Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

segunda-feira, 29 de dezembro de 2014

Actuación no Concerto de Panxoliñas de Cambre



CONCERTO DE PANXOLIÑAS

Igrexa de Santa María
Sábado, 27 de decembro

CORAIS PARTICIPANTES

Coral Aires Novos de Pravio
Coral Santa María de Cambre
Coral de Sigrás
Coral de Cecebre





PROGRAMA DO CONCERTO


 CRÓNICA

Pasado sábado 27 de decembro actuamos no tradicional Concerto de Panxoliñas que organiza a Consellaría de Cultura e Turismo de Cambre coas corais do concello. O acto decorreu na igrexa de Santa María a partir das oito do serán. A asistencia de público e o espírito natalino confortaron corpos e ánimos nunha fría e chuvosa noite de decembro.

Abriu o concerto a agrupación Coral Aires Novos de Pravio, dirixida por Lis Teuntor, que interpretaron "Imos a Belén" (popular), "Más allá" (Gloria Estefan con arranxos de Lis Teuntor) e "Zamba de la Navidad" (de J. Biagosch). A coral tivo o acompañamento musical dun guitarrista e un pandereteiro.

Seguidamente chegou a nosa quenda. Dirixidos por Luisa Armesto interpretamos tres temas, cunha lixeira mudanza a respeito do concerto en Abegondo: "O Meniño adorar" (popular galego? que interpretamos pola primeira vez), "Señora Doña María" (E. Correa) e  "Hacia Belén va una burra" (popular español).

 
 Na columna da esquerda, a Coral Aires Novos de Pravio.
Na columna da direita, a Coral Santa María de Cambre.

Actuou en terceiro lugar a Coral de Sigrás, dirixida por Xosé Luís Francisco González, que cantou "Glorial al Niño" (F. Mendelssohn), "Neno Xesús" (Julio Domínguez) e "Noite azul" (Orestes Barbosa e arranxos de Cyro Pereira).

Fechou o concerto a Coral de Cecebre, dirixida por Nico Matteo Nicora, que interpretou "Paxariños que voades" (popular), "Naceu en Belén" (Joaquín Carbajal) e "Señora Doña María" (E. Correa).

Na columna da esquerda, a Coral de Sigrás - Na columna da direita, a Coral de Cecebre.

Concluíu a velada coa entrega de cadanseu ramo de flores aos directores das corais por man do conselleiro de cultura, Santiago Ríos, quen se dirixiu aos presentes convidándoos a un refrixerio de café e chocolate no salón de actos da Casa do Concello.

As fotografías do concerto son de Elvi Barbeito. Noticia en La Opinión da Coruña.

 
Vista da nave e o público da abside. X.L. Francisco González (Sigrás), Nico Matteo (Cecebre),
Santiago Ríos (concelleiro), Luis Armesto (Santa María de Cambre) e Lis Teuntor (Aires Novos)
após a entrega de obsequios. Dúas imaxes do refrixerio.

2 comentários:

  1. O noso programa foi:
    O Meniño adourar
    Señora Doña María
    Hacia Belen va una Burra
    Coincidíu con nos neste último villancico a Coral de Cecebre

    ResponderEliminar