Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

quarta-feira, 10 de setembro de 2014

O Mariscal, primeira ópera galega (I)

 
Título: O Mariscal
Libretista: R. Cabanillas & A. Vilar Ponte
Música: Eduardo Rodríguez Losada
Ano: 1929
Lugar: Cruña-Vigo


COMENTARIO


Após o heroico comportamento dos galegos durante a ocupación napoleónica e, paradoxalmente, a abolición institucional do Reino da Galiza (o mais antigo reino da Europa e primeiro após a queda do Imperio Romano) para dar paso ás centralistas provincias, foise recuperando, ou forxando, a conciencia política plena (non só cultural ou linguística) da Galiza. Para o cal chanzo fundamental é a criación dunha historia nacional -proceso que foi estritamente contemporáneo doutros análogos ao longo da Europa. E depois, a partir dela, un teatro nacional en que recriar os principais dos mitos históricos.

MARECHAL PERO PARDO de ZELA

Entre eses mitos figura en lugar principal o do Marechal Pardo de Cela, cuxa lembranza e mitificación decorreu espontaneamente xa do momento da sua execución polos Reis Católicos após telo prendido en virtude dunha traizón... Os primeiros testemuños após a morte do Marechal divídense en dúas focaxens, favorábel e desfavorábel, que chegan até aos nosos días. Ao carón dos primeiros testemuños literarios sobre a súa figura, promovidos polos seus deudos (Romance de Pardo de Cela -unha composición popular que narra a venda da Frouseira e o apresamento do Marechal que foi parcialmente recollido no Memorial da Casa dos Saavedra, escrito en 1679-,  o Cantar do Mariscal, diversas versóns da Relazón da Carta Xecutoria -que contenhen o episodio da ponte de Pruzos), e que fan fincapé na traizón coa que foi submetido o seu espírito de independencia, aparecen olhadas mais críticas ou denigratorias como a de Vasco de Aponte, quen, no seu Recuento de las casas antiguas del Reino de Galicia, presenta o Marechal como un depredador do bispado de Mondoñedo.Una relación completa destes primeiros escritos e dos xerados pola tradición pardiana pode verse no artigo de Xulio Pardo de Neyra "Literatura gallega y caballería: intertextualidad y recurrencia literaria de las leyendas familiares" en Las órdenes militares: realidad e imaginario (pp. 607-8). Sobre a dimensión musical desa tradición xa publicamos unha postaxe apresentando Tres cancións sobre o Marechal Pedro Pardo de Cela.


Recreación romántica (s. XIX) do Marechal (Fonte: Wikipedia)
Francisco Vales Villamarin, A sepultura de Xoan Nunes Pardo, pai do Mariscal Pardo de Cela (1974) (Fonte)


O REXURDIMENTO GALEGO

Durante a época moderna o pobo manteu a memoria daqueles acontecementos, en canto o interesse dos eruditos sobre a figura do Marechal corría unha sorte paralela à preocupación polas venturas da Galiza. Na historiografia romántica galega da segunda metade do século XIX voltamos encontramos as mesmas posicións encontradas e de síntese. Para Ramón Sanjurjo Pardo o marechal foi un "raptor da igrexa" en canto para Benito Vicetto ensalzouno como "mártir da teocracia", consagrándoo na sua novela histórica Los hidalgos de Monforte: historia caballeresca del siglo XV (1857). O proprio Manuel Murguia corrixiria, en balde, muitas das mistificacións da figura do marechal.

Da xuventude de Emilia Pardo Bazán (ca. 1868) consérvase na sé da Academia Galega un manuscrito cun drama romántico de tipo histórico dedicado ao mariscal, El Mariscal Pedro Pardo, con quen entroncaban as orixes da súa familia.

Un dos poemas patrióticos de Espiñas, follas e frores (ramiño primeiro), título do primeiro volume (1875) en galego de Valentín Lamas Carvajal, é un soneto titutlado “Pedro Pardo de Cela” que se considera "o primeiro poema en lingua galega sobre a figura de Pardo de Cela nos tempos modernos. En castellano há algunhas composicións algo anteriores" (Alondo Montero, Prólogo á edición facsímile). Lamas Carvajal parte do retrato do historiador Benito Vicetto e ve no Marechal un "xenio leial da independenza nosa", termo que repete, enfatizado, no final do poema:


HAY unha cova n' esta patria hermosa,
Pra vergonza do pobo escarnecida;
N' esa cova que fai sempre esquecida,
Pardo de Cela,'o mariscal, reposa,
Xenio leyal d'a independenza nosa,
Por ela batallou; man homicida
Con infame treicion quitoulle a vida:
¡Martir foi n'ista terra xenerosa!
A sangre d'o infelís Pardo de Cela,
Crama venganza a Dios pol'a inxusticia;
Aquil que a derramou ten que bebela:
Anque a cova escarnezan, a xusticia
Ha de facer que rezusiten d' ela
A INDEPENDENZA e groria de Galicia.

Biblioteca Virtual Galega [BVG]




EL GALLEGO (periódico semanal), ano II, nº 44, Buenos Aires, 22 de febreiro de 1880 [PDF]
 

O ideólogo do rexionalismo conservador, Alfredo Brañas, aceita sen reparos a visión patriótica do Marechal (apud. Manuel Ângelo Gomes Abrunhosa, Precedentes histórico-teóricos dos regionalismos dos Açores e da Galiza, pp.100-1)


Entonces fue cuando un espíritu patriótico y enérgico protestó contra el aniquilamiento
de las libertades populares y en la ciudad de Mondoñedo resonó en 1483 el primer grito
de libertad, que en vano llegó hasta las gradas del trono de la magnánima y piadosa
reina Doña Isabel. El Mariscal Pedro Pardo de Cela, opuso a la exigencias del trono y a
las intrusiones de su poder, los derechos, las franquicias y los usos recibidos de los
pueblos y villas de Galicia, y encerrado en el Castillo de la Frouseira, situado en el
Valdouro, resistió valientemente con sus hijos el cerco que le puso el capitán Mudarra.

Alfredo Brañas, El regionalismo, 1889 (p. 264)

O MITO DO MARECHAL NO SÉCULO XX
Interpretacións encontradas

Aínda que corrixido por Murguia, o mito sería recollido no século XX por literatos e intelectuais como Leiras Pulpeiro, Vicente Risco ou Castelao. Cunha tradición que enxergaba os tempos medievais, e unha recuperación da sua figura para a dignificación da Galiza que xa comezara no s. XIX, o movimento galeguista de inícios do XX reafirmou con forza a lenda do Marechal.

Ramón Suárez Picallo publica nun folleto de "Propagando Galeguista" en Buenos Aires un texto titulado "El Mariscal Pardo de Cela" (finais dos 20) que sintetiza as súas intervencións nas "Semanas Galegas" que, en homenaxe ao Marechal, organizara durante muitos anos. Na mesma altura, o futuro cronista oficial de Lugo, Xosé Trapero Pardo, publica o ensaio El Mariscal Don Pedro Pardo de Cela. Leyenda acerca de su prisión y muerte (1925). 

A figura do Marechal foi -e é- muito controversa, dividindose os pareceres entre os que ven nel o lutador pola independencia nacional e os que só ben un señor da guerra opresor do pobo galego. Entre os primeiros, o mesmo Castelao, quen nunha "Homenaxe" a Pardo de Cela en 1941 afirma contundentemente que "non hai dúbida de que morreu pola liberdade de Galiza". Segundo o propio Vilar Ponte: "c´o aforcamento  do indomabre galego Pardo de Cela, sucumbeu a nazonalidade galega" (Emilio Xosé Insua López, 2005, p.131).

Entre os segundos, o alcalde socialista da Cruña, Manuel Casás Fernández, cuxa opinión sumamente hostil contra o Marechal e reivindicativa dos irmandiós publicada en La Voz de Galicia, é repetida por Eduardo Lence Santar en "A Frouseira", artigo publicado en El Compostelano en 10 de xullo de 1939: "pois Pedro Pardo non foi máis que un de tantos xurafaces señores feudás qu’entón campaban n-a Galicia excravizando a nosa terra, inda que digan outra cousa os noveleiros ou os bestas desconocedores ou falseadores d’a Hestoria."

En varias opiniones, Pardo de Cela "no fue ni un malhechor ni un héroe, sino simplemente la víctima de un escarmiento ejemplar". En todo caso, é inegábel que inmediatamente após a sua morte e con sustida constancia ao longo dos séculos, a sua figura foi mitificada polo pobo e os eruditos galegos. Alén dos anacronismos por ambas as partes, os dados mais relevantes son que conservemos dous documentos contemporáneos (ss. XV-XVI) sobre Pardo de Cela, o "Pranto da Frouseira" e a "Relazón da carta executoria", e que mesmo a tradición popular do Valadouro mantivese vigorante até á actualidade os mesmos dous aspectos que se reflecten naqueles: o enfrentamento a Castela e a traizón.

p
O MARECHAL EN A NOSA TERRA


Como amostra da importancia da figura do Marechal para o movemento emancipador galego consigamos os artigos e poemas dedicados, do título, ao Pedro Pardo de Cela no xornal A Nosa Terra durante súa época de 1916 a 1972. Só incluimos un artigo (nº 227) dos muitos outros que podemos supor falam do Mariscal.

En 1916 o número 4 d'A Nosa Terra inclue un artigo de Antón Vilar Ponte, "433 Aniversario da morte do Mariscal Pardo de Cela. Non esquezamos a nosa hestoria", e un soneto en galego dedicado ao Marechal ("A Pardo de Cela (soneto)" de Florencio Vaamonde. Entrambos, podemos supor que os "Cantares gallegos" de Manuel Leiras Pulpeiro incluiría algum poema dedicado ao nobre galego. O número 133 d'A Nosa Terra (1921) inclúe "Ao Mariscal Pardo de Cela (versos)" de Ubaldo Landín. O número 227 (1926) inclúe un artigo de Antón Vilar Ponte intitulado "Tempos de sementeira". O número 318 (1933) ábrese cunha "Lembranza do Mariscal Pardo de Cela". "En prol do moimento a Pardo de Cela" (nº 330, 1934); "En prol do moimento a Pardo de Cela", por Rafael Varela Pazo (nº 331, 1935), "Lembranza de Pardo de Cela" (nº 443, 1945), "No 463 Aniversario da morte de Pardo de Cela" (nº 454, 1946), "Homaxe a Pardo de Cela" (nº 458, 1947), "Relembrando a Pardo de Cela" (nº 466, 1948), "O Mariscal Pardo de Cela" e "O 17 de Nadal Lembrouse a Morte do M. Pardo de Cela" (nº 473, 1949), "Pardo de Cela. refleisións encol do noso heroi nazonal no 470 Aniversario da súa morte" (nº 487, 1953), "Pardo de Cela" (nº 504, 1963).


A OBRA DE TEATRO


Benito Vicetto fixo a Pero Pardo caudilho dos Irmandinhos, contra os que realmente
luitou. Leiras Pulpeiro, nas suas cingidas, elípticas e misteriosas cantigas, rendeu-lhe
culto de mártir da sua galeguidade. E no drama de Cabanilhas e Vilhar Ponte aparece
já decididamente transformado em caudilho nacionalista

Ricardo Carvalho Calero, "Pedro Madruga no teatro galego", 1989

O Mariscal: Lenda tráxica en verso é unha obra teatral escrita por Ramón Cabanillas (Cambados 1876-1959) e Antón Vilar Ponte (Viveiro 1881-Cruña 1936), baseada nos últimos momentos da vida de Pardo de Cela a partir dunha perspectiva, como indica o título e apontan os autores no prólogo, basicamente lendaria mais que histórica. Un, o "poeta da raza", case poeta "oficial" do movimento galeguista; o outro, grande alentador do galehuismo, presidente na altura do coro Cántigas da Terra.

A historia céntrase nos últimos días da vida do mariscal. É o último momento deses últimos momentos que transluce mais claramente a intención política dos autores, cando, no calabozo de Mondoñedo, o marechal e seu fillo Pedro e o señor de Miranda (nobre leal à sua causa), esperan o momento da súa execución ordenada pola Raiña Isabel de Castela:


¡Ou miña terra! ¡Como nos en ferros, doente e prisioneira..!


Há diversas hipóteses sobre o sentido da longa colaboración que supuxo a xestación da obra. Puido ter sido escrita en prosa polo viveirés, quen coñecería a lenda de primeira mao, e logo versificada polo poeta. Outros manteñen que só foi promotor e prologuista da peza teatral e que seria o libretista da adaptación musical.

O primeiro manuscrito está datado en Mos en 1920. A expectación levantada fixo que en 1924 se adiantase a publicación de Unha escea inédita da leenda tráxica e histórica en tres xornadas orixinal de Antón Villar Ponte e Ramón Cabanillas. A primeira edición, con debuxos de Álvaro Cebreiro foi publicada pola editorial Lar en 1926.

Manuscrito de O Mariscal no Arquivo da Academia Galega

    
 Ramón Cabanillas - Antón Vilar Ponte - Eduardo Rodríguez Losada

Capas da edicion de Lar (1926) e Nós (1929) - Propaganda galeguista (1925?)

As primeiras referencias sobre da edición do libro xa conteñen claras mensaxes acerca da mitificación da personaxe, como se percebe nas palabras do futuro colaborador de Cabanillas, Antón Vilar Ponte en A Nosa Terra:


Pode ser cali[fi]cada como a nosa obra epopéyica. Verdadeiro orgullo
debemos sentir os galegos contando xa na literatura propia con unha obra
dos caralteres de O Mariscal. A sua saída ten de ser, como xa o ven sendo,
acollida por nós con entusiasmo fondo por tratarse de obra de [t]an outro
mérito e tan simbólica representación.

Antón Vilar Ponte ["Tempos de sementeira"], A Nosa Terra 1926

Xa en 1928 aparecen as primeiras valorizacións en Madrid. Nun artigo publicado en La Gaceta Literaria en 1 de xullo, titulado "Galicia: La nueva literatura gallega". pertencente a sección Postales IbéricasAugusto María Casas apresenta un panorama da literatura mais recente en lingua galega que conclúe coa mención de dúas obras emblemáticas, A fiestra valdeira de Rafael Dieste e O Mariscal de Cabanillas e Vilar Ponte.


Augusto María Casas
"Galicia: la nueva literatura gallega" (Postales ibéricas)
en La Gaceta Literaria, Madrid, 1 de xullo de 1928

Y dos obras dramáticas cierran el período que señalamos en el renacimiento literario de Galicia: A fiestra valdeira, de Rafael Dieste, y O Mariscal, de Cabanillas y Villar Ponte. A fiestra valdeira es el problema escénico, sintético y energético, el divertirse con las supermarionetas que un humor atlántico vistió de luz universal; O Mariscal, a la inversa, es el mito, el alma de la raza, de la raza muerta que intenta venir a la vida y sigue muerta en unas páginas románticas.

La comedía de Rafael Dieste tiene un remate ledo, un desenfado para que sonrían, perplejas, las almas rústicas y saudosas; la tragedia de Cabanillas y Villar Ponte, en verso romántico, es una letanía con sonsonetes de zanfona, figuras que salmodian el ayer de la raza con un dejo monótono e inexpresivo. Dos obras estas, no obstante, que llenan el párrafo más interesante del actual momento de Galicia –(Continuará)–.


Tamén de 1928 é o manuscrito redixido en Buenos Aires coa tradución para castellano de Francisco Villaespesa: "El Mariscal: tragedia histórica en tres actos, divididos en cinco cuadros y un prólogo / original, y en verso, de Ramón Cabanillas y Villar Ponte; arreglada a la escena española por Francisco Villaespesa".

O notábel suceso d'O Mariscal fixo con que a editorial Nós tirara en 1929, a prezos muito populares, unha segunda edición da obra.

A ADAPTACIÓN OPERÍSTICA

En 1929 a obra foi musicada polo arquitecto e compositor coruñés Eduardo Rodríguez Losada (Cruña 1886-1973), co libreto adaptado polos propios autores. Antón Vilar Ponte actuou como elemento catalizador entre o poeta e o músico, e intelectuais como Camilo Diaz Valiño (Ferrol 1889-Palas de Rei 1936) ou Castelao participaron nos deseños e ambientación da escenografía. figurinos e decorados. Camilo Díaz, pai de Isaac Díaz Pardo que será asasinado polos franquistas en 1936, foi probabelmente o escenógrafo da zarzuela A lenda de Montelongo de Bernardo del Río. Testemúñao así a relación temática e formal dos decorados (ver abaixo unha das fotografias de Pacheco publicadas en Vida Gallega en 1929). O resultado foi unha obra "grandiosa, em estilo wagneriano, com instantes de expressionismo galego e longos recitativos" (Isabel Rei Sanmartim, "O Mariscal", PGL 20/12/10)


«O poeta traballouna en versos de flama, de metal e de sangue; Vilar deulle o ritmo
cénico preciso pra facela sentir polo público de hoxe e de mañá. Lousada, a fondura
e a perspetiva orquestral; Camilo, a plástica das paisaxes e dos interiores».

[Ramón Otero Pedraio?] "A estreia do Mariscal", Nós, Ourense, n.º 66, 15.06.1929

Ainda que os autores do texto louban o traballo do compositor, Rodríguez Losada suavizou os trazos nacionalistas da obra. O sentido e o modo da adaptación do compositor coruñés percébese e condénsase no final da obra, en que suprime a última intervención recriminatoria con Castela. [CIT]


[Orixinal]

SABELA.– ¡Sube o mar! ¡Sube o mar de sangue ardente! / ¡É o sangue dos meus...! / ¡Señor! ¡Piedade! (Cae desfalecida en terra. Os escudeiros chegan-se a ela con mutismo invencível, todo respeito e dor)

BOLAÑO.– (Mirando o camiño de Castela) ¡Xa trunfaste Castela! Xa venceste! / ¡Señor e Pai! ¡Túa gloria aos que caíron / (Pondo un xionllo en terra) do brazo co-a traición e co-a inxustiza! / e piedade pra nós e pra Galiza. (Rompe a chorar con fondo desconsolo)

[Libreto]

SABELA.– ¡Rube o mar! ¡Rube o mar de sangue ardente! / ¡É o sangue dos meus…! ¡Señor! ¡Piedade! (Cai despromada en terra. Os escudeiros chéganse a ela con mutismo invencibre, todo respeto e door. Cai o Pano)


AS ESTREIAS DA OBRA NA CRUÑA E VIGO

Caricatura de Eduardo Rodríguez Losada
Ainda así, desmochada da súa esencia mais reivindicativa, a estreia da peza lírica na Cruña, ás 7 da tarde de 27 de marzo de 1929 no Teatro Rosalía, "sufríu o mesmo boicote que a publicación do texto de Cabanillas polas súas referencias ao mítico Pardo de Cela frente aos Reis Católicos, e tivo que ser interrompida" (Tesouros de Galicia). Algo desa inquietude transluce a caricatura que Sr. Pellicer fixo do compositor e director na estreia na CruñaParece que, segundo informa Faro de Vigo, se produciron alborotos no camarote de autoridades.


[...] cuando la representación avanzaba, como desde el gobierno civil se podía acceder al teatro, la primera autoridad provincial de La Coruña, con unos amigos, penetró en el palco portando botellas de champán, que descorchó para sus particularísimos invitados. Los taponazos molestaron a Losada. El testigo del hecho nos dice que el músico y director tiró la batuta y el ensayo-representación no continuó.
Faro de Vigo,  [...] marzo 1929
  

Dai que apesar da existencia dun programa da apresentación ou "ensaio xeral" coruñés, muitos consideren a estreia oficial, por terse representado na íntegra, a representación de 31 de maio no Teatro Tamberlick de Vigo, que, segundo os meios da época, foi un grande suceso. Logo representouse tamén en Pontevedra, Ferrol e de novo na Cruña, e mesmo houbo un proxecto empresial para levala a Barcelona. Mas, segundo a crónica da estreia de 1929 en Vigo que publicou La Voz de Galicia con motivo da sua restreia en versión orchestrada, "una decisión de la Junta de Espectáculos coruñesa obligaba a aplazar el estreno, espera que los autores no quieron realizar y elegieron el Teatro Tamberlick de Vigo para inaugurar el género operístico gallego."

Vestiario e decorado da representación en Vigo (maio 1929),
obra probábel do artista e escenógrafo Camilo Díaz Valiño

domingo, 7 de setembro de 2014

Entrevista á compañeira Carlota Silvoso


Carlota María Silvoso López é un dos membros mais novos da Coral. Incorporouse há dous anos xunto o seu namorado Iago Álvarez, constituindo o casal mais novo do grupo. A diferenza dos mais dos outros membros, xá xubilados, ten que harmonizar a participación na coral coa actividade laboral. Discreta e traballadora, ten colaborado co blogue para tirar fotografías dos obsequios da coral.
00000000

Onde decorreu a túa infancia?

En A Coruña.

A que te dedicas na vida laboral?

Soy administrativa, pero he trabajado en diversas actividades, como teleoperadora y camarera. 

No Festival das Letras Galegas (Bueu, maio de 2014).  A segunda da esquerda.
Zarzuela no Teatro da Xuventude (Cecebre, agosto de 2012). Deitada no centro.

Onde moras?

También en A Coruña.

Que actividades sociais ou culturais desenvolves alén do coro?

Hice bailes de salon, moderno y jazz.


ORIXE DOS APELIDOS
Cartografía dos Apelidos de Galicia - Instituto da Lingua Galega - USC / INE


   Distribución de "Silvoso"             Distribución de "López"

"Silvoso" e "López" son dous apelidos galegos. "Silvoso" pode ser de orixe toponímica (há nove lugares na Galiza con ese nome) ou provir directamente do adjetivo de que deriva o fitotopónimo e que significa "(local) abondoso en silvas", "en que há silvas ou cheio de silvas", palabra que procede do latin silvosu, da que tamén deriva "selvoso". Está relacionado con outros topónimos e apelidos bastante frecuentes na Galiza e Portugal: Silva, Silveira, Silveiro, Silvosa, etc. Parece proceder do concello de Fornelos de Montes (na Terra de Montes) e Vedra (no val do Ulla). A emigración espallou o apelido por Arxentina, Uruguai e muitos outros países. O portador mais coñecido a nível internacional é o líder evangelista arxentino Ed Silvoso"López" é apelido patronímico, procedente de "Lopo" (do latín lopus, lobo), dos mais abundantes na península. Parece de orixe galega, mais concretamente, da terra de Sarria (Paradela, O Páramo). O porteiro de fútbol Diego López Rodríguez é, precisamente, de Paradela.


Que te motivou para entrares na coral?

Me motivaron a ir al coro Iago, Alfredo y Luisa que llevan toda su vida en la música y a mí me gusta mucho cantar, ando canturreando todo el dia por todos lados

Tiñas algún tipo de experiencia musical cando entraches na coral?

Nunca estuve en otro coro, lo mio iba por libre, cantaba en karaokes y con los amigos.




Na representación de zarzuela no Parque da Igrexa (Cambre, agosto de 2014),
con saia azul, ao carón de Iago Álvarez, seu namorado, Rosalía e Manolo.
    
Que é do que mais gostas das actividades que desenvolvedes?

De las actividades del coro me gusta hacer Zarzuela me gusta hacer escena estoy habituada por haber bailado siempre

Cres que as actividades da Coral receben suficiente recoñecemento e apoio institucionais?

No, no creo que las actividades del coro tengan el suficiente reconocimiento.

 

Con Toñi antes de actuar no Ágora (Cruña, xuño de 2014)
Con Sol no xantar de confraternización en Celas (Cambre, setembro de 2012)
No convite do 14 Aniversario no Local social (Cambre, outubro de 2012)
No xantar de Entroido en Bribes (marzo de 2014)

00000000


VIDEO


Celine Dion, "Think Twice" (2008) - Video lexendado en inglés

quinta-feira, 4 de setembro de 2014

O noso repertorio: "La jota de los ratas"


Título: "La jota de los ratas" (La Gran Vía) 
Letra: Felipe Pérez y González
Música: Federico Chueca y Joaquín Valverde
Ano: 1886
Arranxo: ---- 
Xénero: Zarzuela 
País: España



COMENTARIO


La Gran Vía, revista lírico-cómica, fantástico-callejera en un acto é unha zarzuela nun acto e cinco cadros con música de Federico Chueca e Joaquín Valverde e libreto de Felipe Pérez y Gonzalez estreada en Madrid en 1886. Mais que unha zarzuela se trata dunha revista de actualidades que, en vez dun enredo propiametne dito, apresenta nunha serie de cenas un desfile de tipos e situacións cómicas do mundo da hampa madrilena. A revista expón con humor e sentido satírico as preocupacións sociais e política da altura.

"La jota de los ratas" é o número musical con que se encerra o segundo cadro. O enaltecimento dos "tres ladronzuelos simpáticos", que surprendería ao mesmo Nietzsche ao ouvila en Turín, compleméntase coa burla directa aos corpos de seguranza que ocasionaría a supresión pola censura de números como "El vals de la seguridad" (ou "Vals del policía") ou o "Pasodoble do sargento". A tesitura dos intérpretes é tenor ou baixo cósmico, tenor cómico e barítono cómico.

Trátase dun número muito gracioso que fai os espectadores simpatizaren cos bribóns, representado con grande vis cómica por Garai, Alberto e José María ou Alfredo no papel de ladróns, e Pirri, Manolo ou Ramón facendo de policiais galegos, un chisco brutos e parvos, burlados polos primeiros. Nós mesmas divertímonos xunto o público contemplando a cena do fundo do cenario mentres esperamos para interpretarmos o próximo número.

ARGUMENTO DO SEGUNDO CADRO

En las afueras de Madrid, el Caballero y el Paseante comentan el estado de la política, cuando aparece la Menegilda que trata de seducirlos con su picardía pero es contestada por Doña Virtudes, su ama, entablándose una pequeña riña donde la última sale mal parada. Todo esto termina al aparecer el novio de la muchacha, un militar con mal genio. Entra el barrio de la Prosperidad pidiendo limosna, luego el barrio del Pacífico buscando pelea y por último el barrio de las Injurias blasfemando. Al poco aparecen los Ratas que se enorgullecen de su oficio, llegando a escapar de las trampas de la autoridad.
Fonte: Wikipedia


Carta de Nietzsche a Peter Gast
Turín, 16 de decembro de 1888

«Una importante ampliación del concepto opereta: opereta española. He oído dos veces La Gran Vía, una calle de Madrid. Algo que no es en absoluto susceptible de importación. Para ello hay que ser un granuja y un terrible individuo de instinto, y además solemne. Un terceto de tres solemnes gigantescos canallas, es lo más fuerte que he oído y visto, incluso como música, genial, imposible de clasificar. Como ahora estoy muy enterado de Rossini, de quien conozco ya ocho óperas, he tomado para compararla la Cenerentola: es mil veces demasiado bondadosa en relación con esos españoles. El argumento mismo solo puede concebirlo un granuja redomado, mil cosas que causan el efecto de juegos de manos, tan repentinamente aparece la canaille. Cuatro o cinco minutos de música que hay que oír... La bella Helena de Offenbach escuchada inmediatamente después palideció tristemente. Me marché. Dura una hora exacta...». 
Fonte: Wikipedia

LETRA



La jota de los ratas
La Gran Vía

Rata 1º Soy el Rata primero.
Rata 2º Y yo el segundo.
Rata 3º Y yo el tercero.

Los tres. Siempre que nos persigue / la autoridad, / es cuando muy tranquilos / timamos más.

Rata 1º Nuestra fe de bautismo ...
Rata 2º La tiene el cura ...
Rata 3º De Saladero. [antigua prisión de Madrid]

Los tres. Cuando nos echa mano / la policía / estamos seguritos / que es para un día.
A muchos les paece [popular: parece] / que nuestra carrera, / sin grandes estudios / la sigue cualquiera; / pues oigan ustedes / lo que es más preciso / pa ser licenciado / sin ir a presidio.

[Aquí viene la descripción del “master” rateril]

Para empezar la carrera / hay que tener vocación, / yendo una vez tan siquiera / a ponerse el capuchón. [a la prisión, adonde se les conducía encapuchados] / Porque allí tan sólo / se puede apreciar / lo que vale luego / tener libertad. / Por más que en saliendo, / siempre grito yo: / "Vivan las cadenas! / si parecen buenas / y son de reloj".

En los tranvías y ripperts [buses o tranvías tirados por mulas o caballos] / y en dónde se halla ocasión, / damos funciones gratuitas / de prestidigitación. // No hay portamonedas / que seguro esté, / cuando lo diquela [argot caló: diquelar: ver, darse cuenta de] / uno de los tres. // Y si cae un primo / que tenga metal, / se le da el gran timo, aunque sea el primo / un primo carnal.

Guardias. [Se supone que es remedo -la “u” en vez de la “o”- de pronunciación propia de gallegos]:

Lu que es el talentu, / lu que es la mullera, / a ver si este chisme / lu inventa cualquiera. // Lu menus tres meses hace / que vamus tras de estus pillus, / y gracias a este caletre / pur fin lus hemus cugidu. / Caiga la trampa / con precaución, / que ya tenemos / dentru el ratón. // Este serviciu / pronto saldrá / en las colúminas / de "El imparcial". ¡Riá!

Los Ratas. ¡Ay qué gracia tiene / esta ratonera, / que se van los Ratas, / de cualquier manera! // Vamos con cuidado, / sin pestañear, / y ya van mil veces / que nos chuleamos / de la autoridad. ¡Riá!
Fonte da letra e os apontamentos: blogue Por derecho...  

FOTOGRAFÍAS






Representacións no Forum Metropolitano da Cruña (xuño 2012)
con Alberto, Garai e José María (pillos) e Pirri e Manolo (policiais);
no Teatro da Xuventude de Cecebre (agosto 2012),
con Pirri e Ramón (policiais) mais José María, Alberto e Garai (pillos); e
nos Xardins de Mendes Nunes da Cruña, con José María, Alberto e Garai na gaiola... 

LIGAZÓNS


La Gran Vía [Wikipedia]
La Gran Vía [Web Lazarzuela[.]webcindario]
La Gran Vía [Web Zarzuela.net]
En tiempos de latrocinio: la "Jota de los ratas" [Blogue Por derecho - ¡y a la carga!]
La zarzuela madrileña: entre el estallido social y el derecho al pataleo [Revista digital Ángulo Recto]


terça-feira, 2 de setembro de 2014

Alalá de Muxía


O Alalá ou "canto de mariñeiros" de Muxía, de notábel antiguidade, é un canto de mariñeiros para encomendaren as súas vidas á milagreira imaxe da Virxe da Barca. Para algúns trata sobre o reclamo das mulleres á Virxe do Mar para esta lles devolver os seus homes.

SANTUARIO DA BARCA

O Santuario, que se ergue ao carón do mar, perto da vila de Muxía, cristianiza un culto litolátrico que recúa para a protohistoria. A "barca de pedra" (que algúns evemerizan vendo a súa orixe nas naves fenicias que viñan procurar metais à Galiza) é un motivo céltico presente na Galiza (Muxía, Cedeira, Pobra do Caramiñal) e na Bretaña, tamén ele cristianizado no relato xacobeu (os discípulos traceran o corpo do santo nun barco de pedra). No mundo celta o elemento maravilloso e paradoxal pode representar o paso ao alén.  A lenda conta que a Virxe chegou á costa galega nun barco de pedra para reconfortar o apóstolo Santiago perante a difícil tarefa de adoutrinar as xentes do lugar. Documentos históricos testemuñan este estreito vínculo entre o Santuario da Barca e a peregrinación a Compostela. Tres grandes rochas foron identificadas con diversos elementos da nave: o casco (a pedra de abalar), a vela (pedra dos cadrís ou da vela) e o leme (a pedra do temón). A lenda di que a imaxe da virxe apareceu debaixo de unha destas pedras, e foi levada para a igrexa da vila, pero misteriosamente desapareceu para volverse a encontrar no mesmo lugar onde aparecera. Así foi que naceu o santuario da Virxe, para deixala vixiante sobre o mar que a vira chegar. 

IMAXES

Muxía en 1914. Fonte: Que pasa na Costa

   O santuario coa pedra de abalar en primeiro plano. Fonte: Que Pasa na Costa
Vista xeral da Ponta da Barca - Fonte: Turgalicia

 
Procesión da Nosa Señora da Barca. Fonte: Turgalicia - ABC viajes
 
Santiago ante a Virxe no retábulo maior da Barca (desaparecido no natal de 2013)
Fonte: Que pasa na Costa - Foto XM Lema
Procesión da Nosa Señora da Barca. Fonte: Turgalicia - ABC viajes

LETRA


O anterior é unha serie de coplas dedicadas á Nosa Señora da Barca (entre as que se inclúen variantes). Algunhas delas, en diversa orde, son interpretadas nas diferentes versións do Alalá de Muxía. Están tiradas das fontes indicadas abaixo [LIGAZÓNS] e das mesmas interpretacións.
PARTITURA


CAPAS / VÍDEOS / AUDIOS

Luar na Lubre - Rodrigo Romaní - Hector Lorenzo - Uxía

Vai de seguido unha relación (que se pretende exhaustiva até ao momento) de interpretacións, en video e en audio, do Alalá de Muxía disponíveis na rede.

Paulino Pereiro (Cancións de aquí e acolá, op. 71, Nosa Señora da Barca, nº 23, 2000) [Youtube] - Alalá de Muxia para cuarteto de corda, op. 128 (2007/8) [Youtube] - Luar na Lubre (Camiños da fin da terra, 2007) [Youtube] - Uxía (Eterno navegar, 2008) [Youtube - Vimeo] - Coral de Ruada (2010) [Youtube] - Xavier Díaz (2010) [Youtube] - Javi de Muxía (2010) [Youtube] - Cántigas da Terra (2012) [Youtube] - Orfeón de Voces Graves Alcoa (2012) [Youtube] - Alba Carmona e Mata Torres (2013) [Youtube 1 - Youtube 2] - Coro da Etrad (2013) [Youtube]- Orfeón Mariñeiro do Berbés (2014) [Youtube]

Rodrigo Romaní, Albeida (2000) [Grooveshark] - Coral De Ruada (2007) [Coralderuada] - Hector Lorenzo, Dezasete (2013) [Spotify]

Entre as diferentes versións podemos destacar os traballos de Paulino Pereiro:

Cancións de aquí e acolá, op. 71, inclui co número 23 o tema "Nosa Señora da Barca (Alalá de Muxía)", para trío vocal a capella (soprano, contratenor e barítono). Harmonización dunha melodía popular galega. Os intérpretes na gravación foron o Taller de Canto do Orfeón Terra Nosa dirixido por Miro Moreira.

Anos depois (2007-8) voltaria sobre o mesmo tema no seu opus 128, para cuarteto de corda, sobre unha melodía popular.
 Os intérpretes que gravaron o vídeo (2009) no Salón de Actos de Caixa Galicia en Lugo foron o Grupo Instrumental Siglo XX, dirixido por Florian Vlashi. 

Xabier Díaz : Alalá de Muxía (2010)

LIGAZÓNS

Fotografia da capa: O santuario sen as torres Proxecto Buserana (as torres foron erixidas en 1959).

Sobre o santuario: Wikipedia - Concello de Muxía - Santuarios Marianos de Galicia [pp. 60 ss.] - "Una colosal piedra oscilante en el santuario de la Virgen de la Cabeza" [Blogue La Higuera Jaen] - "Reflexións sobre o incencio do Santuario da Barca de Muxía" [Que pasa na costa] . A Romaría da Barca (DVD, 2012) [Semescom - vimeo] -Vídeo aéreo de Muxía e o Santuario - [Fotonazos] - "O camiño" [Proxecto Buserana]

Letra: O galego - Xunta compilación escolar Sada PDF - Cancioneiro de Monfero Páx. 39 (3) - Luar na Lubre - Cancioneiro Popular Galego: Eu non canto por cantar, 2014 (Letra e música: PDF)

Partitura: Cancioneiro Popular Galego: Eu non canto por cantar, 2014 (Letra e música: PDF)

Luar Na Lubre: Camiños da fin da terra 2007 - Ghastaspista

Paulino Pereiro: Ficha: curriculum e obras (Asociación Galega de Compositores) - Wikipedia - Cancións de aquí e acolá