Domingo, 23 de novembro, participamos no Festival de Santa Icía que decorrerá no auditorio da Casa da Cultura de Valdoviño a partir das seis do serán. No evento, organizado pola A.C.R. A Frouxeira de Valdoviño e o Concello de Valdoviño, participarán, alén de nós e a Coral Lembranzas da Terra, vinculada á organización anfitroa, a Agrupación artística Lucero del Alba de Neda e Los Nostálgicos.
Nós interpretaremos "Camino del indio" (F. Cabedo), "Barcarola" (Mendelssohn), "Os teus ollos" (Castro Chané) e "Muradana" (popular). Sairemos para Ferrolterra ás catro da tarde da praza do Concello, tendo previsto chegarmos por volta das cinco.
A A.C.R. A Frouxeira foi fundada en 1982. Ten por volta dos 400 socios, sendo Eva Robles Freire a súa actual presidente. Alén de muitas outras actividades sociais e culturais, organiza no mes de xuño a Mostra de Canción Coral, que acadou este ano a vixesimosétima edición [cartaz]. O grupo "Los Nostálgicos" tamén está ligado á asociación.
Recentemente, o Proxecto Gaelaico publicou no seu sitio web unha proposta sobre a orixe do topónimo "Valdoviño" que o fai derivar, ou o emparenta, co topónimo gaélico-escocés "Beul Abhainn Iù" (boca do rio Iù) adaptado á lingua romance galega.
Coral Lembranzas da Terra
vinculada á A.C.R. A Frouxeira de Valdoviño
vinculada á A.C.R. A Frouxeira de Valdoviño
Sem comentários:
Enviar um comentário