A compañeira Teresa Martínez Balado está a piques de cumprir un decenio na coral. Teño o honor de tela como compañeira no coro, polo que sei da súa discreción, responsabilidade e seguranza en si propia, así como da súa potente voz e facilidade para o canto.
*******
Onde decorreu a túa infancia?
Aquí en Cambre [parroquia].
A que te dedicaches na vida laboral?
Fui dona de casa.
XIV Aniversario (Cecebre, outubro 2012) - Festival de Habaneras (Cambre, xullo 2011)
Moraches sempre en Cambre?
De sempre.
En que actividades sociais participas alén do coro?
Como tal non lembro ningunha. O mais parecido son os exercicios de gimnasia...
ORIXE DOS APELIDOS
Cartografía dos Apelidos de Galicia - Instituto da Lingua Galega - USC
Distribución de "Martínez" Distribución de "Balado"
"Martínez" e "Balado" son dous apelidos galegos. "Martínez" é de orixe patronímica, e por tanto con diversas orixens, aínda que as mais antigas localózanse na Galiza e Asturias. Significa "fillo de Martín" ou "Martiño", nome latino. Tamén se dá a forma "Martins", mais abundante em Portugal. Percébese no mapa que é mais frecuente na Galiza marítima que no interior. "Balado" (e a forma mais correcta pero menos abundante "Valado") provén do latín vallatum, que en galego significa calquer muro (non só de madeira) para delimitar o terreo. Como outras formas semelhantes, de orixe toponímica ("Baliñas"/"Valiñas", "Alto dos Valos", "Valadouro", "Valadares", etc.), o termo latino pode ser tradución dunha forma céltica referente ao limes ou fronteira entre territorios.
Que te motivou para entrares na coral?
A solidariedade que reinaba na coral.
Que pensa a tua familia da túa implicación no Coro?
'Tache encantada.
Representando zarzuela en Cecebre (outubro 2010) [1], Sada (outubro 2012) [2 e 5], Cecebre (abril 2012) [4]
Na foto [4], abaixo no meio, interpretando o "Coro de los nardos" de Las Leandras.
Na foto [4], abaixo no meio, interpretando o "Coro de los nardos" de Las Leandras.
Non tiña, aínda que sempre gostei de cantar.
Que é do que mais gostas das actividades que desenvolvedes?
Da coreografía da zarzuela. Especialmente o desfile das vendedoras de nardos nas Leandras.
Cres que as actividades da Coral receben suficiente recoñecemento e apoio institucionais?
En Melide, no meio da banda esquerda despois do concerto de Natal (decembro 2012)
En Ribeira, no primeiro plano, acompañada de afeccionadas da música (novembro 2013)
En Celas, no xantar de confraternización con Obdulia Mayo (setembro 2012)
En Cambre, no convite do XII Aniversario con Luisa Louro (outubro 2010)
En Ribeira con Rosalía (novembro 2013)
*******
VIDEO
"Los nardos por Celia Gámez"
"Los nardos por Celia Gámez"
Sem comentários:
Enviar um comentário