Título: O Mariscal
Libretista: R. Cabanillas & A. Vilar Ponte
Música: Eduardo Rodríguez Losada
Ano: 1929
Lugar: Cruña-Vigo
COMENTARIO
Após
o heroico comportamento dos galegos durante a ocupación napoleónica e,
paradoxalmente, a abolición institucional do Reino da Galiza (o mais
antigo reino da Europa e primeiro após a queda do Imperio Romano) para
dar paso ás centralistas provincias, foise recuperando, ou forxando, a
conciencia política plena (non só cultural ou linguística) da Galiza.
Para o cal chanzo fundamental é a criación dunha historia nacional
-proceso que foi estritamente contemporáneo doutros análogos ao longo da
Europa. E depois, a partir dela, un teatro nacional en que recriar os
principais dos mitos históricos.
Entre eses mitos figura en lugar principal o do Marechal Pardo de Cela, cuxa lembranza e mitificación decorreu espontaneamente xa do momento da sua execución polos Reis Católicos após telo prendido en virtude dunha traizón... Os primeiros testemuños após a morte do Marechal divídense en dúas focaxens, favorábel e desfavorábel, que chegan até aos nosos días. Ao carón dos primeiros testemuños literarios sobre a súa figura, promovidos polos seus deudos (Romance de Pardo de Cela -unha composición popular que narra a venda da Frouseira e o apresamento do Marechal que foi parcialmente recollido no Memorial da Casa dos Saavedra, escrito en 1679-, o Cantar do Mariscal, diversas versóns da Relazón da Carta Xecutoria -que contenhen o episodio da ponte de Pruzos), e que fan fincapé na traizón coa que foi submetido o seu espírito de independencia, aparecen olhadas mais críticas ou denigratorias como a de Vasco de Aponte, quen, no seu Recuento de las casas antiguas del Reino de Galicia, presenta o Marechal como un depredador do bispado de Mondoñedo.Una relación completa destes primeiros escritos e dos xerados pola tradición pardiana pode verse no artigo de Xulio Pardo de Neyra "Literatura gallega y caballería: intertextualidad y recurrencia literaria de las leyendas familiares" en Las órdenes militares: realidad e imaginario (pp. 607-8). Sobre a dimensión musical desa tradición xa publicamos unha postaxe apresentando Tres cancións sobre o Marechal Pedro Pardo de Cela.
MARECHAL PERO PARDO de ZELA

O REXURDIMENTO GALEGO
Durante
a época moderna o pobo manteu a memoria daqueles acontecementos,
en canto o interesse dos eruditos sobre a figura do Marechal corría
unha sorte paralela à preocupación polas venturas da Galiza. Na
historiografia romántica galega da segunda metade do século XIX voltamos
encontramos as mesmas posicións encontradas e de síntese. Para Ramón Sanjurjo Pardo o marechal foi un "raptor da igrexa" en canto para Benito Vicetto ensalzouno como "mártir da teocracia", consagrándoo na sua novela histórica Los hidalgos de Monforte: historia caballeresca del siglo XV
(1857). O proprio Manuel Murguia corrixiria, en balde, muitas das mistificacións da figura do marechal.
Da xuventude de Emilia Pardo Bazán (ca. 1868) consérvase na sé da Academia Galega un manuscrito cun drama romántico de tipo histórico dedicado ao mariscal, El Mariscal Pedro Pardo, con quen entroncaban as orixes da súa familia.
Un dos poemas patrióticos de Espiñas, follas e frores (ramiño primeiro), título do primeiro volume (1875) en galego de Valentín Lamas Carvajal, é un soneto titutlado “Pedro Pardo de Cela” que se considera
"o primeiro poema en lingua galega sobre a figura de Pardo de Cela nos
tempos modernos. En castellano há algunhas composicións algo anteriores"
(Alondo Montero, Prólogo á edición facsímile). Lamas Carvajal parte do retrato do historiador Benito Vicetto e ve no Marechal un "xenio leial da independenza nosa", termo que repete, enfatizado, no final do poema:
HAY unha cova n' esta patria hermosa,
Pra vergonza do pobo escarnecida; N' esa cova que fai sempre esquecida, Pardo de Cela,'o mariscal, reposa, Xenio leyal d'a independenza nosa, Por ela batallou; man homicida Con infame treicion quitoulle a vida: ¡Martir foi n'ista terra xenerosa! A sangre d'o infelís Pardo de Cela, Crama venganza a Dios pol'a inxusticia; Aquil que a derramou ten que bebela: Anque a cova escarnezan, a xusticia Ha de facer que rezusiten d' ela A INDEPENDENZA e groria de Galicia. |
O ideólogo do rexionalismo conservador, Alfredo Brañas, aceita sen reparos a visión patriótica do Marechal (apud. Manuel Ângelo Gomes Abrunhosa, Precedentes histórico-teóricos dos regionalismos dos Açores e da Galiza, pp.100-1)
Entonces fue cuando un espíritu patriótico y enérgico protestó contra el aniquilamiento
de las libertades populares y en la ciudad de Mondoñedo
resonó en 1483 el primer grito
de libertad, que en vano llegó hasta las
gradas del trono de la magnánima y piadosa
reina Doña Isabel. El Mariscal Pedro Pardo de Cela, opuso a la exigencias del trono y a
las intrusiones de su poder, los derechos, las franquicias y los usos recibidos de los
pueblos y villas de Galicia, y encerrado en el Castillo de la Frouseira, situado en el
Valdouro, resistió valientemente con sus hijos el cerco que le puso el capitán Mudarra.

Alfredo Brañas, El regionalismo, 1889 (p. 264)
O MITO DO MARECHAL NO SÉCULO XX
Interpretacións encontradas
Interpretacións encontradas
Aínda que corrixido por Murguia,
o mito sería recollido no século XX por literatos e intelectuais como
Leiras Pulpeiro, Vicente Risco ou Castelao. Cunha tradición que enxergaba os tempos medievais, e unha recuperación
da sua figura para a dignificación da Galiza que xa comezara no s. XIX, o movimento galeguista de inícios do XX
reafirmou con forza a lenda do Marechal.
Ramón Suárez Picallo publica nun folleto de "Propagando Galeguista" en Buenos Aires un texto titulado "El Mariscal Pardo de Cela" (finais dos 20) que sintetiza as súas intervencións nas "Semanas Galegas" que, en homenaxe ao Marechal, organizara durante muitos anos. Na mesma altura, o futuro cronista oficial de Lugo, Xosé Trapero Pardo, publica o ensaio El Mariscal Don Pedro Pardo de Cela. Leyenda acerca de su prisión y muerte (1925).
A figura do Marechal foi -e é- muito controversa, dividindose os pareceres entre os que ven nel o lutador pola independencia nacional e os que só ben un señor da guerra opresor do pobo galego. Entre os primeiros, o mesmo Castelao, quen nunha "Homenaxe" a Pardo de Cela en 1941 afirma contundentemente que "non hai dúbida de que morreu pola liberdade de Galiza". Segundo o propio Vilar Ponte: "c´o aforcamento do indomabre galego Pardo de Cela, sucumbeu a nazonalidade galega" (Emilio Xosé Insua López, 2005, p.131).
Entre os segundos, o alcalde socialista da Cruña, Manuel Casás Fernández, cuxa opinión sumamente hostil contra o Marechal e reivindicativa dos irmandiós publicada en La Voz de Galicia, é repetida por Eduardo Lence Santar en "A Frouseira", artigo publicado en El Compostelano
en 10 de xullo de 1939: "pois Pedro Pardo non foi máis que un de tantos
xurafaces señores feudás qu’entón campaban n-a Galicia excravizando a
nosa terra, inda que digan outra cousa os noveleiros ou os bestas
desconocedores ou falseadores d’a Hestoria."
En varias opiniones, Pardo de Cela "no fue ni un malhechor ni un héroe, sino simplemente la víctima de un escarmiento ejemplar". En todo caso, é inegábel que inmediatamente após a sua morte e con sustida constancia ao longo dos séculos, a sua figura foi mitificada polo pobo e os eruditos galegos. Alén dos anacronismos por ambas as partes, os dados mais relevantes son que conservemos dous documentos contemporáneos (ss. XV-XVI) sobre Pardo de Cela, o "Pranto da Frouseira" e a "Relazón da carta executoria", e que mesmo a tradición popular do Valadouro mantivese vigorante até á actualidade os mesmos dous aspectos que se reflecten naqueles: o enfrentamento a Castela e a traizón.
p
O MARECHAL EN A NOSA TERRA
O MARECHAL EN A NOSA TERRA
Como
amostra da importancia da figura do Marechal para o movemento
emancipador galego consigamos os artigos e poemas dedicados, do título, ao Pedro Pardo de
Cela no xornal A Nosa Terra durante súa época de 1916 a 1972. Só incluimos un artigo (nº 227) dos muitos outros que podemos supor falam do Mariscal.
En 1916 o número 4 d'A Nosa Terra inclue un artigo de Antón Vilar Ponte, "433 Aniversario da morte do Mariscal Pardo de Cela. Non esquezamos a nosa hestoria", e un soneto en galego dedicado ao Marechal ("A Pardo de Cela (soneto)" de Florencio Vaamonde. Entrambos, podemos supor que os "Cantares gallegos" de Manuel Leiras Pulpeiro incluiría algum poema dedicado ao nobre galego. O número 133 d'A Nosa Terra (1921) inclúe "Ao Mariscal Pardo de Cela (versos)" de Ubaldo Landín. O número 227 (1926) inclúe un artigo de Antón Vilar Ponte intitulado "Tempos de sementeira". O número 318 (1933) ábrese cunha "Lembranza do Mariscal Pardo de Cela". "En prol do moimento a Pardo de Cela" (nº 330, 1934); "En prol do moimento a Pardo de Cela", por Rafael Varela Pazo (nº 331, 1935), "Lembranza de Pardo de Cela" (nº 443, 1945), "No 463 Aniversario da morte de Pardo de Cela" (nº 454, 1946), "Homaxe a Pardo de Cela" (nº 458, 1947), "Relembrando a Pardo de Cela" (nº 466, 1948), "O Mariscal Pardo de Cela" e "O 17 de Nadal Lembrouse a Morte do M. Pardo de Cela" (nº 473, 1949), "Pardo de Cela. refleisións encol do noso heroi nazonal no 470 Aniversario da súa morte" (nº 487, 1953), "Pardo de Cela" (nº 504, 1963).

A OBRA DE TEATRO
Benito Vicetto fixo a Pero Pardo caudilho dos Irmandinhos, contra os que realmente
luitou. Leiras Pulpeiro, nas suas cingidas, elípticas e
misteriosas cantigas, rendeu-lhe
culto de mártir da sua galeguidade. E
no drama de Cabanilhas e Vilhar Ponte aparece
já decididamente transformado em caudilho nacionalista
Ricardo Carvalho Calero, "Pedro Madruga no teatro galego", 1989
O Mariscal: Lenda tráxica en verso é unha obra teatral escrita por Ramón Cabanillas (Cambados 1876-1959) e Antón Vilar Ponte (Viveiro 1881-Cruña 1936), baseada nos últimos momentos da vida de Pardo de Cela a partir dunha perspectiva, como indica o título e apontan os autores no prólogo, basicamente lendaria mais que histórica. Un, o "poeta da raza", case poeta "oficial" do movimento galeguista; o outro, grande alentador do galehuismo, presidente na altura do coro Cántigas da Terra.
A
historia céntrase nos últimos días da vida do mariscal. É o último
momento deses últimos momentos que transluce mais claramente a intención
política dos autores, cando, no calabozo de Mondoñedo, o marechal e seu
fillo Pedro e o señor de Miranda (nobre leal à sua causa), esperan o
momento da súa execución ordenada pola Raiña Isabel de Castela:
¡Ou miña terra! ¡Como nos en ferros, doente e prisioneira..!
|
Há diversas hipóteses sobre o sentido da longa colaboración que supuxo a xestación da obra. Puido ter sido escrita en prosa polo viveirés, quen coñecería a lenda de primeira mao, e logo versificada polo poeta. Outros manteñen que só foi promotor e prologuista da peza teatral e que seria o libretista da adaptación musical.
O primeiro manuscrito está datado en Mos en 1920. A expectación levantada fixo que en 1924 se adiantase a publicación de Unha escea inédita da leenda tráxica e histórica en tres xornadas orixinal de Antón Villar Ponte e Ramón Cabanillas. A primeira edición, con debuxos de Álvaro Cebreiro foi publicada pola editorial Lar en 1926.
Manuscrito de O Mariscal no Arquivo da Academia Galega
Ramón Cabanillas - Antón Vilar Ponte - Eduardo Rodríguez Losada
Capas da edicion de Lar (1926) e Nós (1929) - Propaganda galeguista (1925?)
Pode ser cali[fi]cada como a nosa obra epopéyica. Verdadeiro orgullo
debemos sentir os galegos contando xa na literatura propia con unha obra
dos caralteres de O Mariscal. A sua saída ten de ser, como xa o ven sendo,
acollida por nós con entusiasmo fondo por tratarse de obra de [t]an outro
mérito e tan simbólica representación.
Antón Vilar Ponte ["Tempos de sementeira"], A Nosa Terra 1926
Xa en 1928 aparecen as primeiras valorizacións en Madrid. Nun artigo publicado en La Gaceta Literaria en 1 de xullo, titulado "Galicia: La nueva literatura gallega". pertencente a sección Postales Ibéricas, Augusto María Casas apresenta un panorama da literatura mais recente en lingua galega que conclúe coa mención de dúas obras emblemáticas, A fiestra valdeira de Rafael Dieste e O Mariscal de Cabanillas e Vilar Ponte.
As
primeiras referencias sobre da edición do libro xa conteñen claras
mensaxes acerca da mitificación da personaxe, como se percebe nas
palabras do futuro colaborador de Cabanillas, Antón Vilar Ponte en A Nosa Terra:
Pode ser cali[fi]cada como a nosa obra epopéyica. Verdadeiro orgullo
debemos sentir os galegos contando xa na literatura propia con unha obra
dos caralteres de O Mariscal. A sua saída ten de ser, como xa o ven sendo,
acollida por nós con entusiasmo fondo por tratarse de obra de [t]an outro
mérito e tan simbólica representación.
Antón Vilar Ponte ["Tempos de sementeira"], A Nosa Terra 1926
Xa en 1928 aparecen as primeiras valorizacións en Madrid. Nun artigo publicado en La Gaceta Literaria en 1 de xullo, titulado "Galicia: La nueva literatura gallega". pertencente a sección Postales Ibéricas, Augusto María Casas apresenta un panorama da literatura mais recente en lingua galega que conclúe coa mención de dúas obras emblemáticas, A fiestra valdeira de Rafael Dieste e O Mariscal de Cabanillas e Vilar Ponte.
Augusto María Casas
"Galicia: la nueva literatura gallega" (Postales ibéricas)
en La Gaceta Literaria, Madrid, 1 de xullo de 1928
"Galicia: la nueva literatura gallega" (Postales ibéricas)
en La Gaceta Literaria, Madrid, 1 de xullo de 1928
Y dos obras dramáticas cierran el período que señalamos en el renacimiento literario de Galicia: A fiestra valdeira, de Rafael Dieste, y O Mariscal, de Cabanillas y Villar Ponte. A fiestra valdeira es
el problema escénico, sintético y energético, el divertirse con las
supermarionetas que un humor atlántico vistió de luz universal; O
Mariscal, a la inversa, es el mito, el alma de la raza, de la raza
muerta que intenta venir a la vida y sigue muerta en unas páginas
románticas.
La
comedía de Rafael Dieste tiene un remate ledo, un desenfado para que
sonrían, perplejas, las almas rústicas y saudosas; la tragedia de
Cabanillas y Villar Ponte, en verso romántico, es una letanía con
sonsonetes de zanfona, figuras que salmodian el ayer de la raza con un
dejo monótono e inexpresivo. Dos obras estas, no obstante, que llenan el
párrafo más interesante del actual momento de Galicia –(Continuará)–.
Tamén de 1928 é o manuscrito redixido en Buenos Aires coa tradución para castellano de Francisco Villaespesa:
"El Mariscal: tragedia histórica en tres actos, divididos en cinco
cuadros y un prólogo / original, y en verso, de Ramón Cabanillas y
Villar Ponte; arreglada a la escena española por Francisco Villaespesa".
O notábel suceso d'O Mariscal fixo con que a editorial Nós tirara en 1929, a prezos muito populares, unha segunda edición da obra.
En 1929 a obra foi musicada polo arquitecto e compositor coruñés Eduardo Rodríguez Losada (Cruña 1886-1973), co libreto adaptado polos propios autores. Antón Vilar Ponte actuou como elemento catalizador entre o poeta e o músico, e intelectuais como Camilo Diaz Valiño (Ferrol 1889-Palas de Rei 1936) ou Castelao participaron nos deseños e ambientación da escenografía. figurinos e decorados. Camilo Díaz, pai de Isaac Díaz Pardo que será asasinado polos franquistas en 1936, foi probabelmente o escenógrafo da zarzuela A lenda de Montelongo de Bernardo del Río. Testemúñao así a relación temática e formal dos decorados (ver abaixo unha das fotografias de Pacheco publicadas en Vida Gallega en 1929). O resultado foi unha obra "grandiosa, em estilo wagneriano, com instantes de expressionismo galego e longos recitativos" (Isabel Rei Sanmartim, "O Mariscal", PGL 20/12/10)
«O poeta traballouna en versos de flama, de metal e de sangue; Vilar deulle o ritmo
cénico preciso pra facela sentir polo público de hoxe e de mañá. Lousada, a fondura
e a perspetiva orquestral; Camilo, a plástica das paisaxes e dos interiores».
Ainda que os autores do texto louban o traballo do compositor, Rodríguez Losada suavizou os trazos nacionalistas da obra. O sentido e o modo da adaptación do compositor coruñés percébese e condénsase no final da obra, en que suprime a última intervención recriminatoria con Castela. [CIT]
A ADAPTACIÓN OPERÍSTICA

[Ramón Otero Pedraio?] "A estreia do Mariscal", Nós, Ourense, n.º 66, 15.06.1929
Ainda que os autores do texto louban o traballo do compositor, Rodríguez Losada suavizou os trazos nacionalistas da obra. O sentido e o modo da adaptación do compositor coruñés percébese e condénsase no final da obra, en que suprime a última intervención recriminatoria con Castela. [CIT]
[Orixinal]
SABELA.– ¡Sube o mar! ¡Sube o mar de sangue ardente! / ¡É o sangue dos meus...! / ¡Señor! ¡Piedade! (Cae desfalecida en terra. Os escudeiros chegan-se a ela con mutismo invencível, todo respeito e dor)
BOLAÑO.– (Mirando o camiño de Castela) ¡Xa trunfaste Castela! Xa venceste! / ¡Señor e Pai! ¡Túa gloria aos que caíron / (Pondo un xionllo en terra) do brazo co-a traición e co-a inxustiza! / e piedade pra nós e pra Galiza. (Rompe a chorar con fondo desconsolo)
[Libreto]
SABELA.– ¡Rube o mar! ¡Rube o mar de sangue ardente! / ¡É o sangue dos meus…! ¡Señor! ¡Piedade! (Cai despromada en terra. Os escudeiros chéganse a ela con mutismo invencibre, todo respeto e door. Cai o Pano)
|
AS ESTREIAS DA OBRA NA CRUÑA E VIGO
Caricatura de Eduardo Rodríguez Losada |
[...] cuando la representación avanzaba, como desde el gobierno civil se podía acceder al teatro, la primera autoridad provincial de La Coruña, con unos amigos, penetró en el palco portando botellas de champán, que descorchó para sus particularísimos invitados. Los taponazos molestaron a Losada. El testigo del hecho nos dice que el músico y director tiró la batuta y el ensayo-representación no continuó.
Faro de Vigo, [...] marzo 1929
Dai que apesar da existencia dun programa da apresentación ou "ensaio xeral" coruñés, muitos consideren a estreia oficial, por terse representado na íntegra, a representación de 31 de maio no Teatro Tamberlick de Vigo, que, segundo os meios da época, foi un grande suceso. Logo representouse tamén en Pontevedra, Ferrol e de novo na Cruña, e mesmo houbo un proxecto empresial para levala a Barcelona. Mas, segundo a crónica da estreia de 1929 en Vigo que publicou La Voz de Galicia con motivo da sua restreia en versión orchestrada, "una decisión de la Junta de Espectáculos coruñesa obligaba a aplazar el estreno, espera que los autores no quieron realizar y elegieron el Teatro Tamberlick de Vigo para inaugurar el género operístico gallego."
Vestiario e decorado da representación en Vigo (maio 1929),
obra probábel do artista e escenógrafo Camilo Díaz Valiño
Excelente, Rosalía. Parabéns!
ResponderEliminarX. Pardo de Neyra