Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

sexta-feira, 5 de dezembro de 2014

Alalá de Chantada


Casona de Lemos (1565) en Chantada - Fonte
Do "Alalá de Chantada" di o musicólogo ferrolano Ramón de Arana nunha carta a Casto Sampedro (carta 18, sendata): “De Chantada (Lugo). Resulta muy vago en la tonalidad y en el rítmo, lo cual le da mucho carácter gallego”.

En carta de 2 de decembro de 1895 (carta 26) acrescenta: “Lo remitió Montes, como alalá, popular en Chantada (Lugo). La copla es popular tambien en S. Juan de Pravio [Pravis?] según Ballesteros, Cancionero T.1, p. 41 (Burlescas)” (Xavier Groba, O legado musical de Casto Sampedro Folgar (1848-1937). O canto galego de tradición oral, p. 145 - PDF - resumo).

Nesta postaxe incluímos a interpretación de Cantigas e Aturuxos en 1918, a partitura, cunha letra distinta, publicada por Daniel González en 1927, e outra versión da letra encontrada nas pesquisas na rede.

O coro Cantigas e Aturuxos de Lugo desfilando pola praza de touros da Cruña en 1927
Fonte: Galiciae - Ouvirmos

LETRA



Alalá de Chantada

Nena que vendes as peras,
cantas te mandaron dare,
para ti meu galanciño,
non mas mandaron contare.
Señor cura, señor cura,
a doutrina non lla sei,
pidan unhas cantiguiñas,
que llas repenicarei.
Flores de ouro mareliñas,
non as hai como as dos toxos,
criounas deus estre espiñas,
para sacalas dos antoxos.


A letra da versión do Alalá de Chantada en tres estrofes está tirada de O blogue de Dani.

 
Alalá de Chantada

Meu amor, meu amoríño,
¿ond'estás, que non te vexo...?
Mórrome de süidades
e día e noit'en ti penso...


É a estrofe transcrita coa partitura publicada por Daniel González, está inclusa no Cantigueiro Popular (manuscrito datado en 1867) de Manuel Valladares Álvarez, mais concretamente na súa  "Primeira parte. Epítome. Cantigas da Ulla".


Alalá de Chantada

 Eu caseime cunha nena
Porque ela cantaba ben (bis)
Agora morro de fame e
O cantar non me mantén (bis)



A segunda estrofe da interpretación de Cantigas e Aturuxos (1918), que tamén parece interpretada no "primitivo alalá do Cebreiro", ten a variante do cantar "Eu caseime no Ribeiro": "Eu caseime cunha moza / porque ela cantaba benhe / e agora morro de fame / que o cantar non nos mantenhe." (Eu non canto por cantar, p. 138 - PDF). Tamén en "Cantigas da Capela" encontramos unha variante de interese: "Eu caseime cunha nena / porque ela fiaba ben / agora morro de pena / e o fiar non me mantén" (PDF). Ao Ribeiro parece facer referencia a primeira estrofe, que aínda non logramos identificar.

PARTITURA



A mi distinguido amigo D. Francisco Salgado = Recopilación Daniel González. // Alalá de Chantada // Meu amor, meu amoríño, ¿ond'estás, que non te ve / xo...? Mórrome de süidades e día e noit'en ti penso / Ay la la la la la ...

Partitura do "Alalá de Chantada" publicada por Daniel González no Almanaque Gallego para 1927. Buenos Aires./ AÑO XXX / Manuel Castro López / con la colaboración de distinguidos escritores y artistas. [PDF]

DISCOGRAFÍA


Capa da edición hodierna do Repertorio Lucense (1918) de Cantigas e Aturuxos,
publicada por Ouvirmos. Face do "Alala de Chantada" no disco de vinilo orixinal (?).

VIDEO


 
Cantigas e Aturuxos, "Alalá de Chantada" (Repertorio Lucense, 1918)

Parece que agora o vídeo non está dispoñíbel. Pódese ouvir a peza enteira na ligazón abaixo de Deezer.

LIGAZÓNS


Repertorio Lucense, 1918: reptilesound -itunes - emusic
"Alalá de Chantada" - Deezer - emocion.genexies.net
 

Sem comentários:

Enviar um comentário