Mañá 23 de marzo actuaremos a partir das 11 da mañá no Centro Social Toñito Espiñeira de Carral para colaborar nun taller pedagóxico de música con alumnos de ESO do CIP Vicente Otero Valcárcel de Carral.
Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter
O pasado 28 de febreiro celebramos o xantar de confraternización xa habitual após as festas do Entroido. Desta vez xuntámonos no restaurante Royal Palace, no concello de Oleiros, ao carón da estrada nacional no lugar de O Carballo.
ESPECTÁCULO "VIVA LA ZARZUELA"
O pasado sábado 17 de xaneiro participamos no Centro Ágora da Cruña co espectáculo "Viva la Zarzuela" nunha gala organizada pola Asociación Pro Enfermos Mentales
(APEM), na que se apresentou ao público a actividade da sección coruñesa
de dita entidade.
Este sábado 17 de xaneiro participamos co espectáculo "Viva la Zarzuela" nunha gala organizada pola Asociación Pro Enfermos Mentales (APEM), na que apresentará ao público a actividade da sección coruñesa de dita entidade. O evento decorrerá a partir das 20:00 no Centro Ágora da Cruña, onde actuamos o pasado 21 de xuño nun concerto en beneficio da asociación Tierra de Hombres. A entrada é gratuíta previa invitación. As entradas poden recollerse no Centro "Los Chopos" da asociación APEM cun prezo colaborativo de 3 euros. 
O prolífico músico valenciano Joaquín Rodrigo Vitre (1901-1999), que puxo música a innúmeros poemas de autor e populares de diversas linguas e rexións de España (Cataluña, Valencia, Canarias, Castela, etc.), musicou por dúas veces, nos dous casos por encarga, textos en galego. Ou habería que dicir textos rosalianos.
San Miguel de Taboadela é unha parroquia do concello ourensá de Taboadela, donde provén o alalá homónimo interpretado en dúas ocasións pola Coral De Ruada de Ourense. Na primeira gravación, Canciones de Galicia - Coral De Ruada de Orense - Vol. 2 (1974-5), o director da
coral era Manuel de Dios. Xa a gravación en Edicións Do Cumio, titulada Cando o Miño chega a Ourense, é dirixida por María González Álvarez.