Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

sábado, 30 de março de 2013

O noso repertorio: O "Velaí vai"


Título: Velaí Vai
Letra: Popular
Música: Popular
Ano: ---
Harmonización: Francisco A. Rey Rivero
Xénero: ---
País: Galiza


COMENTARIO

Esta peza é unha das clásicas da música coral galega, até sobardar as nosas fronteiras. Nós a interpretamos en público polo menos desde novembro de 1999, en Abegondo. É unha peza em catro movimentos que mudan radicalmente de ritmo e historia. O segundo e o cuarto partillan ritmo e tema: os reproches dunha "morena" ao seu casal, encanto o primeiro e o terceiro apresentan un marcado contraste de escena e ritmo: soidade e desamparo frente a alegría da festa, errancia frente a barrumbiada. A lentitude do final deixa un sabor de tristura.  

LETRA

VELAÍ VAI


Velaí vai, velaí vai, a rapaza polo río,
sen comer e sen beber, toda cheíña de frío,
toda cheíña de frío, toda chea de dolor,
velaí vai, velaí vai, polo río xa pasou.

Á vista de tanta xente.
Chamáchesme moreniña, / á vista de tanta xente
e agora vaime quedare / moreniña para sempre.
Moreniña para sempre, / ailalelo, ailalalo!

Eu teño un canciño, bonito abofé!
Que baila a muiñeira na punta do pé,
na punta do pé, na palma da man.
Eu teño un canciño que baila ó serán.

la la la, la la la, la la la, la la
lara la la, la la la, la la la, la lá

Viñeches ás nove e media, / quedaches de vir ás nove,
viñeches ás nove e media, / ti non sabes que é pecado /
enganar a unha morena, / enganar unha morena /

ai lalelo, ai lalalo!

Velaí vai, velaí vai, velai vai.


PARTITURA [...]

VIDEO [...]

LIGAZÓNS

Outras versións da letra: o galego / Repertorio Tabernario PDF (pp. 72-3)
Música popular galega: Olga Camafeita, "A música popular en Galicia" PDF - Carmen Álvarez, "Guía didácticas. As formas do noso folclore" PDF

Fonte da fotografia: Capa do calendário editado pola Gentalha do Pichel.



Sem comentários:

Enviar um comentário