Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

sábado, 20 de dezembro de 2014

Mañá domingo cantamos no Certame de Panxoliñas de Abegondo


Mañá domingo 21 de decembro participamos no III Certame de Panxoliñas de Abegondo, no que colaboran Cáritas e o Concello de Abegondo. O festival decorrerá en O Salón, centro social locado en San Tirso de Mabegondo, a partir das seis do serán. 

As corais participantes son, segundo consta no cartaz do acto, o Coro da Terceira Idade de Abegondo & Coro de Coirós, o Coro de Santa María de Cambre, o Coro Luar da Lúa de Lubre, a Coral de Carral, o Coro Interparroquial de Oza e o Coro Parroquial de San Tirso de Mabegondo. Todas, excepto as agrupacións de Carral e Oza, xa presentes no II Certame (anuncio - crónica).

 Un momento da nosa actuación no II Certame de Panxoliñas de Abegondo en decembro de 2013

CARTAZ DO III CERTAME

 
Sobre O Salón: proxecto (LaOpinión, de onde procede a imaxe do cabezallo) - inauguración (Concello - LaOpinión).


Sem comentários:

Enviar um comentário