O Alalá ou "canto de mariñeiros" de Muxía, de notábel antiguidade, é un canto de mariñeiros para encomendaren as súas vidas á milagreira imaxe da Virxe da Barca. Para algúns trata sobre o reclamo das mulleres á Virxe do Mar para esta lles devolver os seus homes.
SANTUARIO DA BARCA
O
Santuario, que se ergue ao carón do mar, perto da vila de Muxía,
cristianiza un culto litolátrico que recúa para a protohistoria. A
"barca de pedra" (que algúns evemerizan vendo a súa orixe nas naves
fenicias que viñan procurar metais à Galiza) é un motivo céltico
presente na Galiza (Muxía, Cedeira, Pobra do Caramiñal) e na Bretaña,
tamén ele cristianizado no relato xacobeu (os discípulos traceran o
corpo do santo nun barco de pedra). No mundo celta o elemento
maravilloso e paradoxal pode representar o paso ao alén. A lenda conta
que a Virxe chegou á costa galega nun barco de pedra para reconfortar o
apóstolo Santiago perante a difícil tarefa de adoutrinar as xentes do
lugar. Documentos históricos
testemuñan este estreito vínculo entre o Santuario da Barca e a
peregrinación a Compostela. Tres grandes rochas foron identificadas con
diversos elementos da nave: o
casco (a pedra de abalar), a vela (pedra dos cadrís ou da vela) e o
leme (a pedra do temón). A lenda di que a imaxe da virxe apareceu debaixo de unha destas pedras, e foi
levada para a igrexa da vila, pero misteriosamente desapareceu para
volverse a encontrar no mesmo lugar onde aparecera. Así foi que naceu o
santuario da Virxe, para deixala vixiante sobre o mar que a vira chegar.
IMAXES
Muxía en 1914. Fonte: Que pasa na Costa
O santuario coa pedra de abalar en primeiro plano. Fonte: Que Pasa na Costa
Vista xeral da Ponta da Barca - Fonte: Turgalicia
Procesión da Nosa Señora da Barca. Fonte: Turgalicia - ABC viajes
Procesión da Nosa Señora da Barca. Fonte: Turgalicia - ABC viajes
Santiago ante a Virxe no retábulo maior da Barca (desaparecido no natal de 2013)
Fonte: Que pasa na Costa - Foto XM Lema
Procesión da Nosa Señora da Barca. Fonte: Turgalicia - ABC viajes
Procesión da Nosa Señora da Barca. Fonte: Turgalicia - ABC viajes
LETRA
O anterior é unha serie de coplas dedicadas á Nosa Señora da Barca (entre as que se inclúen variantes). Algunhas delas, en diversa orde, son interpretadas nas diferentes versións do Alalá de Muxía. Están tiradas das fontes indicadas abaixo [LIGAZÓNS] e das mesmas interpretacións.
PARTITURA
CAPAS / VÍDEOS / AUDIOS
Luar na Lubre - Rodrigo Romaní - Hector Lorenzo - Uxía
Vai de seguido unha relación (que se pretende exhaustiva até ao momento) de interpretacións, en video e en audio, do Alalá de Muxía disponíveis na rede.
Paulino Pereiro (Cancións de aquí e acolá, op. 71, Nosa Señora da Barca, nº 23, 2000) [Youtube] - Alalá de Muxia para cuarteto de corda, op. 128 (2007/8) [Youtube] - Luar na Lubre (Camiños da fin da terra, 2007) [Youtube] - Uxía (Eterno navegar, 2008) [Youtube - Vimeo] - Coral de Ruada (2010) [Youtube] - Xavier Díaz (2010) [Youtube] - Javi de Muxía (2010) [Youtube] - Cántigas da Terra (2012) [Youtube] - Orfeón de Voces Graves Alcoa (2012) [Youtube] - Alba Carmona e Mata Torres (2013) [Youtube 1 - Youtube 2] - Coro da Etrad (2013) [Youtube]- Orfeón Mariñeiro do Berbés (2014) [Youtube]
Rodrigo Romaní, Albeida (2000) [Grooveshark] - Coral De Ruada (2007) [Coralderuada] - Hector Lorenzo, Dezasete (2013) [Spotify]
Cancións de aquí e acolá,
op. 71, inclui co número 23 o tema "Nosa Señora da Barca (Alalá de
Muxía)", para trío vocal a capella (soprano, contratenor e barítono).
Harmonización dunha melodía popular galega. Os intérpretes na gravación
foron o Taller de Canto do Orfeón Terra Nosa dirixido por Miro Moreira.
Anos
depois (2007-8) voltaria sobre o mesmo tema no seu opus 128, para
cuarteto de corda, sobre unha melodía popular.
Os intérpretes que
gravaron o vídeo (2009) no Salón de Actos de Caixa Galicia en Lugo
foron o Grupo Instrumental Siglo XX, dirixido por Florian Vlashi.
Xabier Díaz : Alalá de Muxía (2010)
LIGAZÓNS
Sobre o santuario: Wikipedia - Concello de Muxía - Santuarios Marianos de Galicia [pp. 60 ss.] - "Una colosal piedra oscilante en el santuario de la Virgen de la Cabeza" [Blogue La Higuera Jaen] - "Reflexións sobre o incencio do Santuario da Barca de Muxía" [Que pasa na costa] . A Romaría da Barca (DVD, 2012) [Semescom - vimeo] -Vídeo aéreo de Muxía e o Santuario - [Fotonazos] - "O camiño" [Proxecto Buserana]
Letra: O galego - Xunta compilación escolar Sada PDF - Cancioneiro de Monfero Páx. 39 (3) - Luar na Lubre - Cancioneiro Popular Galego: Eu non canto por cantar, 2014 (Letra e música: PDF)
Partitura: Cancioneiro Popular Galego: Eu non canto por cantar, 2014 (Letra e música: PDF)
Luar Na Lubre: Camiños da fin da terra 2007 - Ghastaspista
Paulino Pereiro: Ficha: curriculum e obras (Asociación Galega de Compositores) - Wikipedia - Cancións de aquí e acolá
Sem comentários:
Enviar um comentário