Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

sexta-feira, 12 de dezembro de 2014

Domingo levamos a antoloxía de zarzuela a Betanzos


Domingo 14 voltamos a Betanzos co espectáculo "Viva la Zarzuela".  Será ás 20:00 h na Aula de Cultura Xulio Cuns nunha representación organizada polo Concello de Betanzos dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña e que se inscribe dentro do cumprido programa de festexos natalinos da cidade do Mandeu.

E voltamos co reto de non defraudar as expectativas após os grandes éxitos de xaneiro de 2013 e da última representación de Zarzuela en Sada.  Como sempre, acompañarán á Coral Polifónica Santa María de Cambre a mezzo-soprano María José Ladra e a pianista Zita Tanasescu

De seguido xuntamos o programa e o elenco do espectáculo.


PROGRAMA

1. Marina, "Dichoso aquel que tiene...". Solista e coro de homes.
2. La rosa del azafrán, "Esta mañana mu tempranico...". Solista e coro xeral.
3. Katisuska: "Marcha de los soldados de Kazán". Coro de homes.
4. La del Soto del Parral, "Dónde estarán nuestros mozos". Coro xeral.
5. Don Gil de Alcalá, "Todas las mañanitas". Solista e coro xeral.
6. Don Manolito, "Viva Madrid que sí, que sí...". Coro xeral.
7. Luisa Fernanda, "Mazurca de las sombrillas". Solista e coro xeral.
8. El rey que rabió, "Coro de los doctores". Coro de homes.
9. Las Leandras, "Coro de los nardos". Solista e coro xeral.
10. La Verbena de la Paloma, "Por ser la Virgen de la Paloma". Coro xeral.
11. Las hijas del Zebedeo, "Al pensar en el dueño de mis amores". Solista.
12. El último romántico, "Mazurca". Coro xeral.
13. La Gran Vía, "Tango de la Menegilda". Solista.
14. La Gran Vía, "La jota de los ratas". Tenores e baixos solistas.
15. La Gran Vía, "El Chotis del Elisedo". Solista e coro xeral.

ELENCO

Mezzosoprano solista: María José Ladra.
Tenores solistas: L. Alberto Torreiro, José Mª Carregal, Juan Mª García e Alfredo A. Álvarez.
Baixos solistas: Carlos E. Santiso e Manuel Deus.
Narrador: Manuel Doval.
Pianista: Zsita Tanasescu.
Dirección e realización: Luisa Armesto Ramón.
Produción: Coral Polifónica Santa María de Cambre.

XXII Programa de Festexos Nadal e Aninovo 2014·2015 - PDF

Sem comentários:

Enviar um comentário