De sempre.

En que actividades sociais participas alén do coro?

Como tal non lembro ningunha. O mais parecido son os exercicios de gimnasia...


ORIXE DOS APELIDOS
Cartografía dos Apelidos de Galicia - Instituto da Lingua Galega - USC


   Distribución de "Martínez"             Distribución de "Balado"

"Martínez" e "Balado" son dous apelidos galegos. "Martínez" é de orixe patronímica, e por tanto con diversas orixens, aínda que as mais antigas localózanse na Galiza e Asturias. Significa "fillo de Martín" ou "Martiño", nome latino. Tamén se dá a forma "Martins", mais abundante em Portugal. Percébese no mapa que é mais frecuente na Galiza marítima que no interior. "Balado" (e a forma mais correcta pero menos abundante "Valado") provén do latín vallatum, que en galego significa calquer muro (non só de madeira) para delimitar o terreo. Como outras formas semelhantes, de orixe toponímica ("Baliñas"/"Valiñas", "Alto dos Valos", "Valadouro", "Valadares", etc.), o termo latino pode ser tradución dunha forma céltica referente ao limes ou fronteira entre territorios. 


Que te motivou para entrares na coral?

A solidariedade que reinaba na coral.

Que pensa a tua familia da túa implicación no Coro?

'Tache encantada.
     
Representando zarzuela en Cecebre (outubro 2010) [1], Sada (outubro 2012) [2 e 5], Cecebre (abril 2012) [4]
Na foto [4], abaixo no meio, interpretando o "Coro de los nardos" de Las Leandras.
      

Tiñas algún tipo de experiencia musical cando entraches na coral?

Non tiña, aínda que sempre gostei de cantar.

Que é do que mais gostas das actividades que desenvolvedes?

Da coreografía da zarzuela. Especialmente o desfile das vendedoras de nardos nas Leandras.

Cres que as actividades da Coral receben suficiente recoñecemento e apoio institucionais?

Non, en absoluto.
En Melide, no meio da banda esquerda despois do concerto de Natal (decembro 2012)
En Ribeira, no primeiro plano, acompañada de afeccionadas da música (novembro 2013) 
En Celas, no xantar de confraternización con Obdulia Mayo (setembro 2012)
En Cambre, no convite do XII Aniversario con Luisa Louro (outubro 2010)
  
En Ribeira con Rosalía (novembro 2013)

*******

VIDEO
"Los nardos por Celia Gámez"


sexta-feira, 8 de agosto de 2014

Próxima actuación co espectáculo 'Viva la Zarzuela' en Cambre



Após un ano, este sábado 9 de agosto voltamos a representar a nosa antoloxía "Viva la Zarzuela" en Cambre. O espectáculo principiará ás nove do serán no anfiteatro do Parque da Igrexa. Sob a dirección de Luisa Armesto e coa participación da mezzosoprano María José Ladra e a pianista Zita Tanasescu interpretaremos a antoloxía que tanto suceso nos deparou estes últimos anos en vilas como Sada, Arteixo, Betanzos e a mesma Cambre.

Seguindo o referente da actuación de Cambre, a última que tivemos, o programa do espectáculo fica conformado por 15 temas, con poucas mudanzss na orde. Tal vez nesta ocasión concluamos co coro e seguidillas "Por ser la Virgen de la Paloma", da zarzuelita (tipo de zarzuela nun único acto) La Verbena de la Paloma.

De seguido xuntamos o programa (provisional) segundo os ensaios e o elenco da antoloxía.

PROGRAMA

1. Marina, "Dichoso aquel que tiene...". Solista e coro de homes.
2. La rosa del azafrán, "Esta mañana mu tempranico...". Solista e coro xeral.
3. Katisuska: "Marcha de los soldados de Kazán". Coro de homes.
4. La del Soto del Parral, "Dónde estarán nuestros mozos". Coro xeral.
5. Don Gil de Alcalá, "Todas las mañanitas". Solista e coro xeral.
6. Don Manolito, "Viva Madrid que sí, que sí...". Coro xeral.
7. Luisa Fernanda, "Mazurca de las sombrillas". Solista e coro xeral.
8. El rey que rabió, "Coro de los doctores". Coro de homes.
9. Las Leandras, "Coro de los nardos". Solista e coro xeral.
10. La Verbena de la Paloma, "Por ser la Virgen de la Paloma". Coro xeral.
11. Las hijas del Zebedeo, "Al pensar en el dueño de mis amores". Solista.
12. El último romántico, "Mazurca". Coro xeral.
13. La Gran Vía, "Tango de la Menegilda". Solista.
14. La Gran Vía, "La jota de los ratas". Tenores e baixos solistas.
15. La Gran Vía, "El Chotis del Elisedo". Solista e coro xeral.

ELENCO

Mezzosoprano solista: María José Ladra.
Tenores solistas: L. Alberto Torreiro, José Mª Carregal, Juan Mª García e Alfredo A. Álvarez.
Baixos solistas: Carlos E. Santiso e Manuel Deus.
Narrador: Manuel Doval.
Pianista: Zsita Tanasescu.
Dirección e realización: Luisa Armesto Ramón.
Produción: Coral Polifónica Santa María de Cambre.

Temos concertadas mais representacións de zarzuela na Cruña e Sada (ver Calendario de actuacións), e a próxima sexta feira 15 de agosto voltaremos a Cambre para participar no Festival de Polifonía e Habaneras tamén dentro do marco das Festas Patronais de parroquia e concello.

FOLLA DO ESPECTÁCULO




AS NOSAS PARTICIPACIÓNS NAS FESTAS DE CAMBRE



LOCALIZACIÓN


Ver CAMBRE num mapa maior