Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

sexta-feira, 8 de agosto de 2014

Próxima actuación co espectáculo 'Viva la Zarzuela' en Cambre



Após un ano, este sábado 9 de agosto voltamos a representar a nosa antoloxía "Viva la Zarzuela" en Cambre. O espectáculo principiará ás nove do serán no anfiteatro do Parque da Igrexa. Sob a dirección de Luisa Armesto e coa participación da mezzosoprano María José Ladra e a pianista Zita Tanasescu interpretaremos a antoloxía que tanto suceso nos deparou estes últimos anos en vilas como Sada, Arteixo, Betanzos e a mesma Cambre.

Seguindo o referente da actuación de Cambre, a última que tivemos, o programa do espectáculo fica conformado por 15 temas, con poucas mudanzss na orde. Tal vez nesta ocasión concluamos co coro e seguidillas "Por ser la Virgen de la Paloma", da zarzuelita (tipo de zarzuela nun único acto) La Verbena de la Paloma.

De seguido xuntamos o programa (provisional) segundo os ensaios e o elenco da antoloxía.

PROGRAMA

1. Marina, "Dichoso aquel que tiene...". Solista e coro de homes.
2. La rosa del azafrán, "Esta mañana mu tempranico...". Solista e coro xeral.
3. Katisuska: "Marcha de los soldados de Kazán". Coro de homes.
4. La del Soto del Parral, "Dónde estarán nuestros mozos". Coro xeral.
5. Don Gil de Alcalá, "Todas las mañanitas". Solista e coro xeral.
6. Don Manolito, "Viva Madrid que sí, que sí...". Coro xeral.
7. Luisa Fernanda, "Mazurca de las sombrillas". Solista e coro xeral.
8. El rey que rabió, "Coro de los doctores". Coro de homes.
9. Las Leandras, "Coro de los nardos". Solista e coro xeral.
10. La Verbena de la Paloma, "Por ser la Virgen de la Paloma". Coro xeral.
11. Las hijas del Zebedeo, "Al pensar en el dueño de mis amores". Solista.
12. El último romántico, "Mazurca". Coro xeral.
13. La Gran Vía, "Tango de la Menegilda". Solista.
14. La Gran Vía, "La jota de los ratas". Tenores e baixos solistas.
15. La Gran Vía, "El Chotis del Elisedo". Solista e coro xeral.

ELENCO

Mezzosoprano solista: María José Ladra.
Tenores solistas: L. Alberto Torreiro, José Mª Carregal, Juan Mª García e Alfredo A. Álvarez.
Baixos solistas: Carlos E. Santiso e Manuel Deus.
Narrador: Manuel Doval.
Pianista: Zsita Tanasescu.
Dirección e realización: Luisa Armesto Ramón.
Produción: Coral Polifónica Santa María de Cambre.

Temos concertadas mais representacións de zarzuela na Cruña e Sada (ver Calendario de actuacións), e a próxima sexta feira 15 de agosto voltaremos a Cambre para participar no Festival de Polifonía e Habaneras tamén dentro do marco das Festas Patronais de parroquia e concello.

FOLLA DO ESPECTÁCULO




AS NOSAS PARTICIPACIÓNS NAS FESTAS DE CAMBRE



LOCALIZACIÓN


Ver CAMBRE num mapa maior

Sem comentários:

Enviar um comentário